Home Posts tagged "dicionario político" (Páxina 2)
formats

Autoridade

autoridade: calidade que ten unha prsoa ou institución de xerar obedienci, consenso ou asentimento sobre as propostas ou ordes que propón

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Carisma

carisma: atracción non-racional que ten algúns dirixentes respecto dos seus seguidores e que sera entre estes adhesión (a miudo incondicional e irreflexiva) as súas propostas.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Influencia

influencia: capacidade de algúns individuos ou actores políticos colectivos de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) por razón da súa proximidade este último ou da consideración que lle ten.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Coñecemento reflexivo

coñecemento reflexivo: Coñecemento que se produce froito dun proceso de análise riguroso e metódico -e a miudo comparado- sobre un feito social.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Divisoria

divisoria: conflicto político de carácter histórico (ou de larga duración) que ten unha orixe nas divisións existentes na sociedade. Este conflicto pode ser, por exemplo, entre as diferentes formas de entender a nacionalidade (galega ou española), o estado (laico ou relixioso) ou o factor de producción preeminente (o capital ou o traballo). En inglés faise

Read More…

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Polity

polity Parte da actividade política relativa o marco institucional, é dicir, á organización político-administrativa das distintas unidades do estado (os concellos, as entidades sub e supra estatales e o estado mesmo). Mentras que politics refírese á vertente dinámica da política, polity refírese a vertente estructural.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Tradicional

tradicional: Cualidade que obtén determinadadecisión ou fenómeno que ten como obxectivo facer as cousas tal e como se fixeron sempre, sen innovar nen cambiar de rumbo.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Sistema político

sistema político: Concepto que pretende describir de forma xenérica e sintética o funcionamento da política, observándoa como un círculo cerrado no que os actores sociais xeran demandas e apoios -ou críticas- (imputs) as institucións políticas e estas reaccionan ofrecendo decisións e políticas públicas.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Fonte de lexitimidade

fonte de lexitimdade: orixe do cal proven a lexitimidade. Segundo Weber as tres fontes de lexitimidade do poder son a tradición, a racionalidade, o carisma e, podería engadirse, o rendemento. Ademais, no caso das democracias hai outras fontes de lexitimidade política, como a legalidade e as eleccións.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Leis Jim Crow

Leis Jim Crow: Fan alusión a unha canción de 1928 titulada Jump, Jim Crow (Salta, Jim crow) que tiña como protagonista a un mozo de cadras negro. Poucos anos despois, Jim Crow utilizaríase como mote para referirse a calquera xeito de segregación racial: «escola Jim Crow», «tranvía Jim Crow», leis Jim Crow», etc.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Politización

politización: Feito polo que un tema previamente circunscrito ó ámbito (e o interese) privado convértese nalgo de interese público e susceptible de ser debatido en termos normativos e regulado polas autoridades.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

A man invisible

A man invisible: Alusión á metáfora utilzada polo filósofo escocés e pioneiro da economía política Adan Smith (1923-1790) no seu tratado de 1776, An Inquiry into the Nature and causes of the Wealth of Nations (traducida ó castelán por José Alonso Ortiz como La riqueza de las Naciones, Edicións Folio, Barcelona, 1997), para referirse a

Read More…

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
1 Comment  comments 
formats

Robber-barons

Robber-barons: Literalmente significa baróns ladróns. Foi aplicado orixinariamente ós baróns xermánicos que durante a Idade Media se adicaron, ilegalmente, a reclamar exorbitantes tributos dos barcos que cruzaban o Rin; este termo empregase tamén peiorativamente nos USA para designar a aqueles homes de negocios e banqueiros que, durante o século XIX, dominaron os seus respectivos sectores

Read More…

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

.Mid-term elections

Mid-term elections: Literalmente significa eleccións a metade do mandato. Reciben este nome por celebrarse xustamente unha vez transcurriu a metade do mandato presidencial, isto é, dous anos. Nelas procédese a renovar a composición do Congreso de EEUU -integrado pola Cámara de Representantes e o Senado-, e os órganos de representación parlamentaria dos diferentes estados da

Read More…

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Politics

politics: Parte da actividade política relativa ós procesos políticos; por exemplo: loita entre partidos nunhas eleccións, comportamento político individual e colectivo que se encadea dinámicamnte, relacións coas institucións e intento de influir nelas pola parte dos actores colectivos, etc. Polítics refírese a cara dínamica da política. Policy refírese a estructura política:

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Policy

policy: Parte da actividade política relativa a producción pública (ou regulación da privada), ofrecemento e distribución de bens e servizos pola parte das autoridades. O termo equivalente en galego sería política pública.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Política

política: Actividade cosustancial das persoas que viven en sociedade e que ten por obxectivo regular os conflictos queson inherentes a vida común -a veces utilizando a coacción- coa vontade de manter a cohesión social

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Imposto da morte

Imposto da morte: Término despectivo que se corresponde co termo inglés death tax e que os cidadáns contrarios ó imposto de sucesións empregan para designalo.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

sociedade civil

sociedade civil: Entorno que configuran todas aquelas agrupacións de individuos e asociacións que ten intereses comúns e participan na colectividade pero que non forman parte da administración nin das institucións públicas.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Poder político

poder político: Capacidade que ten as autoridades para decidir como utilizar recursos públicos (que poden ser bens, servizos, leis ou a coacción) para a regulación dun conflicto.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Regulación

regulación: Acción pola cal o poder político incide directamente na sociedade (por medio da elaboración de leis ou da implementación de políticas públicas) co obxectivo de acotar o conflicto que lle é inherente e manter a coesión social.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Tecnocracia

tecnocracia: Término co cal se denomina a unha clase de dirixentes políticos que se caracterizan (ou mellor: autocaracterízanse) para defender posición que ten (supostamente) unha natureza estrictamente técnica e funcional, e non política ou normativa.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Aristocracia

aristocracia: forma de goberno pola cal, segundo Aristótoles, o poder está en más duns poucos membros da sociedade. Segundo o filósofo grego, era unha forma de goberno virtuosa si os que ostentaban o poder eran «os mellores» e procuraban o ben común.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Supply side economics

Supply side economics: Doctrina macroeconómica que avoga pola reducción de impostos a fin de fomentar a inversión empresarial

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments 
formats

Think tanks

Think tanks: Literalmente ‘tanques de ideas’, poden entenderse como institutos de investigación, grupos de pensamento ou laboratorio de ideas.

 
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
Comentarios desactivados  comments