#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

PARA TODOS

Posted on 11 Xaneiro 2009 by xOsse dorrío Posted in Eleccións Galegas 2009, política nacional 6 Comments

Esta foi unha campaña publicitaria con moito éxito no pasado, con ela Coca-Cola quería achegar o seu produto a toda clase de persoas; pero ben podería ser o anuncio da nova campaña do BNG. Non hai máis que botarlle unha ollada os titulares dos xornais de hoxe:

  • Quintana pide o apoio de todos os galegos [GZNación]
  • O Bloque deseña unha campaña en positivo para ata os que falan español [Galicia Hoxe]
  • Quintana pide o voto galegista [Xornal]
  • O BNG diríxese a todos os cidadáns ‘os que falan galego e aos que falan castelán [Vieiros]
  • O BNG preséntase como ‘alternativa transformadora social’ [A Nosa Terra]. Tamén para os non nacionalistas.

A campaña do BNG podería decir así: Para os de aquí, para os de fora: para os que falan galego, para os que falan castelán; para os que están no paro, para os que traballan; para os empresarios, para os autónomos, para os funcionarios; para os de esquerdas, para os de dereitas, para os de centro; para os novos, para os vellos; para os dependentes, para os independentes; para os independentistas, para os imperialistas; para os ecoloxistas, para os que contaminan; para os do campo, para os urbanitas; para os nacionalistas, para os galeguistas; para os que calan, para os que non se calan; para os que veñen, para os que van, para os galegos; para os sumisos, para os que protestan; para os caciques, para os honestos; para os que nós cren moito, para os que nós cren pouco, para os que non nós cren;… para todos.

Son as vantaxes da perda identitaria dun partido, vantaxes que permiten ó partido dirixir a súa mensaxe a toda unha poboación sen discriminar a ninguén, como se dun produto calquera se tratase. Sen dúbida é moito máis doado de facer isto que tentar, dende a razón, influir e convencer a sociedade dos beneficios que xera para unha rexión un enfoque nacionalista da política; éste é un traballo moito máis complexo, laborioso e duradeiro; pero claro, logo de tantos fracasos, un tras outro, á actual dirección do BNG estánselle acabando as oportunidades e entráronlle as presas -coma ós malos estudantes- para salvar o seu pelexo e, para conseguilo, recurre a busca de apoios fora do nacionalismo. Eu teño as miñas dúbidas que todos esos apoios/votos sexan suficientes para compensar aqueles apoios/votos que se perdan dende o entorno nacionalista que, agora percibe, máis que nunca, a perda de referencias nacionalistas dentro do BNG. Fagan o favor e deixen saír antes de deixar entrar!

A Nosa Terra BNG
« A Crise Financeira Global.
Deus non existe »

6 thoughts on “PARA TODOS”

  1. rosa enriquez says:
    11 Xaneiro 2009 at 16:24

    Canta razón levas! Non se pode compracer a todos e tan dispares. O discurso nacionalista vaise desvirtuando. Que nos queda? O 10%?
    Parece que no canto de ideas ou proxectos políticos estivésemos nuns grandes almacenes con rebaixas.
    Unha aperta.

  2. Robinho says:
    11 Xaneiro 2009 at 18:38

    Campaña en positivo para os que falan español…positivo? positivo en opiaceos de quen deseñou tal campaña!

    Como din os vellos, quen moito abarca pouco aperta…

    Isto demostra que o afán por conseguir cota de poder non ten límite nin na ideoloxía nin nos principios defendidos ate o de agora. Demostra que namentras por un lado se dan mostras de compromiso co país, coa língua, coa clase traballadora, máis un longo etcétera, polo outro estamos dispostos ao que sexa con tal de escalar postos neste sistema vergonzoso ao que chaman “proceso democrático”.

    Eu nestes días síntome do máis excéptico que me encontrei nunca no referente ao futuro que se lle albisca ao nacionalismo galego.

  3. xOsse dorrío says:
    12 Xaneiro 2009 at 09:22

    O BNG pretende trasladar unha imaxe de partido aberto, dialogante e comprometido con toda a sociedade galega o mesmo tempo que se mostra sectario, autoritario e despreocupado polos seus propios membros de partido.

    Non é unha actitude coherente e, moito menos, creible.

  4. Declaración do Encontro Irmandiño says:
    12 Xaneiro 2009 at 09:27

    O noso voto NON ao programa e ás candidaturas, é un voto SI ao BNG do “proxecto común”, que tanto proclamábamos ate hai ben pouco.

    “Ante a proposta de listas que se trae a este Consello Nacional, os membros do mesmo elixidos pola lista do Encontro Irmandiño na Asemblea Nacional de 2006, manifestamos o que segue:

    Consideramos que as listas para as Autonómicas do 1 de Marzo non contemplan na súa composición a pluralidade existente no BNG, de feito na práctica todos aqueles que integramos ou apoiamos listas distintas á “oficial” non contaremos con presenza no futuro grupo parlamentar e, lembremos, somos perto do 40% da militancia activa participante na citada derradeira asemblea.

    Estas listas insisten e reforzan pola súa ordenación -e os previsíbeis corrementos por nomeamentos para cargos gobernamentais- o predominio en máis dun 50% dun partido que representa escasamente o 10% da militancia do BNG e a exclusión de moitas das maneiras de ver o nacionalismo que integran aínda hoxe a nosa organización, a casa común que foi durante moito tempo o Bloque.

    Esta escora é resultado do reforzo do carácter partidista e burocrático na toma de decisións no BNG máis propio dun partido clásico que dunha fronte plural na que debe imperar o entendemento, o consenso e o respecto de todo aquelo que suma. Se isto fose só unha batalla máis polo control sería grave, que iso se faga no momento no que o nacionalismo ten que revalidar o seu apoio electoral popular tras a súa primeira experiencia de goberno galego e que require o meirande esforzo de todos, é dunha cativeza de miras especialmente preocupante.

    O noso voto NON a estas listas é un voto SI ao BNG como saíu concibido na súa asemblea fundacional, ao BNG do “proxecto común” que tanto proclamábamos ate hai ben pouco.

    O Encontro Irmandiño tampouco puido dar o seu apoio a o programa electoral que persiste e acentúa a deriva de renuncia a defender transformacións esenciais para a cidadanía galega; a defensa da soberanía alimentar, o apoio ao sector agro-gandeiro sobre da base da explotación familiar, a creación dunha banca pública galega ou o compromiso de retirada do Plano Acuícola, son exemplos das emendas presentadas polo Encontro e que foron rexeitadas na súa totalidade.

  5. Raíz Verde says:
    13 Xaneiro 2009 at 00:05

    Por os principios por debaixo dos votos ou da supervivencia no poder é unha xogada que pode saírlle carisima os dirixentes actuais do BNG. Pode sair carisima xa non a curto prazo sómente con esto das eleccións, senón que converteron o BNG nun partido político típico e tópico e para eso tiveron que cercenar a enorme base crítica que tiña a organización. O proceso iniciado por quintana e cia. é hoxe imparable e os críticos xa pouco van ter que rascar daqui endiante dentro do BNG. O futuro que lles agarda é fora do Bloque.

    En canto ao caso palestino que comentabamos penso que nunca debemos renunciar a capacidade que temos como colectivo para presionar contra os que se erixen no poder, porque eso é o que eles queren: que nos aillemos individualmente e renunciemos a exercer o noso control sobre eles, a nosa forza. Queren ser eles os que controlen a masa e non o revés.

  6. Pingback: *mOendo do Revés » Crise e transformación dos partidos políticos

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xaneiro 2009
M T W T F S S
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
« Dec   Feb »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés