QUERENNOS FACER COMULGAR CON RODAS DE MUIÑO

… tan grandes coma a da imaxe. Todos tíñamos as nosas sospeitas, andabamos coa mosca tras da orella, non había explicación a tanto lume, non so a tanto lume, senón a tantos focos simultáneos. Parecía algo argallado durate moito tempo atrás. So faltaba que subiran as temperaturas e fixera vento de nordés… e entón pasou o que tiña que pasar. Ardeu boa parte de Galiza.

Tódolos galegos vimos o lume de preto. Uns mais que outros. Arderon vivendas, montes, animais e ata persoas (quen argallou todo isto pode darse por satisfeito). Entón chegaron as choivas, para alivio do pobo, da fraga e dos seus animais, das brigadas de bombeiros e voluntarios, para os responsables políticos (só dos responsables). Chegou o momento de facer balance: as pérdidas foron cuantiosas, as que se poden calcular, porque o valor dunha vida non ten prezo.

Non tardaron moito en sair os políticos a escea, algúns xa sairan antes, lémbrense de Nuñez Feijoo apagando as cinzas cua camisa de Ralf Lauren, a votarse os trastos a cabeza. Os responsables de Medio Rural eran acusados de non ter medios para apagar o lume (agora sabemos porque non había eses medios), cando o certo e que houbo mais medios que nunca, gracias a axuda de outras comunidades (non se pode decir o mesmo de algúns concellos e das diputacións gobernadas polo PP); acusáronnos de non dar información, cando o certo e que tamén tivemos mais información que nunca, tanto nos telexornales como nos especiais informativos – nos que tamén participou o sr. Nuñez-, quizais demasiada información, porque un pirómano ve lume e sae correndo pro monte co seu chisqueiro. Acusáronnos de falta de organización, de falta de liderazgo,… pois non houbo tal cousa, o que realmente estaba a suceder era unha situación de rebeldía por parte de concellos e diputacións do PP. Tanto uns coma outros cando se lles preguntaba onde estaban as suas brigadas, respondían que non recibiran aviso ningún, que a Xunta non lles pediu axuda, etc. Vamos que nin vían, nin oían, nin ulían… nin sentían amor algún pola nosa terra.

Tanto lume…

Parecía unha trama mafiosa e terrorista. Pode que o sexa. Mais o que eu nunca esperaba, ni ningún galego, e que o PP dese a tódolos seus rexidores a orde de dilatar no tempo a formación de brigadas, de ser celosos en cada trámite e prolóngalos ao máximo: convocatorias, selección, cursos,… O final resultou ser o que parecía ser.

Pero os galegos non comulgamos con rodas de muiño, non. A eses alcaldes e presidentes de diputación non debemos esquecelos. Hemos de por os seus nomes e apelidos e os de todala sua corporación en vivendas e árbores queimadas. Levarán a sua sinatura.

MOENDO DO REVÉS

mOendo é unha metáfora do pensamento. Cando algúén está moendo está pensando. Tal vez alguén de vós tivo a sorte de estar preto dun muiño durante a muiñada oíndo o tronador ruido da súa maquinaria. Eses sons, mentres se agarda, dan moito que cavilar.

Estar mOendo do Revés non é o mesmo que ir contra corrente. Hai quen ten esta actitude e non moe, hai quen moe do revés e nunca vai contra corrente. Un exemplo disto último é o caso do paisano que cruzado de pernas, sentado nunha esquina da taberna, escoita a conversa de seus veciños e, sen dicir chío, nega constatemente coa cabeza.

A expresión que da nome a este blog xurdiu un día, cuns amigos, de leria, filosofando sobre política a caron dunha botella de licor café, un deles adicábase a darlle a volta a tódalas argumentacións que facíamos os outros para devolvelas contra nós, levándonos unha e otra vez o punto de partida. Este moía e contradicía. Tiveron que pasar moitos chupitos de licor -así se conta o tempo nestas conversas- ata que alguén se decatou que aquel home, dun pobo de Xunqueira de Espadañedo (Niño d’Aguia), moía do revés.

E o certo é que moitas cousas, para entendelas, hai que velas de un xeito distinto, por iso deben moerse do revés, voltar ó punto de partida, comezar doutro xeito,… ata que quede ben moido. Pois iso e o que pretendo.