Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. [...]
Lois Pereiro (poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995) Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16) deixándome levar sen resistencia. (19) Resistencia pasiva. Resistencia frontal (20) contra o medo. (29) Noites en branco coma sabas húmidas… (39) Teño a cabeza no centro do mundo (23) e o corpo é [...]
Lois Pereiro (Poemas 1981 -1991) A luz ardente dun lúrido desleixo (87) onde arde a miña sombra pola noite (7) no desastre (15) (d)nun presente salvaxe que me instrúe (17) orfo doutro destino (73) vencido pola ofensa (74) abro un suco vermello en media lúa (27) neste día de graza na hora xusta (43) [...]
Pensei en titular este post como “a esquerda adormecida” mais ao longo do mesmo funme decatando de que o problema non era ese, pois anda ben esperta. Uns máis que outros. Teño lido moitos artigos sobre o que lle acontece a esquerda social nos últimos tempos, pensadores que se preguntan que “como é posible que [...]
Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]
Titulo con esta frase de Rafael Martínez Castro ao que fai referencia Antón Baamonde no artigo que asina hoxe en El País respecto a «Crise no BNG«, unha crise que pode levar a esta organización a sufrir unha «escisión, unha explosión ou a desafección das bases». A desafección fai anos que a sufre -só hai [...]
Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable. É un problema de [...]
Lembran a imaxe da dereita. Que tempos aqueles … en que o Presidente da oposición, Alberte Núñez Feixóo arrimaba o seu ombreiro para arranxar os problemas que padecíamos tódolos galegos. Daquelas -verán do 2006- sufríamos unha vaga de lumes incontrolados e o Sr. Feixóo non dubidou, iso si, vestido para a ocasión (a gracia é [...]
Xa o dicía meu avó: os cartos tiñan que ser como as patacas: podrecer! Pois parece que os responsables do BCE (Banco Central Europeo) escoitaron a súa voz, xa que recentemente decidiron usar a fécula de pataca para os novos billetes de cincocentos euros para así obrigar ás persoas que os posúen a movelos con [...]
Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita [...]
Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo. Cando un ano despois [...]
O pasado non dá tregua. “Galicia ten dereito”. Pode afirmarse o dereito dun territorio a vez que nega ese mesmo dereito a outros? “O recurso de inconstitucionalidade é un ataque do Goberno a Galicia”. Pode entenderse como un ataque a Galiza a presentación dun recurso de inconstitucionalidade dunha norma emanada do Parlamento de Galiza e [...]
A teima que ten o Sr. Feijóo e o PP coa fusión das caixas comeza a ser máis que sospeitosa. Din que queren para Galiza unha entidade forte, competitiva, co centro de decisión no país. Como resultado da fusión, esta nova caixa sería a quinta en tamaño, no conxunto do estado, a espera de que [...]
A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con [...]
Ó contrario do que fixeron outros. Aínda resoa nos meus oídos o piano, piano co que respondían os responsables do bipartito ó fronte da Xunta de Galiza cando dende sectores afíns se lles metía presión para executar os seus programas (pensaban, tal vez, que tiñan 16 anos por diante. Algúns, de feito, estaban totalmente convencidos [...]
Galiza View more OpenOffice presentations from Xosse Dorrío.
Deixo aquí un estracto da análise post-electoral realizada por Raimundo Viejo Viñas e publicada en On the wobbly’s road. [...] Entre as evidencias desta crise parcial do xogo representativo encóntrase o feito de que as forzas de esquerda e nacionalistas que apoian ó PSOE aférranse ó mantemento da súa representación como mellor evidencia de que [...]
Vimos de vivir unha xornada de exaltación da lingua, no día das Letras Galegas, na que o pobo galego manifestou os seus desexos de igualdade de dereitos para a lingua galega fronte o apartheih que promove o actual goberno dende a Xunta. Agora é o momento de pasar do dito ó feito e pórse a [...]
Berraba Carlos Aymerich na derradeira ANE: “valeu de algo chegar a acordos para a Executiva Nacional no pasado?” e contestaban algúns dos seus seareiros: “NOOON!” para acabar dicindo que toda a militancia debería acatar a decisión das urnas. Rachar tradicións, como a de pactar a Executiva Nacional, non é unha labor doada nin pacífica pois [...]
Os partidos políticos recibiron, dende sempre, abundantes críticas procedentes de tódolos horizontes ideolóxicos. Reprochóuselles que son un factor de división social ou de clase, e acúsaselles de constituír instrumentos de opresión do individuo. Máis recentemente, denúnciase que os partidos –obsesionados polos procesos electorais– amósanse incapaces ou pouco eficientes para a elaboración de políticas públicas que [...]
A tensións entre legalidade e lexitimidade xurden cando non existe coincidencia entre o legal e o lexítimo, isto é, cando una actuación que é legal non é aceptada voluntariamente por outros actores involucrados, ou viceversa, cando una actuación é lexítima, axustada ós valores e crenzas da sociedade, pero está prohibida pola lei. A estabilidade política [...]






