#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

A Voz… de Quen?

Posted on 10 Decembro 2008 by xOsse dorrío Posted in Eleccións Galegas 2009, política nacional 3 Comments
Nestes días La Voz de Galicia está realizando unha análise a fondo das consellerías dirixidas polo BNG. Onte tocóulle a Vicepresidencia da Igualde e o Benestar e o desenrolo da Lei de Dependencia en Galiza, hoxe a Consellaría Industria e os Megawatios postos en liza, mañá, xa veremos… Trátase dunha movilización sen precedentes dun diario, o coruñés, que se gaba de ser o único diario independente de Galiza. 

Non existe dúbida algunha que se trata dunha mensaxe politizada xa que estas críticas están circunscritas ó interés privado do editor, Santiago Rey Fernández-Latorre, moi anoxado trala saida a rúa do Xornal de Galicia. Disque agora haberá que repartir máis cachos da mesma torta, a publicidade institucional. Todo isto ocorre no peor momento tanto para uns, que sufren directamente os efectos da crise económica, coma para outros, que se atopan cunhas eleccións a volta da esquina. Non hai nada peor que unha crise económica para a liberdade de prensa.

Sen embargo, para gañar unhas eleccións necesítase, principalmente, unha boa xestión da imaxe e da mensaxe que os medios de comunicación de masas espallan polo país -neste eido as declaracións de Anxo Quintana non axudan moito- e ahí é onde saca vantaxe, polo momento, Santiago Rey, ó ser o editor do diario máis lido de Galiza, unha realidade que non vai cambiar nos vindeiros meses, nin sequera coa aparición do novo xornal. Isto pode supor unha desvantaxe pra os intereses do BNG ó atoparse nuha situación límite, a diferencia de La Voz.

Neste contexto, no que parece reconfigurarse o papel de dous dos actores máis importantes na area sociopolítica, partidos políticos e medios de comunicación, é cando máis queda de manifesto a complexa -e fráxil- relación que existe entre uns e outros. Por un lado, os partidos políticos, que sempre tentarán utilizar os medios como pezas da súa propaganda; polo outro, os medios de comunicación que, invertindo a situación, poden utilizar ós partidos para os seus propios intereses.

Noticias relacionadas:

La Voz é o xornal que máis crece…

A intención de voto do BNG cae 1,3 puntos en 5 meses

A prensa reclama axudas para superar o ‘crash’ publicitario

crise financeira dicionario político Galiza opinións política xOsse dorrío
« Por unha Universidade virtual galega XA!
Os novos xa non nos cren »

3 thoughts on “A Voz… de Quen?”

  1. An says:
    10 Decembro 2008 at 19:35

    o Xornal de galicia non sei, pero por magoa non lle vexo moito futuro,,en canto a “torta” penso que esta moi mal repartida…e que uns…collen máis anaco do que deverián. Saúdos e que galle o mellor 🙂 ou non?

  2. xOsse dorrío says:
    10 Decembro 2008 at 19:49

    Así é. Os políticos reparten mal a torta e os medios reparten ainda peor as tortas

  3. Pingback: *mOendo do Revés » matemos ó mensaxeiro!

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Decembro 2008
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
« Nov   Xan »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés