Ola


Ola:

Unha ola de democratización é un conxunto de transicións dun réxime democrático a outro democrático, que ocorren nun determinado período de tempo que superan significativamente ás transicións en dirección oposta durante ese mesmo período. Do mesmo modo, unha ola participativa sería o conxunto de aperturas que se producen en distintos sistemas políticos nun determinado marco temporal e que permiten a participación, na area política, de novos grupos sociais antes excluídos.

Partido de masas

partido de masas:

Orixinariamente de ideoloxía socialista, caracterizase porque busca captar a maior cantidade posible de afiliados, xa que coas súas cotizacións tense que manter o partido, dispón dunha ampla base social, así como dun amplo e completo aparato burocrático e organizativo e ten unha burocracia profesional; o seu programa está moi definido e a súa ideoloxía é moi marcada, e esfórzase en educar e mobilizar politicamente os seus membros. Presenta unha organización moi ríxida, e os seus políticos encóntranse baixo unha forte disciplina de partido; dáse a coñecer á sociedade e busca influír con todo tipo de actividades e servizos que sobrepasan o marco estritamente electoral –casas de cultura e educativas, publicacións, mutuas de seguros, garderías, etc.– e ten fortes vínculos con organizacións non estritamente políticas afíns, como os sindicatos.

Partido de electores

partido de electores:

Partido que se caracteriza porque, en primeiro lugar, non se dirixe a un electorado concreto; en segundo lugar, o seu programa político non está moi definido; en terceiro lugar, non dispón de estruturas organizativas orientadas cara á afiliación; en cuarto lugar, reproduce as estruturas burocráticas dos partidos de masas para a selección de candidatos e, finalmente, acostuma a ter ó fronte un líder que o identifica con claridade ante a sociedade e que monopoliza a súa imaxe pública.

Partidos de notables ou de cadros

partido de notables ou de cadros

Partido que se interesa máis pola calidade dos seus membros que pola cantidade. Non busca o maior número de afiliados, senón que sexan o máis influentes posible polo seu prestixio social e o seu diñeiro; a súa financiamento non se basea na cota de militantes, a súa organización é moi flexible, e ten una burocracia mínima; os políticos non están obrigados por unha disciplina de partido (salvo o partido conservador inglés), o control do partido encóntrase en mans dos parlamentarios; e a súa actividade céntrase no Parlamento e nas eleccións (aínda que tamén dispón de clubs e casinos, as súas dimensións e influencia non é comparable ós centros ou fraternidades dos partidos de masas).

Socialización política

socialización política:

proceso mediante o cal un sistema político transmite determinadas pautas culturais ós seus cidadáns coa intención de acadar estabilidade e a perpetuación do propio sistema. Para poder facelo, recorrese a axentes socializadores, como son a escola, os medios de comunicación ou os partidos políticos. Aparte da transmisión dunha cultura política, a socialización, dende a perspectiva do individuo, implica a formación ou o cambio de actitudes e valores políticos (a súa responsabilidade política) ó largo da vida.