Este sábado saía unha noticia en La Voz de Galicia sobre o conflito entre o Concello de Maceda e un empresario da vila, velaquí:
La Voz de Galicia, 27 de febreiro de 2010
Alberte, un compañeiro do BNG de Maceda reclama ao Concello desa localidade, gobernado tamén polo BNG, en coalición co PSOE, unha débeda polo aluguer dunha máquina; unha máquina que fora alugada por seis días pero que logo o Concello se quedou con ela ata que lle veu en gana, privando así ao seu titular do seus uso e potencial beneficio. Por máis que o titular do máquina lle reclamase ao Concello a súa devolución, este non o facía e, agora, escúsase dicindo que aquel non a foi recoller e, por riba, que a tiña estorbando nas dependencias do Concello. Cumpre ser caradura!
Xabier Oviedo, anxo por fora, diaño por dentro
Nada é o que parece. Hai persoas que teñen unhas habilidades especiais para agochar o seu verdadeiro ser. Xabier Oviedo é desa especie. Non dubida en mentir ao seu pobo e a prensa para xustificar o impago dunha débeda a un dos seus veciños e compañeiro de partido. Mais, a súa contestación ou, mellor dito, o seu ataque parece máis propio dun animal ferido que dun ser racional (ver nota informativa).
Alberte pasoume estes documentos (ver solicitude de devolución ao Concello de Maceda e denuncia ao Concello de Maceda) logo de que o sábado saíra en La Voz de Galicia a nova da súa denuncia. Coñecendo como coñezo ese niño de víboras non teño dúbida algunha de que os feitos que Alberte relata na denuncia son certos; amais conta con testemuñas e probas coas que poder rebater as declaracións feitas polo alcalde caciquintanista.
O alcalde pensou, segundo me di Alberte, que “ía caer na trampa que me tiñan ben amañada como era que eu entrara a recoller o que era meu nas instalacións do concello, sen permiso, e así acusarme de que faltaban cousas, cando eles tiñan que devolverma. Considero que son boa xente, pero non parvo. Esa trampa fixéronlla a unha persoa a que logo acusaron de roubar ferramenta do concello”.
Imaxino polo que está pasando. Non é doado decidirse a denunciar ao Concello, máxime tratándose de compañeiros de partido. Este feito colócao na diana. Isto seino por experiencia propia pois eu tamén dubidei en denunciar a precariedade laboral e o enchufismo en SEAGA cando Alfredo Suárez Canal era Conselleiro de Medio Rural e ao dicirllo ao inepto do delegado de Ourense este pretendeu que fose bicar ao santo. Logo deste lamentable episodio decidime, mais non fixeron caso, creando un malestar social dentro da empresa que axiña acabaron pagando nas urnas.
Esta xente, para defender o indefendible, utiliza as prácticas máis sucias; sucedeu naquel caso cando dende Medio Rural trataron de facer presión sobre a CIG para que non defendesen aos traballadores despedidos por SEAGA e agora, a mesma tropa, volve a facelo, pois “o avogado do Concello actúa coaccionando as miñas testemuñas, chamándoos antes da vista para falar con eles, cando non están obrigados a ires; dende o Concello, chámanos para dicirlles que non lles renovan o contrato […] chamaron a un compañeiro do BNG dende un móbil cos altofalantes postos para que o Alcalde e o Concelleiro de Obras oíran a conversa intentando sacarlle o que el ía declarar, dicíndolle o que eu facía reclamando con cartazes, pero decatouse e díxolles el non ten nada que perder, está a reclamar o seu, puidestes chegar a un acordo, pero non quixestes; fai ben e alédome de que non se ‘acojone’, pois quen vai perder máis sodes vós”, dime.
Amais deste, Alberte tivo outros encontros co Concello, ao que lle solicitou cambiar as árbores que el mesmo plantara, xa que tres delas secaran, pois cando as puxo fíxoo garantindo por un ano o seu traballo. Non foron quen de respostarlle. Que clase de provedor se adica a comprobar si o seu traballo está ben feito e pedir ao cliente, neste caso o Concello de Maceda, que lle permita reparar un dano? O normal, neste mundo, é que o cliente -cando se trata de administracións, nin iso- sexa quen reclame a reparación e o provedor que se faga o sueco. Alberte é un empresario exemplar; quizais este sexa o problema co que se atopan os (ir)responsables que gobernan Maceda.
