Estado

O día 27 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado: unidade de organización política caracterizada por ser autónoma respecto de outras entidades non políticas e para administrar -xeralmente en réxime de monopolio- a coacción. A súa aparición data, aproximadamente, do século XVI e pervive (adoptando distintas formas) ata hoxe.

Estado social ou estado do benestar

O día 27 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado social ou estado do benestar: tipo de estado que aparece despois da II Gerra Mundial no cadrante Nordeste de Europa. Caracterizase por manter o cadro de dereitos e liberdades e a organización institucional do estado liberal democrático, á vez que incorpora dereitos de carácter económico e social (educación, seguridade social, eeconomía, vivenda,…) e comprométese [...]

Estado absoluto

O día 23 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado absoluto: tipo de estado que aparece nalgunhas rexións de Europa durante o século XVI, no marco da era moderna, a raiz da construcción dos primeiros «estados-nación». Caracterízase pola acumulación e centralización do poder en mans dun monarca (ó cal se lle atribúe unha lexitimidade divina), e que se converte no único soberano e fonte [...]

Estado fascista

O día 22 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado fascista: tipo de estado que aparece no período de entreguerras (en Italia, Alemaña, España e algúns outros países do leste de Europa) despois da quebra ou derrube de estados liberais. Caracterízase pola desaparición dos dereitos e liberdades que garanten os estados liberais, pola desaprición de calquer tipo de oposición ó poder, e pola concentración [...]

etiquetas:  

Estado socialista

O día 22 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado socialista: Tipo de estado que aparece a luz da Revolución Rusa e a creación dun estado soviético, e que posteriormente se extende á Europa do este, a China e a algún outro país do Terceiro Mundo. Caracterízase pola concentración do poder políticonun executivo de carácter partidario que ten como obxectivo transformar económicamente o país [...]

inercia social

O día 20 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

inercia social: forza conservadora que ten que ver coas incertidumbres e as dificultades asociadas a calquer cambio social, como os costes de aprendizaxe ou as estructuras de poder consolidadas. Como consecuencia pódese dicir que unha vez se fixaron as reglas do xogo, é moi difícil cambialas.

etiquetas:  

Estado liberal

O día 19 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado liberal: tipo de estado que aparece no século XIX froito d aloita de novos sectores sociais (a burguesía) que esixen ó monarca dereitos e liberdades individuais, e garantías que protexan a propiedade privada e as iniciativas mercantis. Caracterízase pola separación funcional do poder (entre o lexislativo, executivo e xudicial) e pola existencia de eleccións [...]

Estado liberal democrático

O día 19 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado liberal democrático: tipo de estado que incorpora dúas características democráticas básicas no sistema liberal: a participación de tódolos cidadáns no roceso de formación do goberno (sufraxio universal) e a posibilidade de organizarse para mellorar as condicións de vida (dereito de asociación). Trátase pois dun estado liberal pero con rasgos tamén democráticos. a pesar desta [...]

Institucionalización

O día 16 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

institucionalización: proceso polo que un fenómeno social adquire unha regularidade, previsiibilidade e estatus e, a partir de entón, este observase como norma e como correcto.

etiquetas:  

Legalidade

O día 15 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, dicionario xurídico, por xOsse dorrío

legalidade: cualidade que ten as proposicións, normas ou ordes dadas por un poder cando están impregnadas pola certificación (xeralmente en forma de lei ou relacionadas con esta) do estado.

