Nas noticias do luns, 26 de setembro, ao mediodía E nas noticias da noite, o mesmo día e a mesma canle
Este é un engadido que aparece sempre na denominación dunha asociación. Na actualidade este engadido converteuse en mofa social. Estes profesionais do asociacionismo son bechos hábiles nas corredoiras das administracións rapinando aos corruptos políticos que nos gobernan (non diferencio entre siglas… entre os bechos tampouco). Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven [...]
Chaval, la. (Del caló chavale, vocat. pl. de chavó, muchacho). 1. m. y f. coloq. Niño o joven. U. menos c. adj. A palabriña atopeina no dicionario da RAE porque en galego non existe. Para que a utiliza logo o Concelleiro do BNG, Fernando Varela? Pois para insultar… nada mellor que a lingua común para [...]
@xOsse: http://t.co/TykDuKSp – «A un pailán pódeselle perdoar, porque só xira para un lado e non engana a ninguén» #bukowski Hai uns días, logo do manifesto paleto dos 18 alcaldes nacionalistas (non está claro si son 18, 19 ou 20… ou os 8 da foto) escribín un e-mail a Xurxo, o Alcalde de Castrelo de [...]
Asunto: tanto me valoran tanto vallo Ola Belén, bo día! Vin reflexionado de camiño a casa sobre a entrevista de hoxe. Camiñar só pola cidade reláxame moito, ábreme a mente e permíterme ver con maior claridade a realidade. Debería probar. Polo camiño tan só saín dese estado de meditación cada vez que pasaba diante dunha [...]
Arroutada Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto [...]
Comparto a filosofía de Julian Assange, a súa rebeldía ante a inxustiza social que comete quen ostenta o poder político e económico. Ese é o principal efecto da rebelación dos cables publicados por Wikileaks: a fin da sumisión ao poder do imperio dominante. Julian Assange fixo o que ningún goberno do mundo puido facer, dende [...]
Si algunha característica común teñen tódalas folgas é o seu carácter construtivo. Máis alá da defensa de dereitos, innegable, as folgas poñen o “turbo” a economía de calquera país ou empresa. Grazas as folgas créanse innumerables postos de traballo e dinamizase a economía. Fai brotar novas oportunidades de emprego, alenta a empresarios e emprendedores, engorda [...]
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira: Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada [...]
Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo. O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; [...]
Lin esta mañá o diario El País e quedei asustado: “O PP retirará a querela ao BNG si este compensa á empresa implicada”. Primeiro, teño que por en cuarentena este titular, vindo de onde ven; segundo, dubido da súa veracidade porque o PP non é quen, senón a Fiscalía, se querelou contra os responsables do [...]
Ía titular este artigo como “Curso de ética periodística” ao estilo CQC pero, finalmente decidinme por outro clásico dos medios de comunicación, unha sección que nos lembra o que xa sucedera fai 25, 50 ou 100 anos. Desta vez non foi necesario que transcorrese tanto tempo para dar é quitar razóns. Esta semana produciuse unha [...]
Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade. Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo [...]
Ando botándolle unha ollada a tódolos e-mail que forman parte da lista que a UPD Coordina Local II nos enviou a diferentes persoas, supostamente axentes e técnicos de emprego e ao ir repasando enderezos e cotexando cos datos que podo atopar na rede atópome con que: Unha parte importante destes enderezos non corresponden a AEDL, [...]
Comezo pola mala: a economía non tira. Un exemplo, a petición de licenzas para centros comerciais cae a cero en Galicia; outro, a creación de empresas ralentízase: 210 en seis meses na provincia de Ourense. Somos territorio desempregrado. A boa nova non é que os axentes de emprego teñan menos traballo , a boa nova [...]
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable. É un problema de [...]
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen [...]
Que podería dicir una barbaridade semellante? Pensen. É ourensán, “empresario cultural”, dirixente dun “partido político”, “xornalista”, “columnista”, etc.
Fai máis de tres anos redactaba unha denuncia pola explotación indiscriminada que estaba sufrindo o Monte da Farria (Xunqueira de Ambía), un Monte ao que o propio Concello lle deu a protección A dentro do Catálogo de Bens Naturais e Paisaxísticos. Fai unhas semanas, logo de que pasaran anos dende as derradeiras novas sobre este [...]
“En opinión de Bebchuk and Fried o único factor que constrinxe as retribucións dos executivos é o denominado “límite da indignación”, isto é, a preocupación ante o feito de que o pago de emolumentos excesivos aos executivos poida provocar unha airada reacción por parte de quen, no caso contrario, se amosarían habitualmente aquiescentes, a saber, [...]
Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita [...]
O BNG comarcal de Allariz-A Limia leva rumbo de converterse na “ditadura perfecta”, unha ditadura envolvida en papel demócrata. A correlación de forzas que forman o Consello Comarcal, viciada polas presións dos responsables políticos que naquel intre tiñan algún cargo público en base aos favores feitos ou ás promesas futuras (alguén oíu algunha crítica dende [...]
Será Baltar Blanco (BB) o novo Florentino Pérez da política? Eladio Fernández (EF) chega ao PP en plan “Cristiano Ronaldo” dicindo que o proxecto do novo presidente provincial dos populares, BB. lle parece «sólido, fiable e ilusionante». Un crack! Di a nova fichaxe que comparte co seu actual partido as súas «ideas, proxecto e obxectivos [...]
Cabina de Telefónica inaccesible, Ourense Na cidade de Ourense, Avenida de Zamora, a altura do número 124, ao lado da Igrexa San Pio X, onde o Concello está levando a cabo a renovación de tubaxes e beirarrúas a cargo do Plan E -de estrobo, será- deixaron esta cabina de Telefónica totalmente inaccesible para persoas que [...]






