Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. E aquí remata o conto…
… comeza agora a triste realidade, porque o máis incrible desta historia é que a nena xamais se sentira tan agostiño en ningunha outra escola: era respectada polos seus compañeiros e pola súa mestra. Incluso esa diversidade cultural servía de exemplo para dar leccións de “educación para a cidadanía” (nótase que os que dirixen este colexio nunca deron esta materia). A nena acudía a casa da súa mestra con normalidade, incluso un día lle apareceu na porta cun prato enorme de saboroso couscous (estudei francés e nótase… ou iso pretendo). Estaba delicioso porque o puiden probar. Si, estamos a falar da mesma nena.
Paréceme denigrante o que está sucedendo nese colexio. Eu tiven oportunidade de darlle unha charla dunha hora a esa clase e en ningún caso me resultou molesto que esa nena levase pano, como tampouco me resultaría si un neno acomplexado coas súas orellas (as nenas teno máis doado deixando o pelo largo) levase unha gorra,… xa non me quero poñer no caso do neno ou nena que por un tratamento contra o cancro se quede sen pelo. Tampouco lle deixarían tapala cabeza?
E digo eu, porque a moitos dos mestres dese centro, uns cantos aos que puiden ver in situ, se lles permite agochar a súa (temos que supoñerlla, non queda outra alternativa) fealdade detrás da barba do seu rostro? Non debería dicir o mesmo regulamento: Todos coa cara descuberta! Si todos, guapos e feos.
Pero non se trata dunha cuestión de estética, nin sequera de establecer un orde disciplinario para todos (non se lle requisan os crucifixos a quen o leva pendurado do pescozo) trátase de dicir quen manda acá: nós –digo por eles– os católicos! Aos responsables deste colexio habería que pedirlle contas pola ostentación que fan da súa cultura (catolicismo, consumismo, ideoloxía política,…), dende logo, moito máis flagrante que o simple feito de levar un pano. Si, poñamos fin ás vacacións de nadal, aos carnavais, a semana santa e tantas outros actos sacros, estes si, que resultan noxentamente molestos e atentan contra o decoro e dignidade deste pobo; actos aos que os que quen dirixen esta sociedade, tamén ese centro, non faltan nunca.
Son moitas as rapazas musulmás que non utilizan o pano pero que, como leo hoxe nun xornal, estarían dispostas a polo só por amolar. Eu faríao tamén, encántame amolar a quen quere dirixir rexamente a vida dos demais, inmiscirse nas súas vidas, nas súas crenzas, no seu pensamento e ate, si os deixan, nas súas emocións.
Ola,
concordo coa túa entrada no blog e quería engadir algo que me pasou a min.
Hai un par de meses estiven nun país musulmán cun tempo primaveral polo día e frío pola noite. Eu levaba un foulard envolvendo o meu pescozo como fago acotío. Cando me molestou o sol púxeno ao xeito das mulleres que vía na rúa e pola noite tapábame o frío.
Cando volvín a Galiza ía moito frío e un día pola mañanciña ocorreuseme pólo…. mais non o puxen…. deume vergoña.
Un saúdo.
A sociedade dominante imponse. Nun país musulmán falo porque alí é cotiá, aquí non, o cotiá é por cada día algo novo: consumir.
Eu estrano a xente como o profe de “Pardal” en “A lingua das bolboretas” que levaba, como era normal daquela, o mesmo traxe tódolos días durante máis dun ano… ate que o levaron a “dar un paseo”.
Hoxe si pos sempre a mesma chaqueta xa eres raro. Si pos un foulard un inadaptado. E iso aquí, onde supostamente vivimos os “civilizados”