Ola

O día 3 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Ola: Unha ola de democratización é un conxunto de transicións dun réxime democrático a outro democrático, que ocorren nun determinado periodo de tempo e que superan significativamente as transicións en dirección oposta durante ese mesmo periodo. Do mesmo modo, unha ola participativa sería o conxunto de aperturas que se producen en distintos sistemas políticos nun [...]

etiquetas:  

Cultura política

O día 2 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

cultura política: Conxunto de creencias, actitudes, valores, ideais, sentimentos, e evaluacións que predominan entre os cidadáns con respecto ó sistema político do seu país e o papel que eles cumplen dentro dese sistema.

etiquetas:  

Confiaza política

O día 1 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

confianza política: actitude relativa á confianza que depositan os cidadáns nas institucións do sistema político. A miudo confundimola coa lexitimidade política, pero trátase de cuestións moi diferentes. Mentres que a lexitimidade política constitue unha actitude de caracter, referida normalmente ó sistema político en xeral, a confianza política é un tipo de actividade evaluativa en torno [...]

etiquetas:  

dictadura

O día 29 Xaneiro 2008, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

ditadura: forma de goberno na que, segundo Aristótoles, o poder está en mans dunha soa persoa e utilizao en beneficio propio.

etiquetas:  

Escenario

O día 12 Xullo 2007, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Escenario: podemos definir un escenario como unha descrición das circunstancias, condicións ou acontecementos que puidesen representar a situación do entorno nun momento futuro do tempo. Polo tanto, un escenario non é unha previsión do futuro senón unha análise cualitativa de como pode ser dito futuro. En definitiva, trátase de crear unha ou varias historias coherentes [...]

 

dependencia da senda

O día 16 Maio 2007, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

dependencia da senda: Concepto moi relacionado coa visión neoinstitucionalista, que fai referencia ós límites existentes nas posibilidades de desenrolo dunha sociedade ou colectivo dependendo do punto de partida histórico. Plantexa que non todo é posible, porque calquera cambio depende da situación da que se parte, daquilo que se ten ó alcance para producir un cambio.  [...]

etiquetas:  

Area sociopolítica

O día 29 Marzo 2007, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

area sociopolítica: Metáfora coa que se fai referencia a un espazo de interrelación no cal se desenrolan aquelas decisións que polo seu carácter público -no seu obxecto e no seu proceso- constituen o que chamamos política. Nesta area encóntranse os cidadáns e as organizacións -a veces, continuando coa metáfora, na ciencia política fálase de actores-, [...]

etiquetas:  

Democracia

O día 21 Marzo 2007, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Concepción moderna de democracia: réxime político no que hai separación de poderes, garantízanse os dereitos e liberdades individuais e colectivas e no que periódicamente se celebran eleccións con sufraxio igual, libre, directo e segredo. concepción antiga de democracia: segundo Aristótoles nesta forma de goberno o poder está en más de todos os membros dunha sociedade [...]

etiquetas:  

Conflicto social

O día 22 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

conflicto social: confrontación de intereses entre diferentes individuos ou grupos de persoas a causa dunha situación social dada onde uns (que poden ser poucos, a maioría ou todos) a cren inxusta e enfrentanse e loitan contra o resto para cambiala.

etiquetas:  

Forza

O día 14 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

forza: capacidade de algúns individuos, actores políticos ou institucións de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) a causa da ameaza de utilizar (ou da utilización directa de) medidas cohercitivas.

etiquetas:  

Afirmación de feito

O día 14 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

afrimación de feito: sentencia na que se describe un fenómeno que xa ocorreu e que se limita a describilo.

etiquetas:  

Autoridade

O día 14 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

autoridade: calidade que ten unha prsoa ou institución de xerar obedienci, consenso ou asentimento sobre as propostas ou ordes que propón

etiquetas:  

Carisma

O día 14 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

carisma: atracción non-racional que ten algúns dirixentes respecto dos seus seguidores e que sera entre estes adhesión (a miudo incondicional e irreflexiva) as súas propostas.

etiquetas:  

Influencia

O día 14 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

influencia: capacidade de algúns individuos ou actores políticos colectivos de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) por razón da súa proximidade este último ou da consideración que lle ten.

etiquetas:  

Coñecemento reflexivo

O día 13 Novembro 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

coñecemento reflexivo: Coñecemento que se produce froito dun proceso de análise riguroso e metódico -e a miudo comparado- sobre un feito social.

etiquetas:  


arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes