De autista político a político 2.0

O día 27 Outubro 2011, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

A persoa da que falo coñecina fai moitos anos. Sempre chegaba á cafetería da miña familia, pedía café, collía un xornal, agachaba a cabeza e nin miraba para quen tiña ao lado. Por suposto non dicía máis que as palabras necesarias: “café” e “canto é?” cando non traía xusto. Nunca o vin falar con outra [...]

etiquetas:  

Secuelas da desamortización de ZP

O día 9 Outubro 2011, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

As superestruturas económicas internacionais (FMI, BM, BCE,…) fai décadas que viñan avisando: as caixas de aforros eran un encordio para a libre competencia amoucando os beneficios das grandes financeiras mundiais. Os directivos das caixas axiña captaron a mensaxe, cumpría que afundisen, cumpría quebralas ou, cando menos, que o parecese. Así poderían seren absorbidas polo gran [...]

etiquetas:  

Ensino: Apagamento informativo da TVG

O día 11 Setembro 2011, clasificado en: cultura, política nacional, por xOsse dorrío

A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado. [...]

etiquetas:  

Alcaldes NacionalFascistas (I)

O día 8 Setembro 2011, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Hainos. Que cousas! Ate o PPdeG apoiou no parlamento galego unha condena ao franquismo presentada polo PSOE e BNG renunciado ao devandito principio de “non hai que remover o pasado”. Sen embargo, hai alcaldes nacionalfascistas que invocando ese mesmo principio se negan a condenar o franquismo e facer homenaxes as vítimas do alzamento militar. O [...]

Indignado

O día 10 Abril 2011, clasificado en: actualidade, libros, política internacional, política laboral, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Arroutada Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto [...]

etiquetas:  

Collage II

O día 28 Febreiro 2011, clasificado en: cultura, libros, poesía, política nacional, por xOsse dorrío

Lois Pereiro (poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995) Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16) deixándome levar sen resistencia. (19) Resistencia pasiva. Resistencia frontal (20) contra o medo. (29) Noites en branco coma sabas húmidas… (39) Teño a cabeza no centro do mundo (23) e o corpo é [...]

etiquetas:  

Monumento do Concello de Ourense á inaccesibilidade

O día 24 Novembro 2010, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Nos últimos días a empresa EcoOurense estivo cambiando os contedores do lixo, retirando eses de plástico «de toda a vida» por uns novos, xigantes e moi bonitos. Non sei cantos cidadáns se decatarían, aparte de quen os sofre -pois hai tamén quen os desfruta pois ao ser máis grandes hai menos e máis espazo para [...]

etiquetas:  

Existe unha trama para a contratación de persoal con fondos públicos?

O día 28 Outubro 2010, clasificado en: actualidade, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira: Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada [...]

etiquetas:  

A esquerda acomodada

O día 8 Outubro 2010, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Pensei en titular este post como “a esquerda adormecida” mais ao longo do mesmo funme decatando de que o problema non era ese, pois anda ben esperta. Uns máis que outros. Teño lido moitos artigos sobre o que lle acontece a esquerda social nos últimos tempos, pensadores que se preguntan que “como é posible que [...]

etiquetas:  

A lingua galega abre túneles dixitais ante o acoso da Xunta de Galicia

O día 6 Outubro 2010, clasificado en: cultura, política nacional, por xOsse dorrío

Hoxe produciuse un feito que me trouxo a memoria un artigo que lin fai meses: Túnels digitals a Gaza, cando bloggers e twitters palestinos fixeron saber ao mundo a traxedia que estaban sufrindo por parte do exercito israelita. Eles, personaxes anónimas convertéronse nos ollos do mundo, tanto que, os propios medios internacionais recorrían a eles [...]

etiquetas:  

Xa foi noticia

O día 15 Setembro 2010, clasificado en: política local, política nacional, por xOsse dorrío

Ía titular este artigo como “Curso de ética periodística” ao estilo CQC pero, finalmente decidinme por outro clásico dos medios de comunicación, unha sección que nos lembra o que xa sucedera fai 25, 50 ou 100 anos. Desta vez non foi necesario que transcorrese tanto tempo para dar é quitar razóns. Esta semana produciuse unha [...]