A outros empresarios, menos exemplares, permíteselles construír en terreos rústicos sen que estes teñan tan sequera un permiso para peche da finca. Destes feitos teñen coñecemento tanto os concelleiros do BNG como o arquitecto municipal, o cal di ter as mans atadas, porque en Maceda “faise o que di o alcalde”.
A raíz dos cartaces que Alberte colocou na rúa o ex-director xeral de acción social, aos galegos grazas, Bieito Seara, chamoulle a atención. E non debería facelo ao alcalde do pobo? Comezan a preocuparse -e fan ben- porque saben que a xente do pobo está do lado do seu veciño. E estano tamén os seus compañeiros de partido, aínda que non todos o manifesten abertamente por medo as represalias destes dous aprendices de Franco.
Bieito Seara, o que move os fíos do Concello
Acabo de recibir unha chamada de Xabier Oviedo pedíndome explicacións por este post. Amais de descualificar a Alberte, cousa que non me sorprende -esta persoa só non se descualifica a si mesma, tal é o seu ego-, pregúntame en que me baseo para dicir todo o que aquí escribo: no que vexo, no que leo, no que escoito. Algúns, posto que só falan, non lles queda tempo para todo isto. En todo caso foi un pracer escoitalo. Grazas por perder o teu marabilloso tempo comigo.
Pregúntame porque lle chamo cacique e o mesmo tempo dime si son eu “quen presentou a solicitude de xuíz de paz para o Concello de Maceda fora de prazo“. Non quererá dicir que… OH! Que contradición, non?
Mire, non hai que licenciarse en Dereito para saber contar os prazos, aínda así, querido Xabier, voulle ensinar como se fai:
O día 5 de xaneiro publícase a convocatoria no BOP e eu presento a solicitude o día 25 de xaneiro (ver documento). A convocatoria establece un prazo de 15 días hábiles, así que nos saltamos sábados e domingos para realizar o cómputo -e festibos si os houbese, que non os hai-. Vamos contar como se estivésemos vendo Barrio Sésamo, cos dedos: día 6 (1), día 7 (2), día 8 (3). día 11 (4), día 12 (5), día 13 (6), día 14 (7), día 15 (8), día 18 (9), día 19 (10), día 20 (11), día 21 (12), día 23 (13), día 25 (14) e día 26 (15).
Como pode dicir que fixen a solicitude fora do prazo, non ve que a presentei un dia antes de que rematara? Ande, volva contar!
Ah! Cónstame que son o único candidato para o posto así que terá que buscarse outra escusa… e procure non prevaricar! Estarei a espreita.
Pregúntame si é así como contribúo a “súa causa”. A SÚA CAUSA!? A “súa causa” non é a miña causa. Nin sequera é a causa do grupo local do BNG de Maceda, ao que non convoca en Asemblea dende fai máis dun ano. Chamaraos cando cheguen as municipais para que exerzan de “parvos útiles”. Para que ía contar con eles para outras cousas, total, o seu voto “está garantido”, non?
E despois de chamarme e roubarme 2:28 minutos do meu tempo corta a chamada dicindo que “non perde o tempo falando comigo”, sen sequera despedirse. Que educación!
Chama cando queiras, home.
Vaia tela!
Vaía telón! XD
Algúns non acaban de comprender o sistema e esquecen que cada catro anos hai que pasar polas urnas.
Os sábados son días hábiles a efectos administrativos
Non hai que licenciarse en Dereito para saber contar os prazos, aínda así, querido Xosssssssssssse, voulle ensinar como se fai:
Vamos contar como se estivésemos vendo Barrio Sésamo, cos dedos: día 6 (1), día 7 (2), día 8 (3). día 9 (4), día 11 (5), día 12 (6), día 13 (7), día 14 (8), día 15 (9), día 18 (10), día 19 (11), día 20 (12), día 21 (13), día 22 (14) e día 23 (15).
Pois é. Ve! cando me trabuco recoñezo (confundín o ámbito administrativo –LPAC– co xudicial –LOPJ-. Certamente, aínda que se trate da elección dun órgano xudicial, correspóndelle a Administración Local). Agora que, non crea que me ía matar po 1600 € ao ano (que ao fin non dan para desplazamentos).
