Mitins, bandeirolas e hooligans ardentes

O día 6 Novembro 2011, clasificado en: política estatal, por xOsse dorrío

Asistín a moitos mitins na miña vida e víame sempre rodeado de argaos, de xente que non escoitaba, berraba cando se lles pedía que o fixeran, ou instintivamente cando se ventaban valores identitarios, ou calaban ao falar de conceptos políticos, económicos, mesmo filosóficos que nos afectan.   Coches pola rúa rebentando oídos aos viandantes, cartaces [...]

En V Televisión falando dos caciques da terra

O día 27 Setembro 2011, clasificado en: política local, vídeos, por xOsse dorrío

Nas noticias do luns, 26 de setembro, ao mediodía E nas noticias da noite, o mesmo día e a mesma canle

etiquetas:  

Sen ánimo de lucro

O día 22 Setembro 2011, clasificado en: política laboral, política local, por xOsse dorrío

Este é un engadido que aparece sempre na denominación dunha asociación. Na actualidade este engadido converteuse en mofa social. Estes profesionais do asociacionismo son bechos hábiles nas corredoiras das administracións rapinando aos corruptos políticos que nos gobernan (non diferencio entre siglas… entre os bechos tampouco). Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven [...]

Sobre o «pulo» á empresa e ao emprego en Ourense e Galicia

O día 10 Setembro 2011, clasificado en: política laboral, por ixOsse

O domingo día 14 de agosto o diario local de Ourense publica unha nova relativa a CEO na que anuncia que “A CEO forma parados para que creen empresas”.

Esta nova está falseada e, estou seguro, non obedece a erro algún, senón que ten unha clara intencionalidade manipuladora

etiquetas:  

Caciquismo formativo, oscurantismo informativo

O día 9 Setembro 2011, clasificado en: política laboral, por ixOsse

A formación segue a ser un bo negocio para os empresarios do sector malia crise reinante. A clave está na habilidade que teñen para acceder a recursos públicos nos que basean tódalas súas expectativas. Unha outra clave: aproveitarse de alumnos (usuarios) e docentes (traballadores). Un clásico do capitalismo moderno

Carta pública a emprendedora ourensá do ano

O día 27 Xullo 2011, clasificado en: política laboral, política local, por xOsse dorrío

Asunto: tanto me valoran tanto vallo Ola Belén, bo día! Vin reflexionado de camiño a casa sobre a entrevista de hoxe. Camiñar só pola cidade reláxame moito, ábreme a mente e permíterme ver con maior claridade a realidade. Debería probar. Polo camiño tan só saín dese estado de meditación cada vez que pasaba diante dunha [...]

etiquetas:  

Plan Repulsa Ourense

O día 25 Xuño 2011, clasificado en: actualidade, por xOsse dorrío

A CEO percibe que Ourense «perde forza» en Galicia, di o titular da nova onde os empresarios de Ourense confirman a perda de competitividade desta provincia, que é a última de Galicia, e Galicia das últimas de España e España ocupa o posto 42 no mundo, logo de Tunisia. Imos ben! Ese é o resultado [...]

etiquetas:  

Cando un proxecto se esgota…

O día 10 Novembro 2010, clasificado en: política laboral, por xOsse dorrío

Probablemente, cando isto sucede, é porque realmente non existía un proxecto. Cando un empresa non ten claramente definido ate onde quere chegar e como quere facelo está abocada ao fracaso. Unha situación socioeconómica favorable pode levar ao éxito temporal pero cando, como na actualidade, se vive unha situación de crise económica, saen a relucir as [...]

etiquetas:  

Unha folga construtiva

O día 4 Novembro 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política local, por xOsse dorrío

Si algunha característica común teñen tódalas folgas é o seu carácter construtivo. Máis alá da defensa de dereitos, innegable, as folgas poñen o “turbo” a economía de calquera país ou empresa. Grazas as folgas créanse innumerables postos de traballo e dinamizase a economía. Fai brotar novas oportunidades de emprego, alenta a empresarios e emprendedores, engorda [...]

etiquetas:  

Existe unha trama para a contratación de persoal con fondos públicos?

