Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade.
Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo unicamente os que conforman o G20) decidiron que xa era hora de apretarlle a corda aos Señores dos Mercados e cinguilos a unha lexislación estricta. Pouco lle durou a ansia de gobernalos a todos.
Así, aínda sen saír da crise económica, os Señores dos Mercados, recuperaron o poder sobre os homes libres, nós, que somos os que posuímos a liberdade de escoller entre quen nos desgoberna ou entre quen nos malgoberna, máis non podemos decidir sobre as políticas que desgobernantes e malosgobernantes aproban. Ese eido está reservado aos Señores dos Mercados.
Aínda así, a pesares da pouca capacidade que teñen para decidir, xa sexan desgobernates ou malosgobernantes, lonxe de unirse contra os Señores escuros, permiten que as sombras do mal se extendan sobre nós, enfrontándonos, explotándonos, recortándonos dereitos, etc. en beneficio propio, nunca no de todos. Esta loita que abrangue a toda a poboación, non só aos desgobernantes e malosgobernantes, senón tamén aos ingobernables en Galiza, agrava a situación do pobo. Agora que se achegan as eleccións locais as tres forzas, alleas á ameaza das sombras adentraránse nunha cruenta liorta para rabuñar cada apoio que poida permitirlles manterse no poder a uns, sacalos e ocupalos a outros. Da guerra, coma na política, e viceversa, non poden agardarse prácticas limpas, mais a inocente poboación sucumbe en masa. unha e outra vez, pola necesidade de acadar o poder para seu grupo de pertenza. Acadalo permitiralles ter máis posibilidades de sobrevivir neste sistema esgotado, accedendo así aos recursos que se lle negarán logo aos perdodores e tamén, como non, aos que permaneceron neutrais.
As diferentes forzas dende a súas posición acumulan efectivos para a gran batalla, acumulan víveres e auga, negándollos a poboación -axudas, subvencións, servizos, infraestructuras,..-. O obxectivo agora é crear máis necesidade, así logo as esmolas serán máis valoradas. Estas, as axudas cando comecen a chegar serán custosamente anunciadas -quizais o custo da información supere ao da execución- para que o pobo famento se dispute por elas, entre si -haberá postos de emprego, que non traballo, para miles e miles de parados, en administracións e chiringuitos amigos de uns, amigos de outros e amigos de todos-.
Logo deste “momento Tolkien”, o certo é que pasada a batalla das municiapais todo quedará esgotado e todos, uns e outros, quedarán desamparados ante a crise que nos afecta,… ata as vindeiras eleccións, nas que, outra vez, nos tocará realizar a función de tontos útiles. Non están a salvo nin os que se consideran máis protexidos, pois aqueles traballadores laborais “fixos” poden ser os primeiros en perder o seu emprego coa simple perspectiva de perdas por parte da entidade a que pertence. Na maioría dos casos, as administracións públicas, todas en números vermellos, e co colapso destas caerán logo os seus chiringuitos (empresas públicas, entidades sen ánimo de lucro, fundacións, sindicatos,…) que grazas a “reforma laboral de ZP” poderán ser botados a rúa por un módico prezo de 20 días por ano traballado.
Só nos queda agardar que cando comece o adelgazamento forzado das administracións non queden ocupando os seus postos aquelas persoas máis ineptas e poñan na rúa aos máis traballadores. Si eses nunca entraran, probablemente, a situación actual sería ben diferente.
Coa que vai caer igual non ven mal ter unha horta na que sachar…
Até aqui a descriçom do que se passou com a maioria da populaçom.
Vejamos agora quê se passou com os ricos. O facto de que a massa
salarial (a suma dos ordenados) fora descendo como percentagem da renda
nacional (e isso a pesar do aumento do número de trabalhadores) quer
dizer que as rendas do capital iam subindo. O que …isto significa é que
o crescimento da riqueza do país (o que se chama o crescimento do PIB)
beneficiava muito mais as rendas superiores (que derivam sua renda, em
geral, da propriedade) que ao resto da populaçom (que deriva a sua
renda do trabalho). Como conseqüência, os ricos convertêrom-se em
ricaços. 1% da populaçom tinha 9% da renda nacional nos anos setenta do
século XX, passando a goçar agora de 23’5% da renda total, a mesma
percentagam, por certo, que quando se iniciou a Grande Depressom a
começos do século XX. E aí está o problema. Como di Robert B. Reich, os
ricaços tenhem tanto dinheiro que consomem umha percentagem menor da
sua renda que o ciudadao normal e corretne. Ou seja, que 23’4% da renda
nacional que controlam emprega-se menos em consumo e demande que se o
tivessem pessoas normais e correntes. A demanda total, que é a que move
a enconomia (pois é a que estimula o crescimento económico e a criaçom
de emprego) desceu dramativamente, em parte porque a maioria das
famílias perdeu grande capacidade de consumo e os ricaços sacárom do
consumo 23’5% da renda total do país, consumindo muito menos que o
ciudadao meio
http://revoltairmandinha.blogspot.com/2010/09/causa-da-crise.html
Pois é. Caíron na súa trampa. Non poden engordar máis porque eles non consomen o equivalente ao que ingresan, como fan as clases medias e baixas, porque o que ingresas, sexa de rendas (directivos, futbolistas, artistas,…) ou de capital, é desproporcionado. Pensar que esa desproporción se pode manter no tempo é, sinxelamente, de idiotas. O que non entendo é como sendo tan idiotas chegaron a acumular tanto (?).
A utilización do pronome -se- en galego non é tan habitual coma no castelán: senta-te, levou-se, casou-se, etc, son formas normalmente incorrectas. Tamén “a que se nos ben enriba”.
Grazas TI (ou EU, ;)). Tomo nota… e edito.
Chapó Xossé!!!