Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo. Cando un ano despois [...]
O pasado non dá tregua. “Galicia ten dereito”. Pode afirmarse o dereito dun territorio a vez que nega ese mesmo dereito a outros? “O recurso de inconstitucionalidade é un ataque do Goberno a Galicia”. Pode entenderse como un ataque a Galiza a presentación dun recurso de inconstitucionalidade dunha norma emanada do Parlamento de Galiza e [...]
A teima que ten o Sr. Feijóo e o PP coa fusión das caixas comeza a ser máis que sospeitosa. Din que queren para Galiza unha entidade forte, competitiva, co centro de decisión no país. Como resultado da fusión, esta nova caixa sería a quinta en tamaño, no conxunto do estado, a espera de que [...]
Ó contrario do que fixeron outros. Aínda resoa nos meus oídos o piano, piano co que respondían os responsables do bipartito ó fronte da Xunta de Galiza cando dende sectores afíns se lles metía presión para executar os seus programas (pensaban, tal vez, que tiñan 16 anos por diante. Algúns, de feito, estaban totalmente convencidos [...]
Para anunciar caidas logo de producirse os galegos non temos prezo. Sempre estamos aí á espreita, e zas!, en canto alguén da cos fuciños no chan soltámolo: vas caer! Lendo e escoitando as análises políticas da a impresión de que todo o mundo o vía vir pero, que casualidade, ninguén dixo nada. Porque? É obvio, [...]
Hai medo a debater. Non hai dúbida. Pero sería un erro sinalar a calquera dos candidatos. As campañas electorais están milimétricamente deseñadas por «expertos» asesores e calquer cousa que se sáia do guión preestablecido mete medo. Calquer imprevisto causa pánico entre os asesores. Todo está deseñado para seducir ó votante, non para informalo. Son aqueles [...]
A quen credes que beneficia a abstención? Iso dependerá do partido ó que acostuma a votar quen deixa de facelo, non? Hoxe sae Anxo Quintana en diversos medios decindo que non ir a votar favorece ó PP. Ben, por que credes que o Sr. Quintana di isto? Eu penso que o fai porque considera que [...]
Si hai algún asunto na política polo cal sinto unha disposición natural é a democracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, Democracia e comunicación no BNG e, últimamente, en Estatuto de Galiza, estatuto da nación?- así que tampouco ía deixar pasar a oportudinade de preguntarlle [...]
Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos ós ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen [...]
Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. [...]
Si puidesemos ler as propostas dos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia sen coñecer o nome de quen a fai e o seu partido de pertenza, asegúrovos que nos atoparíamos con serias dificultades para marcar esas propostas cunha determinada cor política. A mensaxe dos partidos maioritarios vai dirixida a totalidade da poboación, sen distinción, [...]
Voltamos a estar en campaña electoral e, como non, voltamos ó discurso do Estatuto de Nación. Eu pregúntome que temos que ver a nación con iso, porque ninguén nos preguntou a nosa opinión, ninguén nos pediu -a cidadanía- que diseñemos a Galiza do futuro. Non hai propostas do pobo, non hai debate entre pobo e, [...]
Ou debería dicir: crise, que crise! Antes non sabían por onde viña e agora que xa chegou, non saben por onde se vai ir. Nin cando. Témola aquí entre nós, seguímola cada día coa mirada e cos oídos, falamos mal dela, moi mal, non nos gusta a ninguén, molestanos que esté aquí, pero ninguén fai [...]
Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden [...]
No rural non sobra ningún vello pero falta xente nova. O desequilibrio xeracional é tal que cada ano aumenta o número de pobos que quedan sen veciño algún. É difícil reter a xente nos pobos cando non se lle pode garantir o mesmo nivel de vida que calquer outra persoa ten nunha cidade: suministros, administracións, [...]
A verdade é que este tema daría para falar toda a campaña pois, dende a Xunta de Galiza, véñense cometendo verdadeiras atrocidades dende tempos inmemoriais -refírome a miña memoria-. Sobre as políticas externalizadoras da Xunta de Galicia tamén falara neste blog con anterioridade e, si entón me preocupaba, porque non planarllo agora ós candidatos? A [...]
Os que queiran ser funcionarios que apuren para participar nas derradeiras convocatorias. Por que digo isto? Acabo de mirar o calendario electoral: ata o ano 2011 non hai máis eleccións, municipais e autonómicas, así que é de esperar que ata entón tampoco se farán máis convocatorias de emprego público, sempre ligadas ós intereses de quen [...]
Sobre a necesidade dunha Universidade Virtual Galega xa falara antes neste blog e, agora, deben ser os candidatos a Presidencia da Xunta de Galicia quen deben respostar se van dar saída ou non a esta demanda. Dende hoxe xa lle chegan as preguntas ós tres candidatos, logo da aceptación de E. Pérez Touriño no día [...]
Si nos pomos a falar de problemas estruturais, novos e vellos, dentro do goberno galego e o fixésemos Consellería a Consellería, a lista sería interminable. O tempo e o espazo son ilimitados… pero non para nós, por iso trato de abreviar ó máximo nas cuestións plantexadas. Ben, a pregunta de hoxe era esta: Existen grandes [...]
Hoxe teño que empezar pedindo desculpas porque o inicio deste estrano debate comentei que a lista de amigos de Anxo Quintana era máis grande que a de Núñez Feijoo. O certo é que esa afirmación non é de todo certa xa que a lista coa que eu comparei, que si que é menor que a [...]
Esta é unha desas expresións que nunca fallan nun programa político. Tódolos políticos queren mostrar o seu lado máis amable nunha campaña e iso non é posible sen ter consideración polos máis desfavorecidos nunha sociedade. A miña percepción é que se fala moito máis de integración social do que realmente os políticos están dispostos a [...]
A corrupción é unha das causas que xeran máis desafectación política no cidadán. Todos somos testigo no día a día desa practica á que ninguen parece quererlle por fin -quen non recorreu algúnha vez a un amigo para que lle sacaran unha multa?, pois iso non é o peor-, pero esta corrupción prodúcese en tódolos [...]
O do debate está complicado, leva razón Robinho, porque o que realmente buscan os políticos nos debates non é confrontar ideas ou presentar proxectos, senón, simplemente aparecer máis tempo en prime time para reforzar a súa hexemonía a vez que reflexar a invisibilidade das forzas minoritarias. O subconsciente, que é moi traizoeiro, fixo que algún [...]
Esta semana abrín unha conta en Facebook. Coñecía esta rede social pero nunca lle fixera moito caso -un xa vai farto de darse de alta nun cento de sitios e ter que memorizar outro cento de contraseñas- ata que o outro día lin un titular na prensa que me impactou, era Nuñez Feijoo, que decía [...]
Hoxe no diario El País aparacía unha nova cun titular deses que merecen ser encadrados para a posteridade: «Feijóo promete liberar Galicia de las «prácticas caciquiles«. En quen primeiro pensei foi no pobre José Luis Baltar, o presidente da Deputación de Ourense. Díxenme: este xa non come as uvas. Sigo lendo… e vexo que fala [...]






