Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal [...]
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José [...]
Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a [...]
Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza. Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha [...]
Co remate da precampaña advertía dos erros que estaban cometendo as forzas do goberno para reeditar o bipartito. Hoxe lendo a Anxo Guerreiro en El País decátome que son moitos os que perciben a pobreza política desta campaña electoral. O artigo merece ser lido na súa integridade pero deixo aquí uns párrafos para ‘abrir boca’: [...]
As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasan pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,… Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga [...]
Primeiro foi Anxo Quintana e onte E. Pérez Touriño quen afirmou que absterse significa apoiar ó PP. Semellantes afirmacións só poden realizarse dende a perspectiva do político que pensa que o votante é un ser estupido. Quen decide non votar faino para non beneficiar a ninguén e, de feito, e a mellor forma de que [...]
Moito lle gusta ó Sr. Suarez Canal falar de política de transparencia. Mente. Non se pode falar de transparencia nunha empresa como SEAGA na que non todas as categorías saen a concurso público: por primeira vez en tres anos aparece a categoría de oficial administrativo e auxiliar administrativo na páxina web, logo, quen ocupou eses [...]
A derradeira semana de precampaña non resultou moi alentadora; foi unha semana na que PSOE e BNG comezaron a chamar a participación, algo que é habitual facer os últimos días de campaña. Temen unha baixa participación, logo algo temen. Algúns xa nos meten medo con que ven o lobo (PP)… pobre de nós! Carapuchiñas… Tamén [...]
Acabo de recibir unha mensaxe SMS que parecía chegar do mesmo inferno (tiña tantos «seises» -todos- que pensei que o diaño en persoa se dirixía min…). Confeso que dubidei en abrila ou borrala directamente… pero puídome a tentación. A mensaxe era do entorno nacionalista e chamábame a boicoter o diario «La Voz de Galicia» polos [...]
Un contador de historias colgou no seu blog este documental, Quilombo electoral, no que se mostra como se xestiona o fraude electoral nos comicios galegos dende o exterior. Compre velo para creelo… pero é así.
Hai medo a debater. Non hai dúbida. Pero sería un erro sinalar a calquera dos candidatos. As campañas electorais están milimétricamente deseñadas por «expertos» asesores e calquer cousa que se sáia do guión preestablecido mete medo. Calquer imprevisto causa pánico entre os asesores. Todo está deseñado para seducir ó votante, non para informalo. Son aqueles [...]
A quen credes que beneficia a abstención? Iso dependerá do partido ó que acostuma a votar quen deixa de facelo, non? Hoxe sae Anxo Quintana en diversos medios decindo que non ir a votar favorece ó PP. Ben, por que credes que o Sr. Quintana di isto? Eu penso que o fai porque considera que [...]
O pasado mes de agosto xa denunciara, na Consellería de Medio Rural, a incontinencia caciquil do Delegado de Medio Rural de Ourense, Xosé Rodríguez Cid, denuncia da que, por certo, sigo esperando resposta… O silencio do Conselleiro deixa máis que de manifesto a súa complicidade. Hoxe La Voz de Galicia fala dos enchufados por este [...]
Si hai algún asunto na política polo cal sinto unha disposición natural é a democracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, Democracia e comunicación no BNG e, últimamente, en Estatuto de Galiza, estatuto da nación?- así que tampouco ía deixar pasar a oportudinade de preguntarlle [...]
Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos ós ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen [...]
Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. [...]
Nunhas eleccións, e nas galegas non ía ser menos, tódolos partidos viven pendentes das enquisas e as estatísticas. As enquisas, ó tratarse dun estudio representativo da sociedade, poden estar suxeitas a erros, pois non se publican crúas, senón cociñados en laboratorios, aplicando diferentes fórmulas correctoras (a proba do xis cuadrado, a corrección de Yates, corrección [...]
Si puidesemos ler as propostas dos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia sen coñecer o nome de quen a fai e o seu partido de pertenza, asegúrovos que nos atoparíamos con serias dificultades para marcar esas propostas cunha determinada cor política. A mensaxe dos partidos maioritarios vai dirixida a totalidade da poboación, sen distinción, [...]
No boletín de Xaneiro da CIG aparece un artigo que, a bo seguro, resultará de interese para os lectores deste blog (vaían por diante as miñas desculpas polo «secuestro»). O seu título é o mesmo que lle dei este post: «Ao Quintanismo crécenlle os enanos. Como pola dereita españolista se chega ao nacionalismo» Cando o [...]






