#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Deus non existe

Posted on 13 Xaneiro 2009 by xOsse dorrío Posted in actualidade 6 Comments
Onte arrincou en Barcelona a campaña posta en marcha pola Unión de Ateos e Librepensadores (UAL) co Bus Ateo circulando pola cidade condal coa mensaxe “Probablemente deus non existe, deixa de preocuparte e disfruta da vida”.

Esta iniciativa, que xa foi un éxito en Londres, conseguindo que a BBC adicase un espazo na súa programación ós ateos, do mesmo xeito que se fai con calquera outra relixión -aquí so ten cabida a relixión católica-, segundo informa dende a súa trincheira incendiaria Manuel Rico, que provocou as reaccións da igrexa -e moitos creintes– incluso antes de porse en marcha, saca a rúa un debate sobre o tema, ainda tabú, na nosa sociedade. De feito para contrarrestar a campaña da UAL o movemento E-cristians quere por en marcha outra para defender a existencia de deus polo mesmo medio, pero cun autobús máis -a máis autobuses máis credibilidade- e para iso pide cartos dende o seu espazo virtual. Non sería mellor esperar a que deus provea? Xente de pouca fe!


Para os que non o teñan moi claro sempre poden coller pola vía do medio. A min a que máis me gustou foi a proposta de Xosé Lois, o Carrabouxo, do día 18 de xaneiro de 2008: Igual deus non existe, vive coma deus.

« PARA TODOS
Queren facer da terra mar »

6 thoughts on “Deus non existe”

  1. Robinho says:
    13 Xaneiro 2009 at 14:24

    Deus proveerá si, que llo digan en Africa.

    Canto dano teñen feito todalas relixións no munco…

  2. An says:
    14 Xaneiro 2009 at 16:01

    jejjejejeje, aqui a igrexa tenche poder de máis…que paguen a facenda, que deixen de ter caertos do estado e que deixen de esplotar os parroquianos…non din que toda igrexa e territorio baticano’ de feito por elo pagan o imposto baticano a roma todas as diocesis…pois que o baticano dea os cartos para arranxalas…Non son ateo, creo que pode haber un deus…prefiro ser agnostico, nin swi nin non…pero en quen si non creo e na igrexa catolica. Saúdos e apertas

  3. Raíz Verde says:
    14 Xaneiro 2009 at 20:15

    será que lle sobran os cartos a uns e outros para meterse en leas estúpidas. Senón existe deus para que perder o tempo publicitando esa verdade esteril? se deus existe vicersa! A cuestión é facer ruido e publicidade q xa o conseguiron. Detras de todo isto sempre está a política.

  4. xOsse says:
    14 Xaneiro 2009 at 22:51

    Deus non debe prover moito, non coñezo a ningún cura -tampouco é que coñeza a moitos- que non esté sempre pedindo cartos. Pero non é unha característica da relixión Católica, todas as relixóns piden cartos, relixións e sectas predican o mesmo, piden o mesmo: desprenderse do material para alcanzar o espititual (o material claro, recóllenno eles).

    En calquer caso, sego pensando que é bo que o debate está na rúa, primeiro, porque as persoas ateas, agnósticas e librepensadores nunca foron recoñecidos como colectivo, e son -mellor dito, somos- un colectivo moi importante que debe ter os mesmos dereitos e recoñecemento que calquera creinte; segundo, porque falando do tema, aprendemos os uns dos outros e, posiblemente, acabemos tendo unha visión máis certa do mundo que nos rodea e de nós mesmos.

  5. Silvia Bermúdez Pérez says:
    14 Xaneiro 2009 at 23:30

    Agora si.

    Como “moi acertadamente” comentou un cura un día, ante a miña defensa nun debate radiofónico do matrimonio homosexual

    “Hija mía que perdida estás”

  6. arrincadeira says:
    15 Xaneiro 2009 at 12:00

    Ola! moitas gracias por visitarnos e por ternos agregado, siguenos visitando!!

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xaneiro 2009
M T W T F S S
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
« Dec   Feb »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés