fai clic para agrandar
Na imaxe que podedes ver mais arriba pódese observar o muro que cercaba a ‘leira do bosque’ en Xunqueira de Ambía. Este muro que se mantivo en pe centos de anos formaba parte do noso patrimonio histórico-artístico e, como tal, estaba protexido. O Alcalde do noso Concello, o Sr. José Luis Gavilanes Losada acaba de tiralo, sen mais, sen consultar con ninguén, sen polo en coñecemento de patrimonio e imaxino que nin tan siquera co visto bo dos propietarios da finca. Aconséllolles ver o que o Código penal di sobre os delitos contra o patrimonio histórico.
Fai tempo que o Sr. Gavilanes quere construir en Xunqueira. Tódolos alcaldes do PP teñen a mesma obsesión enfermiza. Está desesperado por facer vivendas -mentres os edificios históricos da vila se atopan en ruina-, o primeiro intento foi o de facer vivendas no vello cuartel da Garda Civil -foto superior-, que era propiedade dos comuneiros e que, sen embargo, acabou pagando por él -con cartos do Concello, prestados, por suposto, xa que non queda un can nas súas arcas- ao Ministerio do Interior -outro despropósito-. Antes de entrar nunha loita cos comuneiros, perdida de antemán, viuse na obriga de ceder ese edificio e os seus terreos ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e do Benestar ante a persistencia do Grupo Local do BNG de Xunqueira de Ambía. Así, grazas ao BNG teremos en Xunqueira de Ambía non so unha Galescola senón tamén un Centro e Día.
Agora tocoulle o turno a ‘leira do bosque’ e esa é a razón pola que comenzaron por tirar o muro -algúns pensaban que se trataba de ampliar a estrada ou de facer veirarúas, pois non!-. Segundo un dos concelleiros do PP no Concello pretenden facer nesta finca mais de 20 vivendas residenciais. Este motivo engade un claro agravante a acción do Sr. Gavilanes xa que implica que o derrubamento do muro foi feito con premeditación. En ningún caso pode alegar o Sr. Gavilanes que o muro se estaba caendo -e moito menos que se caera- para decir que supoñía un perigo para os viandantes, declaralo en ruina -sen seguilo proceso de declaración de ruina- e finalmente tiralo. A única razón para que o muro non esté hoxe no seu sitio é a de construir vivendas.
Está acostumado este home a facer na vila o que lle ven en gana dende fai case 30 anos. Nunca antes ninguén lle dixera nada. Asentir as suas decisións e pretensións era costume. Agora o BNG, como xa fisera no caso das súas canteiras, vaille parar os pes a cada un dos caprichos deste depredador, caprichos que, por certo, sempre está vencellados cos seus intereses económicos. É por iso que non imos permitir que se constrúa nese eido porque vai en contra do proxecto de Vila que ten o BNG e en contra tamén do propio planeamento urbanístico, que ten a esa parcela catalogada como Zona Libre (ZL16) -ver imaxe mais abaixo- o que a inclue dentro da rede de espazos públicos do Concello. A proposta do BNG é utilizar esta finca para a creación dun auditorio ó aire libre para a celebración de concertos e festivais de verán así como para o espallamento dos nosos veciños e o recreo dos nenos.