Aínda así, contou mal, saque os dedos…
… e contemos de novo, como se estivésemos vendo Barrio Sésamo, cos dedos: día 6 (1), día 7 (2), día 8 (3). día 9 (4), día 11 (5), día 12 (6), día 13 (7), día 14 (8), día 15 (9), día 16* (10), día 18 (11), día 19 (12), día 20 (13), día 21 (14) e día 22 (15).
*A non ser que sexa festivo local en Maceda (que eu saiba, non).
Mira que ben! Isto obrigará a Corporación a elixir ao Xuíz de Paz no Pleno. Terá en Conta a única solicitude que se presentou para o posto? Aínda que sexa fora de prazo? Non?
XD
O exercicio de rectificar é unha práctica saudable e enriquecedora. Deberían probala os dirixentes do BNG, en xeral, e os de Maceda, en particular.
En primer lugar, quiero pedir disculpas por no utilizar el gallego para manifestar mi opinión, pero por respeto a ustedes que lo utilizan bien no seré yo quien cometa el error de estropear un lenguaje tan bello.
Ya he dejado mi punto de vista sobre lo que está ocurriendo en Maceda en los últimos días sobre este señor que reclama.
Está en su derecho el reclamar lo que le pertenece y más cuando lo hace contra la administración, la cual tendria que dar ejemplo.
No estoy de acuerdo con el Alcalde ya que está haciendo un uso indebido de los impuestos que pagamos, para enviar notas informativas a traves de dos empleados del ayuntamiento a los buzones de muchos macedanos, ¿no tienen otra cosa mejor que hacer? ¿no sabe que trabajo asignarles? pues si no tine trabajo para ellos y sobra personal, a engrosar las listas del paro, evitando más gasto superfluo. Es cómico ver a uno de ellos sujetando el papel y a otro colocando la cinta adhesiva; y al mismo tiempo indignante como se utilizan estos cauces para calumniar a un honrado autónomo de Maceda.
No se vanaglorie de que porque demuestra todo lo contrario con sus actos.
No cuente usted con el voto de mi familia, que es bastante numerosa.
Aquí cada quen é libre de empregar a lingua que goste, Nicolas. Grazas pola túa aportación. Unha aperta!
Onte cando recollin o correo na miña casa, tiña tamén unha nota informativa do alcalde. Hoxe xogando a partida dixeronme que foi repartido por dous empregados do concello.
Falaron deste blog,e en canto puiden entrei nil, e non saio da sorpresa que levei ca súa lectura.
Propoño empezar a recoller firmas contra o alcalde, rexeitando o seu xeito de proceder, e contra os demais grupos políticos, por someterse a o dictame diste señor, para non pagar a iste empresario.
Eu, non votei para o alcalde, pero desta volta ningún, nin BNG, nin PSOE, nin PP van ter o meu voto. Xa estou farto de que entre eles amañen a cousas para foder sempre os mais inocentes.
Non sería posible formar un grupo independiente que se presentara as elecciones, con xente dinámica, responsable e honrada. Poderiase falar con iste empresario -que admiro pola súa valentia, e que nos está dando unha lección moral a todos os macedans- para que se animara a dar o paso e figurara neste grupo.
Entre os que xogamos o subastado, non é novo iste tema. Nos bares fálase moito, e facémonos os valientes pero chegado o momento todos calamos.
Escoito con envidia como falan da sorpresa que lles deu iste tal Sobrino, din que é moi serio, que non frecuenta os bares e que pouco anda por Maceda, a non ser istes días que leva reclamando o seu. Que ten unha empresa de jardineria, plantas e aluga terras para cultivos. Din tamén que foi estraño velo xuntarse cos do bloque, que estivo na Legión e que si está tocado,que se casou cunha portuguesa, hay moitas faladurias sobre él, pero polo baixo alegranse do seu proceder. A puta envidia temola no corpo, e cando alguen se revela contra inxusticia en vez de apollalo levantamoslle santos.
¡Adiante Sobrino, dalles caña¡
Quizais esa sexa a solución, Macedán, non só para Maceda, senón para a maioría dos concellos: liberarse do xugo dos partidos políticos e liberarse da súa ditadura.