O día 28 Outubro 2010, clasificado en: actualidade, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira: Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada [...]

etiquetas:  

Dispendio institucional

O día 29 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, por xOsse dorrío

Mentres moitas entidades funden os seus recursos -e os de todos- en publicidade, moitas outras pasan dificultades para poder manter servizos básicos. É o caso de AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple), a que pertenzo, que recentemente tivo que prescindir de dous profesionais (fisioterapia e terapia ocupacional) por falta de fondos. Mentres esta e outras [...]

etiquetas:  

Foto roubada

O día 14 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Que triste! Si. A foto que aparece no post anterior foi roubada. Ao parecer isto é o que máis lle preocupa aos responsables da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense). En absoluto lles preocupa a acusación de non contar cos medios necesarios para a impartición deste curso -e outros-. Non lles debe preocupar porque ten [...]

etiquetas:  

O gran negocio da formación ocupacional e continua

O día 13 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política estatal, por xOsse dorrío

Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]

A que nos ven enriba

O día 9 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade. Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo [...]

Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.

O día 30 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!

Acerca da «consulta» aos AEDL de Galicia

O día 16 Agosto 2010, clasificado en: política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6 respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego. A maioría [...]

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?

O día 11 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]

Que ocorre coa formación ocupacional e continua en Galiza?

O día 23 Xullo 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, por xOsse dorrío

Levo pouco máis de seis meses parados e acabo de comezar o terceiro curso de formación ocupacional (fixen “Introdución a Sistemas Operativos baseados en Software Libre, CNU/Linux”, “Introdución a Metodoloxía Didáctica” e agora o de “Formador Ocupacional”) compatibilizando con outros estudos. Elixín estes cursos porque me parecen especialmente útiles no desenvolvemento das nosas empresas, isto [...]

Galiza e o Índice de Distancia ao Poder

O día 9 Xullo 2010, clasificado en: política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Neste post: “Outliers e o Índice de Distancia ao Poder”, Francisco Alcaide, facendo referencia ao libro ‘Foras de Serie’ (Outliers) fai fincapé nun dos parámetros que fan que unha persoa, unha organización ou mesmo unha sociedade, acaden o éxito. Tanto o autor do libro como o deste artigo coinciden en que existe unha relación directa [...]

Non se albiscan alternativas ao capitalismo depredador

O día 23 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, por xOsse dorrío

Comezou o “III Encontro Internacional de Emprendedores: Eduardo Barreiros” coa conferencia “Programas e liñas de axuda para emprendedores do MITYC” a cargo de Antonio Fernández Ecker, un tema que que ao empresariado, en palabras de Agustín Fernández, Concelleiro de Economía, Facenda e Promoción do Emprego, “chirría” un pouco. Isto sucede porque son tantas as liñas [...]

etiquetas:  

Submisas e submisos por fora, rabiando por dentro

O día 15 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos? Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. [...]

etiquetas:  

Sentido de urxencia

O día 3 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, por xOsse dorrío

John P. Kotter, en «Liderando o Cambio«, establece como a primeira das regras para lograr unha transformación social saber comunicar o «sentido de urxencia«. Nesas andamos dende que a crise financeira truncou a xeira de crecemento económico. O peche de empresas, grandes, pequenas e autónomos, foi continúa, os EREs acumulábanse enriba das mesas das administracións [...]

etiquetas:  

Daniel Cohn-Bendit e Julio Anguita. As (ideas de) esquerda existen.

O día 2 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Estes vídeos ten xa unhas semanas pero seguen estando de actualidade. É o que ten as ideas boas, nunca se pasan.

Os «non representantes» dos «non traballadores»

O día 24 Maio 2010, clasificado en: actualidade, por xOsse dorrío

Si tivese que buscar unha definición axeitada para definir aos sindicatos sería esa: os «non representantes» dos «non traballadores». Hoxe os sindicatos son un bulir constante, un fervedoiro, dende que o Sr. Zapatero tivo a súa derradeira ocorrencia: baixar o soldo dos funcionarios. Tivo moitas outras antes, cada cal peor que esta, pero ningunha organización [...]

etiquetas:  

Altruismo ou negocio

O día 24 Febreiro 2010, clasificado en: política estatal, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Evo Morales dixo fai un tempo que “as ONG usan aos pobres para vivir ben”. Esta afirmación non é de todo certa, ao revés, as ONG’s realizan unha importante labor humanitaria tanto a nivel planetario como local, sen embargo, moitas veces, as excepcións non fan máis que confirmar aquela regra. Vexamos as previsións das contas [...]



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes