grans na tulla 'vídeos'

Mar 07 2010

‘Me lo dijo Pérez’

Lembran aquela curtametraxe de ‘hai que botalos’ … aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer algo para logo non facelo.

Logo veñen as presas. Cando un conflito non se atalla a tempo crece, non desaparece. Claro que por moito que creza, en política o conflito non é un problema ate que sae a escena pública, entón si urxe cerralo. Da igual o fondo da cuestión, as implicacións ideolóxicas e morais dos protagonistas; o realmente relevante é que dana a imaxe da organización e xa se sabe: os partidos políticos na actualidade non venden ideas ou proxectos, venden imaxe, porque para o outro cumpren persoas con capacidade intelectual suficiente.

O Sr. Pérez recibiu esta carta (ver) en xuño de 2009, e que fixo? Nada, por suposto. Entre as actuacións que nela se critica está a cacicada levada a cabo na elección de delegados para a Asemblea Nacional Extraordinaria, na que el participou activamente, presionando a uns militantes, facendo promesas a outros, organizando paparotas, etc. facendo uso dun cargo e duns medios que pagamos todos. Que ía facer? Recriminar ao Alcalde de Maceda por facer no Concello o mesmo que el facía a nivel comarcal? Non, Alberte, de aí non podías agardar nada, o Sr. Pérez carece dunha das capacidades esenciais na dirección: a de xestionar conflitos.

Agora si. Agora preocúpalles o efecto negativo que pode xerarlles a perda de imaxe por que o conflito transcendeu do privado ao público. Agora entralles as presas. Agora que o conflito é entre un empresario local e o Concello e non entre un militante e o (ir)Responsable Local, crean unha comisión comarcal para investigar o que sucede. A boas horas…

Non hai parola

Out 21 2009

Velaquí as imaxes que censura a TVG. Vídeos dunha xornada histórica a prol do GALEGO

Que o Demo llelo perdoe (que diría Avelino Pousa Antelo)









Grazas a Blogaliza TV (vía chuza!)

Non hai parola

Xuñ 05 2009

A caixa negra: as vacas tolas

Unha parola

Abr 25 2009

Luz Casal con Luar Na Lubre: Camariñas

moido por xOsse dorrío en cultura, vídeos

Podes atopar este vídeo e outros na canle de Luar na Lubre en You tube

Non hai parola

Feb 11 2009

Quilombo electoral

Un contador de historias colgou no seu blog este documental, Quilombo electoral, no que se mostra como se xestiona o fraude electoral nos comicios galegos dende o exterior. Compre velo para creelo… pero é así.


2 comentarios

Sig »

Rolda de Rebeldía
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It