De paletiños, paletos e paletóns!

@xOsse: http://t.co/TykDuKSp – “A un pailán pódeselle perdoar, porque só xira para un lado e non engana a ninguén” #bukowski

de cu ás grandes cidades
O Concilio de alcaldes (2011)

Hai uns días, logo do manifesto paleto dos 18 alcaldes nacionalistas (non está claro si son 18, 19 ou 20… ou os 8 da foto) escribín un e-mail a Xurxo, o Alcalde de Castrelo de Miño, ao decatarme que non podía ler os comentarios que el escribía no muro de facebook dun compañeiro, pero si podía ler as respostas e críticas cara el. Quen cinicamente se puña de exemplo de político que sabe escoitar á cidadanía, bloqueara a miña conta nesta plataforma, cousa que lle agradezo pois que mellor que non ter a vista toda esa enchenta de impudicia. O correo é unha carta privada ao seu enderezo electrónico persoal máis que el tivo a ben publicar no Grupo de Google de Castrelo de Miño, compartindo o meu enderezo electrónico, o cal é un ilícito penal pois a correspondencia privada non se pode compartir. O que me deixa claro esta personaxe ao ver que non tivo a gallardía de contestarme a min pero si compartir ese correo –insisto, privado e dirixido a el, a ninguén máis- cos seus acólitos,  é que me quedei curto nos meus cualificativos cara el. Isto lle dicía (corrixidas as grallas, para que logo Iago, o fillo de Purificación –nº 7-, non diga; grazas a eles dous sei das andanzas navalleiras do seu alcalde. Nunha cousa leva razón o rapaz, unha carta por máis que sexa privada non debería perder as formas porque logo atópaste con alguén que non respecta a intimidade e exponna aos ollos alleos):

Xa sabía eu que eras algo máis que un cacique. Es parvo. Que é peor. Non só me eliminas do face por discrepar que por riba me bloqueas. Non poderei ver os teus comentarios pero si os de outros, …
Es un paletiño, tanto ou máis que os que te votan, e iso, contando… a ver, a ver… 102, 200, 300,… moito paspán hai na túa terra. E ti o que máis. Se tivese que medir o grado de paletidade dos alcaldes paletos do bng collería a foto que sae nos medios e os que máis ocupan no cadro máis paleto e os que menos, pois menos, é de caixón. Hainos menos paletos que son os que non saen e pon o seu nome, hainos algo menos paletos que son os que se acochan e hainos paletos de todo que son os que saen enchidos en primeira liña. Eses serán os que máis hostias levarán.
Sodes paletos e covardes, covardes por ter que xuntarvos para poder manifestar en conxunto que individualmente non tedes pelotas de manifestar. Outros arriscamos máis e o que pensamos dicímolo sempre, porque en dicilo vai o que consideramos integridade persoal. Dignidade. Que é o que vos falta a vós. Ningún de vós, ningún dos 18 alcaldes paletos que asinades ese manifesto mereces estar na política nun ámbito máis elevado do que as furnas vos marcaron. A vosa experiencia non vale nin un chisco máis ca de calquera outro militante sen alcaldía.
Persoas coma ti, que anoxan as persoas íntegras, ben cando menos me anoxa a min, se son integro ou non, poden valoralo outros. A cidadanía non pode confiar en cacique algún, menos en caciquintanistas noxentos coma ti, que non sodes nada, NADA, fora dos lindes do voso concello. e nada seriades aí sen as persoas que ignorades e que tanto traballo levan as súas costas.

Penso que o marrau está listo… e o San Martiño a xeito 😉

Pido desculpas aos veciños pola miña arroutada, a uns máis que a outros (Iago e Pura ou Pura e Iago por dars por aludidos), pois isto non debía saír do ámbito persoal ao que se restrinxe a correspondencia privada entre dúas persoas, pero o voso alcalde quixo difundilo. Os que o coñecedes ben sabedes quen é e os que non saberédelo a nada que abrades os ollos: un ser avaricioso que soamente cando o bipartito gobernaba Galicia se atreveu a por o seu nome nas listas do seu Concello. Non o fixo por Castrelo de Miño, senón por el aproveitando a conxuntura (por persoas coma el moitos abandonamos o BNG), e nese senso, podedes recoñecelo ou non, metéuvola dobrada – botádelle unda ollada as dúas fotos que acompañan esta entrada. Que pinta en ambalas dúas? -. Puido comerse esa carta como se come outras cousas; puido responderme defendedo aos seus veciños; pero non, tivo a necesidade de dicirvos: “Veciños, este home chamouvos paletos. Quero que saibades que non fixen nada ao respecto. Ignoreino sen máis. Xamais me molestaría en negar tal afirmación!”. E non o fixo. Non defendeu aos seus veciños… Enviou esa carta a un grupo para atacar a unha das persoas que forman ese grupo logo que uns dias antes non tivese nin a gallardía de mirarlle a cara. Covarde!

Envieille esta carta o día 13 de Agosto e estivo remoéndoa durante días, sen responderme, ate que no día de onte, co asunto “cal é o límite da paciencia” a comparte con todo o seu grupo do BNG de Castrelo de Miño. Non se dirá que o fixo en quente. Fala de paciencia a persoa que censura canta crítica cae no seu muro (iso só o saben os críticos, quen lle lambe o cu non), demostrando que come máis para o lado dereito que para o esquerdo, e o último comentario que fixen, no que lle dicía “parabéns polo cañoto que levas na man” supuxo non só a eliminación do comentario senón que me borrase desa lista de amizades virtuais (que para non saber xestionalas é mellor non telas, e dicir, que mellor lle fora autoeliminándose el e non aos que o amolan) e me bloquease! E agora fala de paciencia. E xunto aos outros fala de escoitar aos cidaadáns.  Será necio! Lamentablemente, non é tan decidido cando se trata de defender aos seus veciños.

