Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo. O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; [...]
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen [...]
Fai máis de tres anos redactaba unha denuncia pola explotación indiscriminada que estaba sufrindo o Monte da Farria (Xunqueira de Ambía), un Monte ao que o propio Concello lle deu a protección A dentro do Catálogo de Bens Naturais e Paisaxísticos. Fai unhas semanas, logo de que pasaran anos dende as derradeiras novas sobre este [...]
Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal [...]
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José [...]
Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a [...]
Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza. Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha [...]
… e xa van 29. Esta semana, o pásado martes día 27 de maio, cumpliuse un ano das eleccións municipais nas que o actual grupo de goberno revalidou a sua maioría absoluta, iso si, cunha importante merma en número de votos e concelleiros. Si collemos o seu programa electoral podemos ver o seu grado de [...]
Poucos poden pensar cando ven pasar o Sr. José Luis Gavilanes Losada nuns dos seus cochazos de luxo, co seu traxe de Carolina Herrera e as gafas de sol nun día nublado que quen conduce é un ser miserento. Como o ía ser rodeado de tantos luxos? A sua miseria radica non na escaseza de [...]
As denuncias públicas, feitas soamente a través dos medios de comunicación, acostuman a desavacecerse co paso do tempo. Podes denunciar calquer cousa nun xornal e a persoa denunciada quitaslle as cores por un día, pero esta cala, non entra o tapo e deixa que polémica pase. Nuns meses, tal vez nuns días, ninguén se acordará [...]
fai clic para agrandar Na imaxe que podedes ver mais arriba pódese observar o muro que cercaba a ‘leira do bosque’ en Xunqueira de Ambía. Este muro que se mantivo en pe centos de anos formaba parte do noso patrimonio histórico-artístico e, como tal, estaba protexido. O Alcalde do noso Concello, o Sr. José Luis [...]
O pasado día 4 de xaneiro a Voz de Galicia públicaba unha nova moi interesante, rescatada hoxe grazas a chuza!: Portugal, Ourense e León únense para recuperar toda a Vía Nova. Un grupo de concellos iniciaron a posta en valor da Vía Nova como un todo, no seu percorrido entre Braga e Astorga. Este proxecto [...]
A acusación pública decidiu emprender accións legais contra a empresa Farriense de Granitos por estar en actividade sen licenza. A compañía pertence a empresarios da zona vinculados co PPdeG, que tamén goberna neste municipio… Segue a ler en VIEIROS. Tamén se pode ver a noticia en ELPAIS.ES (fonte orixinal) e na galega: O peche das [...]
Con máis demora ca que nós houbese gustado ó fin a Xunta de Galiza, a través da Consellería de Innovación e Industria e a Consellería de Medio Ambiente puxeron freo a explotación indiscriminada e sen autorización do Monte da Farria. Paralizada esta desfeita agora achégase o momento de pedir responsabilidades políticas as autoridades locais e, [...]
A xornada electoral nun concello do interior de Galiza empeza un día antes, polo menos para os membros do PP. A xornada pra les empeza xa o día previo, reunindo a primeiras horas da tarde a tódolos caciques do concello, uns 50 mais ou menos, para repartir as tarefas da xornada electoral –interventores, apoderados-acarreadores, máis [...]
Si a calquer veciño de Xunqueira de Ambía lle preguntas pola canteira do Alcalde, enseguida che sinalan o Monte da Farria. Dende fai un par de anos estase a cometer neste monte un dos maiores atentados ecolóxicos da historia da nosa provincia, ante o silencio de veciños e a connivencia das autoridades do lugar. O [...]
Non hai ben mais prezado que vivir en liberdade, nun PAÍS libre onde o voto sexa verdadeiramente libre, secreto e voluntario. Para acadar esa liberdade non podemos permitir a interferencia de quen vai buscar os votantes ata a súa casa, meténdolle o voto na man e acompañando ata a urna. O 27 de MAIO NON [...]
Esta longa fin de semana estivemos de campaña polos pobos de Xunqueira de Ambía, pateando pobos arriba e abaixo, falando con todo aquel que nos encontramos e repondo carteis arrincados polos caciques de sempre. Encontrámonos con moitas persoas contrariadas coa labor do alcalde, con persoas que realmente teñen ganas de darlle un cambio a súa [...]
Cando me metín en todo isto sabía perfectamente onde me metía, por iso non me sorprende comprobar que todo aquilo que oía era realmente certo. Dende que formo parte da candidatura do BNG por Xunqueira de Ambía decateime de que moita xente me evita, coma si tivese piollos… O mesmo lle sucede os demais membros [...]
Para os seus lacaíos resultará enternecedor ver como o seu Alcalde lle pide o voto para construilo futuro de Xunqueira de Ambía. Quen pide ese voto de futuro os paisanos do noso Concello é un Alcalde que leva gobernando aquí dende fai 28 anos. Foron 28 anos de cacicadas, de tropelías e de persecucións. Foron [...]






