As superestruturas económicas internacionais (FMI, BM, BCE,…) fai décadas que viñan avisando: as caixas de aforros eran un encordio para a libre competencia amoucando os beneficios das grandes financeiras mundiais. Os directivos das caixas axiña captaron a mensaxe, cumpría que afundisen, cumpría quebralas ou, cando menos, que o parecese. Así poderían seren absorbidas polo gran [...]
Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. [...]
Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade. Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo [...]
Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!
Logo do post de onte, onde a meirande parte dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza non saen moi ben parados, a resposta da UPD Cooordina Local II, e que lle está a remitir a tódolos Axentes e Técnicos de Emprego a modo de consigna, é a seguinte: Bos días a tod@s, Ante as [...]
No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]
Que podería dicir una barbaridade semellante? Pensen. É ourensán, “empresario cultural”, dirixente dun “partido político”, “xornalista”, “columnista”, etc.
Ando eu dándolle voltas ao muíño, do revés, coma de costume, acerca de diferentes temas de actualidade nesta terra esquecida -para algúns, os de sempre-. Catalunya é unha nación … por que o di o pobo catalán, o único no que reside a soberanía popular. A algúns neodemócratas cumpre lembrarlles o significado da soberanía popular. [...]
“En opinión de Bebchuk and Fried o único factor que constrinxe as retribucións dos executivos é o denominado “límite da indignación”, isto é, a preocupación ante o feito de que o pago de emolumentos excesivos aos executivos poida provocar unha airada reacción por parte de quen, no caso contrario, se amosarían habitualmente aquiescentes, a saber, [...]
Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita [...]
Lembran aquela curtametraxe de ‘hai que botalos’ … aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer [...]
Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo. Cando un ano despois [...]
O pasado non dá tregua. “Galicia ten dereito”. Pode afirmarse o dereito dun territorio a vez que nega ese mesmo dereito a outros? “O recurso de inconstitucionalidade é un ataque do Goberno a Galicia”. Pode entenderse como un ataque a Galiza a presentación dun recurso de inconstitucionalidade dunha norma emanada do Parlamento de Galiza e [...]
Cando Mercadona decidiu implementar o Modelo de Xestión de Calidade Total, a principios da última década do século pasado, atravesaba unha situación de crise, froito da concentración do sector entorno a grandes multinacionais estranxeiras. Naquel intre, a estratexia da empresa era semellante a que aínda practican hoxe GADIS ou FROIZ, especialmente a primeira, baseada no [...]
Malia os tópicos que din que ‘corrupción houbo sempre’, pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a concesión de contratos para realizar servizos que antes prestaban directamente as administracións públicas, dende a [...]
As mozas e mozos do Encontro Irmandiño ven de renunciar a participar no proceso de elección da Dirección Nacional de Galiza Nova na Asemblea Nacional que hoxe comeza. Persoalmente, unha das calidades que máis valoro nunha persoa ou grupo de persoas é a capacidade de renunciar a un posto xa que deixa as claras o [...]
Un agricultor de A Limia (sic) Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos [...]
O autoritarismo constitúe unha das claves principais do fracaso do proceso de integración europeo. Europa é débil, as súas institucións ilexítimas, as súas políticas ineficaces, os seus cidadáns non se senten implicados nin involucrados, xa que a inexistencia de gobernanza na mesma impediu a cooperación entre os distintos niveis de poderes a fin de aplicar [...]
Do artigo que ven a continuación é autor Miguel Quintas Coelho. unha desas persoas que deixan pegada entre aqueles con quen se relaciona. Cando abro as páxinas de La Región aínda esculco a procura da súa imaxe, co perfil e a txapela inclinados cara a esquerda, como dicindo: aquí o tes. Miguel finou fai agora [...]
Con este lema, ‘Por un novo modelo económico e social. A crise que a pague o capital‘ a CIG enfrontou a situación económica derivada da crise financeira global que estamos a padecer. É un anhelo lóxico xa que foi o capital, as grandes multinacionais, nun contexto de economía excesivamente agresiva e especulativa, o que nos [...]
Ó contrario do que fixeron outros. Aínda resoa nos meus oídos o piano, piano co que respondían os responsables do bipartito ó fronte da Xunta de Galiza cando dende sectores afíns se lles metía presión para executar os seus programas (pensaban, tal vez, que tiñan 16 anos por diante. Algúns, de feito, estaban totalmente convencidos [...]