Tamén lles fixo chegar un comentario meu aparecido no blog do Encontro Irmandiño de Ourense, onde, unha vez máis o critico. Velaquí. Vese que as miñas palabras lle resultan indixestas (e perdoade que fale tanto en ton figurado de comida) ao tempo que nunca lle pasan desapercibidas. Lémbrame ao irmán maior que George Orwell describiu en 1984, aquel que actualizaba día a día o pasado para dende o presente controlar o futuro. Todo polo control. Nada se controla sen controlarse a un mesmo.

alleos a realidade galega
O Concilio dos carguiños (2009)

4 comentarios en “De paletiños, paletos e paletóns!”

  1. Este fin de semana pasei de por Castrelo e a verdade non vexo moita diferencia co que vin hai moitos anos, cando gobernaba o PP, que foi quen fixo carreteras, estreitiñas, que ben lles viña un ensanchamento a todas elas, que foi quen levou subministros aos fogares: luz, telefono, auga, desaugadoiros,… O naútico tamén o fixo o PP.

    Que fixo o Alcalde actual de Castrelo, dígovolo eu: montar o circo. Levar paiasos a entreter a xente, montar festas, feiras, e pouco máis: tapar fonchas, por farolas, facer a vista gorda nos permisos que dá, meter aos amiguetes a traballar no Concello, ou sexa, o que fan a maiorías de caciques deste país.

    Reproduzo o artigo publicado o 13 de xuño de 2011, cuxas acusacións eran moi fácil de desmentir: mostrar a proba realizada. Non o fixo ante ninguén.

    Novos tempos para o caciquismo galego

    Fai uns días, a raíz dunha convocatoria para unha praza de animador sociocultural para o Concello de Castrelo de Miño escoitei unha conversa que me deixou pásmado, así que me dirixín ao Alcalde do Concello vía facebook xa que o tiña de amigo, así de breve e conciso, que dicía máis ou menos así:

    Estanme contando como estades realizando un proceso de selección coas seguintes preguntas tipo:

    – Cantos habitantes ten Castrelo?
    – Cal é punto máis elevado?
    – Onde están as piscinas municipais?
    – Que fotografía tiña o almanaque que repartiu o alcalde en 2010?
    – Que dúas instalacións relevantes ten o concello? …

    Todo isto para ser animador sociocultural? Estades de coña!? Evidentemente o posto estaba dado ou feito a medida dalgún veciño. De verdade non necesitariades un Técnico de Selección? Estamos moitos desempregados…

    Saúdos

    A resposta do rexedor da vila non fixo máis que confirmarme que, non soamente son da mesma caste que Baltar, senón moito peor, xa que non facía máis que desentenderse do proceso dicindo cousas como:

    “desde q son alcalde ningun politico participa nos procesos de seleccion de persoal en castrelo. Os funcionarios son os membros do tribunal incluida a secretaria municipal q e habilitada estatal e nada lle debe a alcalde ningun. Como tampouco lle deben os demais funcionarios, nin se deixan influir nin recomendar pra facer practicas caciquiles. Algo q por outra parte eu nunca fixen nin farei. O exame realizao o tribunal. Ningun politico ten acceso a el. De feito enterome das preguntas agora q mo dis.”

    Transcribo tal cal, faltas de ortografía incluídas. A cousa non remata aí, por suposto, acaba dicindo o que din todos e que por suposto equipara a tódolos políticos. Atención:

    E o alcalde non repartiu ningun calendario. O Concello si.

    A praza non estaba dada. Nin esta nin ningunha desde q eu son alcalde. Pero q importa as explicacions q che dea, q sin preguntar nada xa me prexuzgaches… E se … non esta de acordo no proceso q presente os recursos ou alegacions oportunas ao tribunal (do cal nin alcalde nin concelleiros son parte del).
    Non todos os politicos somos iguais. Ao mellor isto e dificil de entender…

    Todo iso dimo o día 1 de xuño, o mesmo día que asina o resultado do procedemento do que di non saber nada, asinado ao día seguinte de terse realizado a devandita proba. En fin… a miña resposta a esta mensaxe non podía ser outra que “no comment”. Que lle vas dicer?

    Anuncio de Contrato de Animador: Unha cacicada en Castrelo de Miño

    Sobre este personaxe nacionalFastista (nacional en minúscula, fascista en maiúscula) xa dixen… e voltarei a dicir. Sobre a man dereita véselle que ten, esquerda non. Censura os comentarios que non lle son favorables nas redes, non admite comentarios no blog do concello (será que iso é a liberdade de expresión para os castromiñenses), retira a palabra aos propios compañeiros de partido que o contradín e están en desacordo que fai. Uff… mira que hai exemplos! Cando iso sucede, os outros compañeiros calan, calan porque saben que abrir a boca lle trae problemas, tal é a súa covardía, noxenta covardía complice. Complicidade que os fai a todos iguais, que os pon a todos a altura do pailán que é Xurxo. Probablemente, nunca foron máis!

Os comentarios están pechados.