Un tema que me apaixona son as Irmandades da Fala. Cumpre recuperarlas. Como é posible que hai un século, sen os medios de comunicación dos que dispomos hoxe, fosen capaz de artellar semellante movemento e hoxe, con toda a tecnoloxía ao noso dispor (teléfono, internet,…), vías de comunicación rápidas, vehículos para desprazarse e un nivel cultural e democrático moito máis avanzado, non sexamos capaces de autoorganizarnos e liberarnos dunha vez por todas dos partidos?
É preciso que cada Concello cree a súa propia Irmandade Local, na que teñan cabida toda clase de xentes e ideoloxías, xente solidaria e comprometida co seu pobo, sen máis. Cantas máis persoas a conformen menos posibilidades haberá de que sexa mangoneada polos de sempre. Unha irmandade na que todos sexan iguais, na que ninguén estea por riba do outro, onde as decisións que competen ao Concello se adopten por Asemblea Veciñal e logo se ratifique polo Pleno do Concello. E non coma hoxe, onde os responsables políticos dos concellos presentan e rebaten mocións elaboradas en Madrid e Santiago e permanecen totalmente alleos a realidade do seu pobo.
No fondo non é tan complicado: vivimos nun sistema democrático e somos nos quen máis ordena.
En canto a difusión da nota informativa aconséllolle a Alberte que consulte coa súa avogada a posibilidade de demandar ao Sr. Alcalde por un delito contra a súa integridade moral: ollade o que di o Artigo 175 CP.
“A autoridade ou funcionario público que, abusando do seu cargo […] atentare contra a integridade moral dunha persoa será castigado coa pena de prisión de dous a catro anos si o atentado fora grave, e de prisión de seis meses a dous años si non o é. Imporáse, en todo caso, ao autor, ademáis das penas sinaladas, a de inhabilitación especial para emprego ou cargo público de dous a catro anos“.
O Alcalde de Maceda (BNG) non paga a un empresario por ser un militánte crítico
Quiero decirle una cosa al señor Sobrino, siga adelante señor y no se deje abasallar por esta gentuza.
Debe saber que todo lo que le pasa corresponde a un plan meditado desde el propio Concello, por un lameculos que todos conocemos, puesto ahí por la Dipu.
Que coja el señor Rubin a este tipo y al Juan, y que los haga hablar; que les cuente lo que tramaban cuando este último le podaba el seto al otro Juan alias Potero.
Parece que las paredes escuchan; pero ocurre que ambos mal sabian que lo que estaban diciendo del tal Sobrino lo stbamos escuchando sentadas en la pared cercana a la puerta de acceso del potero.
Hagales cantar, porque de lo contrario cantaremos nosotras en el juicio.
Le ruego al señor que lleva esta pagina, le pase mi dirección de correo electrónico al señor Sobrino para que se ponga en contacto conmigo para que pueda hablar con nosotras y ofrecerle nuestro testimonio.
Hay mucha gente en Maceda que aparenta lo que no es, y no vamos a consentir lo que intentan.
Iste Sobrino vai de listo. Mira e cho dixemos. Vas levalas ata no carné. Xa nos veremos¡
Macedana, perde coidado. Fareille chegar o teu enderezo.
SONEU, tamén lle farei chegar os teus datos,… e non me refiro ao e-mail, que seguramente son falsos, senón a túa IP, pra que Alberte adopte as medidas legais que considere oportunas.
Por certo, Macedana/SONEU, poderías explicarme como é posible que comentarios tan dispares saían do mesmo ordenador?
Resistiremos tod@s @s apestad@s por non “tragar” con todo.
Amigo Xosse, algo parecido ao que lle esta pasando ao compañeiro Alberte pasoume a min co presidente da Comunidade. Como sabes se entrastes á miña bitácora, os dous eramos militantes no BNG local, eu con máis anos de militancia pero sen o “cache” preciso.
Primeiro valeuse de min para acadala presidencia, el só nunca o lograría, e despois como veu que non-lle entraba ao trapo nas cacicadas, virou tanto na miña contra que decidiu expulsarme.
É iso non foi todo, había quedado en acatar unha sentencia aprol da comunidade que conquerin en solitario e pasa dela. Os antecesores na directiva, xente da orbita do PP, xa se negaran porque habían sido compañeiros seus os que puxeran ao seu nome unha leira comprada cos fondos comunais e iso seria recoñecelos coma culpables ante os comuneiros e comuneiras, aos que aínda hoxe seguen dicindo que aquel documento, anulado por un xuíz, era legal.
