Artigo publicado en MundoGaliza, actualizado. O verdor das montañas do Xurés reflicte sobre as transparentes augas do Río Limia, escintilando raiolas entre a follaxe, dende o ollar caladiño dun dos cristais lixeiros da habitación da casa vella. Ao abrir a ventá entra o arrecendo salvaxe e doce da drupa madura e escura do acereiro que [...]
Ferventía? Non… fervenciña, pois é apenas un chorriño de auga todo gume, que arruallo escorrega do pilón rebuldado ao abrebadeiro traseiro, esvarando, confundíndose entre minúsculas unidades de vida, herdeiras lexítimas das ancestrais cianobacterias que converteron o planeta este, que chamamos terra, en habitable terronciño. Arrombando liques e musgos discorre domeada polo cano artificial [...]
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen [...]
Fai máis de catro décadas que Susán George (Ohaio, 1934) avoga por outro mundo, tan globalizado como o actual, pero máis solidario é sostible. Fundadora é presidenta de honor da organización altermundista ATTAC, sostén que aínda non vimos o peor da crise. “A desfeita actual é a antesala dun fenómeno máis grave”, asegura George, extremadamente [...]
Comezou o “III Encontro Internacional de Emprendedores: Eduardo Barreiros” coa conferencia “Programas e liñas de axuda para emprendedores do MITYC” a cargo de Antonio Fernández Ecker, un tema que que ao empresariado, en palabras de Agustín Fernández, Concelleiro de Economía, Facenda e Promoción do Emprego, “chirría” un pouco. Isto sucede porque son tantas as liñas [...]
Evo Morales dixo fai un tempo que “as ONG usan aos pobres para vivir ben”. Esta afirmación non é de todo certa, ao revés, as ONG’s realizan unha importante labor humanitaria tanto a nivel planetario como local, sen embargo, moitas veces, as excepcións non fan máis que confirmar aquela regra. Vexamos as previsións das contas [...]
Un agricultor de A Limia (sic) Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos [...]
Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza. Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha [...]
Pero, non se creou unha lei para protexer a paisaxe? Non existe outra lei para protexer a costa? Para que serve a lexislación protectora do patrimonio histórico e etnolóxico? Toda esta lexislación serve soamente para atacar o particular? ou para algo máis? Logo chegará unha gran empresa, coma sempre, cun proxecto destructor da paisaxe e [...]
Non chegaría un vídeo que durase dende a gran explosión ata a eternidade para recoller oódalas imaxes belas do universo, pero velaquí, en tres minutos e sete segundos, algunhas das maravillas do noso planeta.
A primeira actuación executada polo grupo local do BNG en Xunqueira de Ambía foi frear a devastación do Monte da Farria, un monte catalogado no PXOM de Xunqueira de Ambía cun Nivel A e catalogado cunha Protección Especial Paisaxistica. Estaba sendo explotado por duas empresas graniteiras (Farriense de Granitos e EXELCO) ante a desidia -nalgúns [...]
Acabo de ler un artigo no diario «EL PAIS» no que a superministra Espinosa -así á calificaba o superconselleiro Patxi- se desprendía da sua pelica e amosaba a loba que leba dentro ó referirse os socios de Goberno dos socialistas na Xunta de Galicia. Seica para a superministra somos un lastre, unha atadura da que [...]
As denuncias públicas, feitas soamente a través dos medios de comunicación, acostuman a desavacecerse co paso do tempo. Podes denunciar calquer cousa nun xornal e a persoa denunciada quitaslle as cores por un día, pero esta cala, non entra o tapo e deixa que polémica pase. Nuns meses, tal vez nuns días, ninguén se acordará [...]
A estas alturas xa ningúen pode negar que as canteiras de Xunqueira de Ambía están nunha situación ilegal xa que ademais de non contar con ningún dos permisos necesarios para realizar a actividade extractiva, están situados nun monte de especial protección paisaxística. Moitos dos que hoxe gobernan o noso Concello, e tamén algúns da oposición [...]
A acusación pública decidiu emprender accións legais contra a empresa Farriense de Granitos por estar en actividade sen licenza. A compañía pertence a empresarios da zona vinculados co PPdeG, que tamén goberna neste municipio… Segue a ler en VIEIROS. Tamén se pode ver a noticia en ELPAIS.ES (fonte orixinal) e na galega: O peche das [...]
Con máis demora ca que nós houbese gustado ó fin a Xunta de Galiza, a través da Consellería de Innovación e Industria e a Consellería de Medio Ambiente puxeron freo a explotación indiscriminada e sen autorización do Monte da Farria. Paralizada esta desfeita agora achégase o momento de pedir responsabilidades políticas as autoridades locais e, [...]
Si a calquer veciño de Xunqueira de Ambía lle preguntas pola canteira do Alcalde, enseguida che sinalan o Monte da Farria. Dende fai un par de anos estase a cometer neste monte un dos maiores atentados ecolóxicos da historia da nosa provincia, ante o silencio de veciños e a connivencia das autoridades do lugar. O [...]
Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas [...]






