estado: unidade de organización política caracterizada por ser autónoma respecto de outras entidades non políticas e para administrar -xeralmente en réxime de monopolio- a coacción. A súa aparición data, aproximadamente, do século XVI e pervive (adoptando distintas formas) ata hoxe.
estado social ou estado do benestar: tipo de estado que aparece despois da II Gerra Mundial no cadrante Nordeste de Europa. Caracterizase por manter o cadro de dereitos e liberdades e a organización institucional do estado liberal democrático, á vez que incorpora dereitos de carácter económico e social (educación, seguridade social, eeconomía, vivenda,…) e comprométese [...]
estado absoluto: tipo de estado que aparece nalgunhas rexións de Europa durante o século XVI, no marco da era moderna, a raiz da construcción dos primeiros «estados-nación». Caracterízase pola acumulación e centralización do poder en mans dun monarca (ó cal se lle atribúe unha lexitimidade divina), e que se converte no único soberano e fonte [...]
estado fascista: tipo de estado que aparece no período de entreguerras (en Italia, Alemaña, España e algúns outros países do leste de Europa) despois da quebra ou derrube de estados liberais. Caracterízase pola desaparición dos dereitos e liberdades que garanten os estados liberais, pola desaprición de calquer tipo de oposición ó poder, e pola concentración [...]
estado socialista: Tipo de estado que aparece a luz da Revolución Rusa e a creación dun estado soviético, e que posteriormente se extende á Europa do este, a China e a algún outro país do Terceiro Mundo. Caracterízase pola concentración do poder políticonun executivo de carácter partidario que ten como obxectivo transformar económicamente o país [...]
inercia social: forza conservadora que ten que ver coas incertidumbres e as dificultades asociadas a calquer cambio social, como os costes de aprendizaxe ou as estructuras de poder consolidadas. Como consecuencia pódese dicir que unha vez se fixaron as reglas do xogo, é moi difícil cambialas.
estado liberal: tipo de estado que aparece no século XIX froito d aloita de novos sectores sociais (a burguesía) que esixen ó monarca dereitos e liberdades individuais, e garantías que protexan a propiedade privada e as iniciativas mercantis. Caracterízase pola separación funcional do poder (entre o lexislativo, executivo e xudicial) e pola existencia de eleccións [...]
estado liberal democrático: tipo de estado que incorpora dúas características democráticas básicas no sistema liberal: a participación de tódolos cidadáns no roceso de formación do goberno (sufraxio universal) e a posibilidade de organizarse para mellorar as condicións de vida (dereito de asociación). Trátase pois dun estado liberal pero con rasgos tamén democráticos. a pesar desta [...]
institucionalización: proceso polo que un fenómeno social adquire unha regularidade, previsiibilidade e estatus e, a partir de entón, este observase como norma e como correcto.
legalidade: cualidade que ten as proposicións, normas ou ordes dadas por un poder cando están impregnadas pola certificación (xeralmente en forma de lei ou relacionadas con esta) do estado.
Ola: Unha ola de democratización é un conxunto de transicións dun réxime democrático a outro democrático, que ocorren nun determinado periodo de tempo e que superan significativamente as transicións en dirección oposta durante ese mesmo periodo. Do mesmo modo, unha ola participativa sería o conxunto de aperturas que se producen en distintos sistemas políticos nun [...]
cultura política: Conxunto de creencias, actitudes, valores, ideais, sentimentos, e evaluacións que predominan entre os cidadáns con respecto ó sistema político do seu país e o papel que eles cumplen dentro dese sistema.
confianza política: actitude relativa á confianza que depositan os cidadáns nas institucións do sistema político. A miudo confundimola coa lexitimidade política, pero trátase de cuestións moi diferentes. Mentres que a lexitimidade política constitue unha actitude de caracter, referida normalmente ó sistema político en xeral, a confianza política é un tipo de actividade evaluativa en torno [...]
Nestes días La Voz de Galicia está realizando unha análise a fondo das consellerías dirixidas polo BNG. Onte tocóulle a Vicepresidencia da Igualde e o Benestar e o desenrolo da Lei de Dependencia en Galiza, hoxe a Consellaría Industria e os Megawatios postos en liza, mañá, xa veremos… Trátase dunha movilización sen precedentes dun diario, [...]
Si por algo pasará a historia o actual goberno da Xunta de Galiza será por batilo record de creación de empresas públicas. Crear empresa pública é un factor desivo no desenrrolo dunha sociedade -certo- sempre e cando non se faga a conta de externalizar servizos públicos que xa se ofrecían directamente pola Administración. A derradeira [...]
Hoxe no diario El País aparacía unha nova cun titular deses que merecen ser encadrados para a posteridade: «Feijóo promete liberar Galicia de las «prácticas caciquiles«. En quen primeiro pensei foi no pobre José Luis Baltar, o presidente da Deputación de Ourense. Díxenme: este xa non come as uvas. Sigo lendo… e vexo que fala [...]
No ámbito político, a difusión deste termo foi en boa parte resultado do 11 de setembro de 2001. Os ataques foron directamente relacionados polo goberno de Bush co colapso do estado en Afganistán, feito que facilitou o entrenamento e a organización de grupos terroristas nesa rexión. Neste contexto, a identificación de estados a punto de [...]
A desafectación política ou desafectación democrática, seguindo a terminoloxía anglosaxoa, é o resultado do crecente distanciamento entre a cidadanía e os seus gobernantes, segundo afirma Ferrán Requejo no artigo Desafección, partidos e medios, publicado en La Vanguardia. Entre os factores que inciden nesta desafectación eu destacaría a falta de eficiencia dos gobernos, por unha parte, [...]
ditadura: forma de goberno na que, segundo Aristótoles, o poder está en mans dunha soa persoa e utilizao en beneficio propio.
dependencia da senda: Concepto moi relacionado coa visión neoinstitucionalista, que fai referencia ós límites existentes nas posibilidades de desenrolo dunha sociedade ou colectivo dependendo do punto de partida histórico. Plantexa que non todo é posible, porque calquera cambio depende da situación da que se parte, daquilo que se ten ó alcance para producir un cambio. [...]
area sociopolítica: Metáfora coa que se fai referencia a un espazo de interrelación no cal se desenrolan aquelas decisións que polo seu carácter público -no seu obxecto e no seu proceso- constituen o que chamamos política. Nesta area encóntranse os cidadáns e as organizacións -a veces, continuando coa metáfora, na ciencia política fálase de actores-, [...]
Concepción moderna de democracia: réxime político no que hai separación de poderes, garantízanse os dereitos e liberdades individuais e colectivas e no que periódicamente se celebran eleccións con sufraxio igual, libre, directo e segredo. concepción antiga de democracia: segundo Aristótoles nesta forma de goberno o poder está en más de todos os membros dunha sociedade [...]
conflicto social: confrontación de intereses entre diferentes individuos ou grupos de persoas a causa dunha situación social dada onde uns (que poden ser poucos, a maioría ou todos) a cren inxusta e enfrentanse e loitan contra o resto para cambiala.
forza: capacidade de algúns individuos, actores políticos ou institucións de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) a causa da ameaza de utilizar (ou da utilización directa de) medidas cohercitivas.
afrimación de feito: sentencia na que se describe un fenómeno que xa ocorreu e que se limita a describilo.