etiquetas:  

Foto roubada

O día 14 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Que triste! Si. A foto que aparece no post anterior foi roubada. Ao parecer isto é o que máis lle preocupa aos responsables da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense). En absoluto lles preocupa a acusación de non contar cos medios necesarios para a impartición deste curso -e outros-. Non lles debe preocupar porque ten [...]

etiquetas:  

Tanta inutilidade non pode ser amor

O día 12 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Titulo con esta frase de Rafael Martínez Castro ao que fai referencia Antón Baamonde no artigo que asina hoxe en El País respecto a «Crise no BNG«, unha crise que pode levar a esta organización a sufrir unha «escisión, unha explosión ou a desafección das bases». A desafección fai anos que a sufre -só hai [...]

etiquetas:  

A que nos ven enriba

O día 9 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade. Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo [...]

Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.

O día 30 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!

Acerca da «consulta» aos AEDL de Galicia

O día 16 Agosto 2010, clasificado en: política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6 respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego. A maioría [...]

Máis datos sobre a «consulta» aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia

O día 13 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

A partir das 00.00 horas do vindeiro luns, 16 de agosto publicarei un post analizando máis a fondo o resultado desta «consulta«. O  post tratará de: – O acollemento que isto tivo entre os axentes de emprego (aínda que tres persoas se ciscaron nos comentarios do artigo, en privado as críticas foron máis ben positivas). [...]

Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?

O día 12 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Logo do post de onte, onde a meirande parte dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza non saen moi ben parados, a resposta da UPD  Cooordina Local II, e que lle está a remitir a tódolos Axentes e Técnicos de Emprego a modo de consigna, é a seguinte: Bos días a tod@s, Ante as [...]

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?

O día 11 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]

Concurso de verán 2010

O día 22 Xullo 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Lembran a imaxe da dereita. Que tempos aqueles … en que o Presidente da oposición, Alberte Núñez Feixóo arrimaba o seu ombreiro para arranxar os problemas que padecíamos tódolos galegos. Daquelas -verán do 2006- sufríamos unha vaga de lumes incontrolados e o Sr. Feixóo non dubidou, iso si, vestido para a ocasión (a gracia é [...]

etiquetas:  

Imaxina

O día 20 Xullo 2010, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Imaxina que esta persoa non es ti; son, probablemente, todas menos ti. Imaxina que esta persoa pertence a un país no que, para sobrevivir, é obrigado ser así. Non quere, mais é así. Sométese. Non se rebela. É o normal. Facer o contrario está fora de lugar. Imaxina unha persoa bipolar: extremadamente asertiva co poderoso, [...]

As palabras clave para atopar mOendo.net

O día 12 Xullo 2010, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Un total de 2.327 visitantes chegaron a mOendo.net a través dos buscadores. O máis utilizado deles foi Google, empregando 951 palabras ou conxunto de palabras para chegar ate aquí. Top 20 das palabras máis empregadas: Palabra ou expresión Número Visitas Páxinas por Visita Tempo de estadía % Novas Visitas 1. moendo 271 3.05 00:04:27 30.26% [...]

 

Galiza e o Índice de Distancia ao Poder

O día 9 Xullo 2010, clasificado en: política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Neste post: “Outliers e o Índice de Distancia ao Poder”, Francisco Alcaide, facendo referencia ao libro ‘Foras de Serie’ (Outliers) fai fincapé nun dos parámetros que fan que unha persoa, unha organización ou mesmo unha sociedade, acaden o éxito. Tanto o autor do libro como o deste artigo coinciden en que existe unha relación directa [...]

Unha liorta de garfos e coitelos sen aguzar

O día 26 Xuño 2010, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Non se trata de que chegue o sangue ao río, non, senón de repartir a torta das administracións públicas. Non se debaten ideas, por exemplo, como crear máis emprego nas vilas e cidades, non, o que se descute son as posicións que ocuparán cada persoa nas listas a presentar. Non hai proxectos por riba da [...]

etiquetas:  

Submisas e submisos por fora, rabiando por dentro

O día 15 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos? Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. [...]

etiquetas:  


arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes