Robber-barons

Robber-barons:

Literalmente significa baróns ladróns. Foi aplicado orixinariamente ós baróns xermánicos que durante a Idade Media se adicaron, ilegalmente, a reclamar exorbitantes tributos dos barcos que cruzaban o Rin; este termo empregase tamén peiorativamente nos USA para designar a aqueles homes de negocios e banqueiros que, durante o século XIX, dominaron os seus respectivos sectores e acumularon grandes fortunas persoais, recorrendo para acadar tal fin, de xeito característico, a prácticas presuntamente ilegais.

.Mid-term elections

Mid-term elections:

Literalmente significa eleccións a metade do mandato. Reciben este nome por celebrarse xustamente unha vez transcurriu a metade do mandato presidencial, isto é, dous anos.

Nelas procédese a renovar a composición do Congreso de EEUU -integrado pola Cámara de Representantes e o Senado-, e os órganos de representación parlamentaria dos diferentes estados da Unión, así como escoller os gobernadores dalgúns destes estados.

Politics

politics:

Parte da actividade política relativa ós procesos políticos; por exemplo: loita entre partidos nunhas eleccións, comportamento político individual e colectivo que se encadea dinámicamnte, relacións coas institucións e intento de influir nelas pola parte dos actores colectivos, etc. Polítics refírese a cara dínamica da política. Policy refírese a estructura política:

FAVICON.ICO

Favicon.ico é unha imaxe pequena que aparece ó lado da dirección URL nalgúns navegadores (nestes intres, é posible que non vexas o meu favicon si estas utilizando Internet explorer). Normalmente tratase dunha imaxe con extensión .ico. O problema xurde si tes un blog de Blogger, que non permite subir imaxes con esa extensión. O que se pode facer nestes casos é subir a imaxe coa extensión .png. É necesario que sexa unha imáxe cadrada e que teña un tamaño de 16X16 bits.

Unha vez subida a blogger copiamos a dirección URL (en blogger a segunda, a min coa primeira non me funcionaba) e colocámola no noso plantel, entre <> e <> co siguiente código:

< rel="shortcut icon" href="http://www.tudominio.com/favicon.ico">

Para máis información podedes visitar favicon.net

BLOG AND ROLL

Google Custom Search Engine


Google está lanzando unha nova ferramenta, Google Custom Search Engine, que dará ó usuário a posibilidade de construir a sua propia máquina de búsqueda en Google. Os sites de noticias e Blogs serán capaces de customizar a máquina de búsqueda cos seus provedores de novas coa posibilidade de compartir os rendementos dunha forma similar a Adsense.

Os usuários de Google Custom Search Engine poderán seleccionar os sites que serán incluídos nas suas pesquisas, definir prioridades de búsqueda e o esencial: customización da páxina de resultados, de xeito que sexa o máis parecida á páxina do usuario.

Para a blogosfera, usar Google Co-op pode ser a mellor opción para construir a sua propia ferramenta de búsqueda, xa que Google Co-op pode ser deseñadp de xeito que un único sitio sexa incluido no resultado da búsqueda. Esta utilidade, xunto con Adsense, puede dar moito rendimento o usuario.

BLOG AND ROLL

Policy

policy:

Parte da actividade política relativa a producción pública (ou regulación da privada), ofrecemento e distribución de bens e servizos pola parte das autoridades. O termo equivalente en galego sería política pública.