in dubio pro operario: cando unha norma reguladora do dereito do traballo -ou unha cláusula contractual- pode ser interpretada de varias formas, haberá de enterderse sempre naquela interpretaciónque resulte máis beneficiosa para os traballadores.
conflicto social: confrontación de intereses entre diferentes individuos ou grupos de persoas a causa dunha situación social dada onde uns (que poden ser poucos, a maioría ou todos) a cren inxusta e enfrentanse e loitan contra o resto para cambiala.
forza: capacidade de algúns individuos, actores políticos ou institucións de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) a causa da ameaza de utilizar (ou da utilización directa de) medidas cohercitivas.
afrimación de feito: sentencia na que se describe un fenómeno que xa ocorreu e que se limita a describilo.
autoridade: calidade que ten unha prsoa ou institución de xerar obedienci, consenso ou asentimento sobre as propostas ou ordes que propón
carisma: atracción non-racional que ten algúns dirixentes respecto dos seus seguidores e que sera entre estes adhesión (a miudo incondicional e irreflexiva) as súas propostas.
Leo na Voz que «as forzas que integran o Goberno bipartito da Xunta valoraron onte con especial crudeza a negativa das deputacións provinciais a acudir ao Parlamento galego para explicar as principais liñas dos seus orzamentos, negativa que se traduciu o pasado venres nun plantón masivo á Cámara, do que só se lamentou onte por [...]
influencia: capacidade de algúns individuos ou actores políticos colectivos de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) por razón da súa proximidade este último ou da consideración que lle ten.
coñecemento reflexivo: Coñecemento que se produce froito dun proceso de análise riguroso e metódico -e a miudo comparado- sobre un feito social.
divisoria: conflicto político de carácter histórico (ou de larga duración) que ten unha orixe nas divisións existentes na sociedade. Este conflicto pode ser, por exemplo, entre as diferentes formas de entender a nacionalidade (galega ou española), o estado (laico ou relixioso) ou o factor de producción preeminente (o capital ou o traballo). En inglés faise [...]
polity Parte da actividade política relativa o marco institucional, é dicir, á organización político-administrativa das distintas unidades do estado (os concellos, as entidades sub e supra estatales e o estado mesmo). Mentras que politics refírese á vertente dinámica da política, polity refírese a vertente estructural.
tradicional: Cualidade que obtén determinadadecisión ou fenómeno que ten como obxectivo facer as cousas tal e como se fixeron sempre, sen innovar nen cambiar de rumbo.
sistema político: Concepto que pretende describir de forma xenérica e sintética o funcionamento da política, observándoa como un círculo cerrado no que os actores sociais xeran demandas e apoios -ou críticas- (imputs) as institucións políticas e estas reaccionan ofrecendo decisións e políticas públicas.
fonte de lexitimdade: orixe do cal proven a lexitimidade. Segundo Weber as tres fontes de lexitimidade do poder son a tradición, a racionalidade, o carisma e, podería engadirse, o rendemento. Ademais, no caso das democracias hai outras fontes de lexitimidade política, como a legalidade e as eleccións.
Leis Jim Crow: Fan alusión a unha canción de 1928 titulada Jump, Jim Crow (Salta, Jim crow) que tiña como protagonista a un mozo de cadras negro. Poucos anos despois, Jim Crow utilizaríase como mote para referirse a calquera xeito de segregación racial: «escola Jim Crow», «tranvía Jim Crow», leis Jim Crow», etc.
politización: Feito polo que un tema previamente circunscrito ó ámbito (e o interese) privado convértese nalgo de interese público e susceptible de ser debatido en termos normativos e regulado polas autoridades.
Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas [...]
A man invisible: Alusión á metáfora utilzada polo filósofo escocés e pioneiro da economía política Adan Smith (1923-1790) no seu tratado de 1776, An Inquiry into the Nature and causes of the Wealth of Nations (traducida ó castelán por José Alonso Ortiz como La riqueza de las Naciones, Edicións Folio, Barcelona, 1997), para referirse a [...]
Robber-barons: Literalmente significa baróns ladróns. Foi aplicado orixinariamente ós baróns xermánicos que durante a Idade Media se adicaron, ilegalmente, a reclamar exorbitantes tributos dos barcos que cruzaban o Rin; este termo empregase tamén peiorativamente nos USA para designar a aqueles homes de negocios e banqueiros que, durante o século XIX, dominaron os seus respectivos sectores [...]
Mid-term elections: Literalmente significa eleccións a metade do mandato. Reciben este nome por celebrarse xustamente unha vez transcurriu a metade do mandato presidencial, isto é, dous anos. Nelas procédese a renovar a composición do Congreso de EEUU -integrado pola Cámara de Representantes e o Senado-, e os órganos de representación parlamentaria dos diferentes estados da [...]
politics: Parte da actividade política relativa ós procesos políticos; por exemplo: loita entre partidos nunhas eleccións, comportamento político individual e colectivo que se encadea dinámicamnte, relacións coas institucións e intento de influir nelas pola parte dos actores colectivos, etc. Polítics refírese a cara dínamica da política. Policy refírese a estructura política:
Favicon.ico é unha imaxe pequena que aparece ó lado da dirección URL nalgúns navegadores (nestes intres, é posible que non vexas o meu favicon si estas utilizando Internet explorer). Normalmente tratase dunha imaxe con extensión .ico. O problema xurde si tes un blog de Blogger, que non permite subir imaxes con esa extensión. O que [...]






