Tíñamos en Galiza un bilingüismo armónico -así o definían algúns- cun claro avance do castelán sobre o galego xa que o uso do galego íase acurtando paulatinamente, sobre todo, pola falta de referentes do galego nos medios de comunicación, onde temos unha canle en galego frente a ducias en castelán, esquema que se repite na prensa escrita, na radio e, como non, en internet. Foi necesario un cambio de goberno para que nos désemos conta da situación tan desfavorable que ten o galego, se empezasen a adoptar medidas para socorrer a nosa lingua i é entón cando aparacen na escena os de Galicia Bilingüe. ¿Onde estaban estes durantes as derradeiras décadas? ¿Onde estaban durante a dictadura de Franco?. Onde ían estar: estes que agora nos ven coa leria do bilingüismo eran entón os opresores, os que nos prohibían falar catalán, euskaldún ou galego. Estes que se agochan baixo o lema de Galicia Bilingüe -que non son outros que os do PP- o único que perseguen é erradicar a nosa identidade nacional facendo desaparecer definitivamente a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa historia, as nosas costumes, o noso arraigo a ésta terra,… entendendo terra en toda a sua folgura.
O que non entenden é que nunca,
NUNCA MAIS, lles permitiremos que nos tapen a boca, nos cerren os ollos ou nos taponen os oídos.
NUNCA MAIS !!
Actualización do 28 de febreiro de 2008 :
Como puidestes ver no debate de onte na TVG o BNG non se esquece da movilización cidadá e cívica de NUNCA MAIS. Anxo Quintana achacou o cambio da política do Estado en relación con Galiza e as infraestructuras do noso país a aquel alzamento popular, a presenza de milleiros de galegos invadindo as rúas de Madrid. ¿Hai motivos agora mesmo para repetirse un suación así? Persoalmente penso que non, existen casos aillados que danan a nosa paisaxe como os proxectos de construcción de macropiscifactorías na costa -creo que so un, pois o de Pescanova xa foi rexeitado-, canteiras ilegais, invasión de aeroxeradores nos nosos montes -antes eran as centrais e minicentrais, as que afortunadamente se lles puxo freo- a construcción de vivendas na costa -todo elo protexido recentemene pola Lei do litoral e a Lei da Biodiversidade-, etc., etc. Situacións todas elas denunciables e, por suposto, perseguibles no ámbito da xustiza, como así o fixemos en Xunqueira de Ambía coas canteiras do Monte da Farria, facendo o mínimo de ruído posible, e actuando con todos os instrumentos existentes nun Estado de Dereito.
Non sei como non che cae a cara de vergoña por poñer NUNCA MÁIS ao final deste texto… agora xa non é o lema, o lema é GALIZA NON SE VENDE, goberne quen goberne, incluido o BNG.
¿O lema de que? ¿De quen?
NUNCA MAIS significa soamente iso, sen mais, NUNCA MAIS. Entendo perfectamente o medo, espanto e incluso pesadelos que en moitos polícos provoca, sobre todo os do PP. En canto a plataforma GALIZA NON SE VENDE xa me dirás ti a que ven… que terá que ver o touciño coa velocidade.
Iso si, con plataforma ou sen ela, sempre defenderei que o noso patrimonio artístico, histórico, cultural e medioambental non está en venda e así o defendo constantemene dende sei o que fixestes nas últimas municipais.
Sobre os intereses polícos que se agochan detrás de GALIZA NON SE VENDE prefiro non opinar… de momento… pero fareino.
Mira machiño, teño que darche a razón nunha cousa: ao PP pítanlle os ouvidos cando escoita falar de NUNCA MÁIS, despois do que pasou e de como a cagharon… onde non hai non se pode pedir.
Eu estiven limpando piche na praia e estiven con xente do BNG e do PSOE(menos) en manifestacións. Bravo por eles! E xustamente o argumento que esgrimían os que gobernaban entón, os do PP, era que a plataforma estaba politizada. Moito se aprende en dous anos e pico!
Agora a quen lle pitan os ouvidos son aos do BNG e aos do PSOE e non dubidan en dicir que GNV está politizada. É que non se dan conta de que está formada por colectivos veciñais de todo o país, máis de 80. Xente que se sinte traizoada na meirande parte por aqueles que no seu día estiveron ao carón súa pola defensa do territorio e agora pasan deles. Como dixo Mabel Rivera: “quedámonos sen oposición”. Por certo, a seu marido largárono os do PP da Telegaita pola súa actitude revolucionaria contra eles. Quen o ía a dicir, agora serán amigos íntimos, ou non?
Se hai outra cousa que aprendeu o bipartido do antigo goberno de Fraga é a tapalas bocas, a ter estómagos agradecidos, a crear unha auténtica rede de clientes. E nesas, unha morea de conflitos en contra da nosa terra digna que se espallan coma unha praga son silenciados ou manipulados nos medios de comunicación. Unhos medios que, se te fixas un pouco, só un pouco, adoitan a ter publicidade institucional a man chea. Amigiños sí, pero a vaca polo que vale.
Veña, espero que non che piten os ouvidos que aínda queda campaña por diante!
ACTUALIZACIÓN:
Moi oportuna a actualización, reafirma aínda máis a tese de que antes lle interesaba porse detrás dunha pancarta, agora, como di Francisco Rodríguez hai unha “falta de lealdade dos ecoloxistas afíns ao BNG”.
Se se lle pode chamar casos aillados a máis de 80 colectivos, con máis de 80 conflitos de asoballamento e cunha manifestación de 10000 persoas en Compostela, xa me dirás! A quen lle tapan a boca, logo! Será aos que se manifestaron o outro día contra o Touriño en Ribadavia? Un grupo de vellos rodeados por antidisturbios da Garda Civil armados ata os dentes.