Tamén habiamos quedado en aboarme os gastos que iso me supuxo, pero o único que acadei na última reunión que tivemos, só foron ameazas de poñer aos comuneiros na miña contra, porque mentres outros loitabamos contra os caciques, el e outros estiveron a velas vir, e xa sabemos como se manexa esa xente, só con acusarnos á xente do BNG de ter cornos, acadaron poñer grazas a unha minoría que facía moito ruído, á xente en contra, principalmente porque non querían verse implicados neses “saraos”.
No seu día puxen estas cousas en coñecemento do BNG de Santiago, pero o único que acadei foi que lle remitisen a el a denuncia (de aí veu a miña expulsión de secretario), pero xamais se puxeron en contacto comigo (iso si, a cota cóbranma relixiosamente), nin cando dei conta da expropiación ilegal que Medio Rural fixo nun agro de meu pai. Só lle transmitiron ao funcionario co que tiven unha entrevista, que se non estaba de acordo que acudise á Xustiza.
Esta é a cara oculta que moita xente non coñece dalgunha xente do BNG, por iso no seu día me dei de baixa. Para caciques xa tiña abondos noutros partidos e sempre pensei que no BNG seria todo distinto pero leveime unha desagradable sorpresa. Hoxe grazas a Internet vemos que pouca diferenza hai, só depende do poder que se teña en cada momento.
Comentarlle a Alberte que moito coidado coas falsas testemuñas, polo que leo, porque sei de boa tinta que hai xentiña para todo.
Compañeiro Aberto, non quixen dicir que no teu tema estea implicado a organización, nos meus que expuxen, si.
Primeiro, por parte de Medio Rural que non podía g… o agro de meu pai por moito que o presidente teña vínculos familiares co exconselleiro.
Segundo, cando mandei o correo electrónico á organización, non só non atenderon a miña queixa, se non que tan sequera me responderon. Direi máis, cando ese tipo de trapalladas as facía a xente do PP, si que me atenderon facendo preguntas no Parlamento e mandando un Deputado á miña parroquia.
Eu non pedía nada do outro mundo, só quería amosar que hai outra forma de gobernar para facelas cousas ben, sen caer no erro de copiar o estilo da dereita.
Só se dignou a falar comigo o compañeiro que me buscou no seu día para ir na candidatura do BNG, e só entre el i eu queda o que me dixo, porque tampouco é cousa de metelo nisto.
Todos temos fillos e gastos, pero no meu caso se dependese deses cartos que reflicto, estaba apañado. Podería entender aínda que non compartir, que quen me fixese iso fose un “inimigo” político, pero xamais un excompañeiro i examigo. Por iso e por outras cousas que non veñen a conto.
Moi sorte na túa loita.
Compañeiro Alberto, eu non tiven esa sorte con Medio Rural e iso que cando remitín o escrito, aínda non había dado o paso firme de darme de baixa do BNG.
Xa dixen na primeira entrada que o problema quizais foi que eu non tiña “cache” e que tampouco nunca fun amigo de facerlle a pelota a ninguen.
Pobre si, pero honrado.
Foi un pracer cruzar estes post con vostede. Ata outra mellorada.
Grazas compañeiro Xosse por abrirlle os ollos a moitos.
Non é cuestión de sorte, Paco. Capacidade, dignidade, decencia, responsabilidade,… ou se ten ou non se ten e entre quen ten os mandos do BNG estas cualdiades e outras andan moi escasas. E non digo que outras formacións sexan mellores. Lamentablemente, a caste política está moi denostada pola intervención dos partidos políticos na selección das élites.
Seguirei denunciando todo aquilo que o considere digno de tal, sexa do BNG ou de outros. Para que unha denuncia sexa efectiva cumpre, ademáis, que sexa oportuna. Haberá máis…
Non sei moi ben quen ten razón, pero vou a outro aspecto, lín a contestación que puxo o SR Alcalde nos bares nun comunicado escrito nun folio, e desa contestación paréceme totalmente improcedente que ao final do escrito faga referencia a militancia política deste Sr Sobrino, non procede baixo ningún concepto que nun escrito do concello se faga refencia a militancia política dun cidadán.
Un saúdo