Cito algunhas causas de asoballamento do territorio, da nosa terra fértil: urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… Todas teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto.
Veña, a seguir vendendo o país e a presumir delo como fai o Sr, Quin. Seica vendeu Galiza a ZP, pero non o fixo barato. Mi madriña.
Ti mesmo o dis: 80 colectivos e cada cal co seu conflicto. A defensa da do nos medio natural non se fai so na rúa -que tamén- senón nos xuzgados. Ahí é onde realmente lles doe tanto aos políticos como as empresas involucradas.
O que si me da pena é que detrás de todo isto hai unha corrente nacionalista que se está a preocupar mais por alcanzar amplas cotas de poder dentro do seu partido que por arrimalo hombro nestas eleccións. Da a sensación que queren que o seu partido perda votos… que pena. Pero mais pena me dan aqueles que, se dárense conta lles seguen a “corrente”. En fin…
80 COLECTIVOS X 4000 ASINANTES DOS MANIFESTOS (DE MEDIA, ALGÚNS TEÑEN MÁIS)= 320.000 VOTANTES DA COR QUE SEXA, É PARA PARARSE A ESCOITALOS.
Entre os asinantes do manifesto estou EU. Asinar ese manifesto non significa, para nada, estar dacordo cas formas de GNSV, tan so co fondo, co propio manifesto. É iso o que se asina.
Creo que calquer persoa que teña dous dedos de frente estará dacordo co manifesto. Iso si, as formas adoptadas, moi semellantes a certa corrente política, estánlle facendo moito dano a propia iniciativa.
EU, agora mesmo, arrepíntome de habelo asinado, porque non permito que se utilice a miña sinatura do xeito que se está facendo… e comoa min… MOITOS!
Volta vostede ao principio… son os do PP, son os do PP, son os do PP!. Nin PP nin lerias! Non é un movemento político, éo social.
Sabe, o peor é que cando o gobernou o PP iamos de cú e agora non vexo que a cousa colla outro camiño. Vale, labamos a faciana, preocupámosnos de sair guapos nas fotos, poñemos traxes caros, depilamos as cexas, trocamos a imaxe nunha palabra. Pero os modos seguen a ser os mesmos: se propestas tapámosche a boca. Mire senón vostede cantas novas saen nos medios de comunicación referentes a estes conflitos, mire, mire. Se aperecen é de xeito anedótico ou despectivo coma o caso do folletín La Región.
Cousas da vida, dixo un gran ilustre. As súas viñetas poderían ben valer agora para ilustrala situación.
PD: ao final, o partido máis perxudicado vai a selo BNG, esto vaille a pasar factura nas furnas. Xa verá. E todo por baixala orella á camarilla do Touriño, porque aínda por riba os marróns maiores son de consellerias propiedade da rosa e o puño (Deus, como se devaluaron os símbolos!).
Eu non dixen tal, e mais, nego aquí que sexan os do PP -porque as suas empresas son as que están detrás de tódolos movementos especulativos- e tamén que sexan os do PSOE -que son quen gobernan na meirande parte das consellerías, entre elas a de medio ambiente-. Lembraque non falo de partidos, senón de correntes. Correntes ideolóxicas sempre as houbo no BNG -non en outras forzas- e agora, mais que ideolóxicas, hai unhas novas correntes, as que eu chamo correntes de poder -e de ahí ven todo- porque o único que buscan e ampliar ou acadar o poder dentro do BNG para impor as suas teses.
Non entenden que o BNG non goberna na Xunta, que tan so é un membro minoritario desta e que o único que pode facer é influir para que as polícas do bipartido se acerquen as posturas do BNG.
Pero eu diría mais, incluso si o BNG gobernase con maioría absoluta nunca debería facer políticas que cadrasen o 100% co seu ideario político, porque a sua obriga sería gobernar para a maioría dos galegos, sexan da ideoloxía que sexan. A ninguén lle gusta que lle pasen por riba o rodillo, verdade? A nos non nos gustou, non?
O que debe facer o BNG é o que está facendo, ir introducindo cambios pouco a pouco. Ninguén quere unha revolución. Non son tempos para revolucións.
Sexa como sexa, se son correntes de poder dentro do BNG as que están detrás dun movemento cheo de xente corrente eu non as vin. O que si vin foron caras coñecidas con responsabilidades noutros tempos manifestándose con esa xente.
Vostede fala de idearios, eu dunha utopía do pasado cando moitos metemos un sobre nunha furna coa esperenza de que esto ía a trocar e, por desgraza, quedou neso, nunha utopía.
Cóntolle un conto: en plena crise do Prestige, cando andabamos todos coa moral polo chan e cheos de rabia e nos enchían os ollos de bágoas vendo a loita desesperada dos mariñeiros limpando o mar coas súas mans. Non fai moito deso, faga memoria vostede. Pois nesas, leín unha carta ao director dunha moza de Noia que prometeu abandoar Galiza se Fraga seguía no poder, que ela non quería que os seus fillos medraran neste país se eramos quen de aceptar que nos gobernara quen nos gobernaba daquela. Aquel día eu sentín coma un cravo se me fundía no peito ao tempo que leia a carta, era tan tan deseperada. Agora, só unhos poucos anos máis tarde, por casualidades da vida coñecín a aquela moza de Noia e sabe o que me dixo? Pois xustamente o mesmo, pero dos que gobernan agora, pero aínda peor porque agora non vía alternativa, así de duro.