Estatuto de Galiza. Estatuto da Nación?

O día 30 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Voltamos a estar en campaña electoral e, como non, voltamos ó discurso do Estatuto de Nación. Eu pregúntome que temos que ver a nación con iso, porque ninguén nos preguntou a nosa opinión, ninguén nos pediu -a cidadanía- que diseñemos a Galiza do futuro. Non hai propostas do pobo, non hai debate entre pobo e, [...]

etiquetas:  

Crise, que crise?

O día 29 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Ou debería dicir: crise, que crise! Antes non sabían por onde viña e agora que xa chegou, non saben por onde se vai ir. Nin cando. Témola aquí entre nós, seguímola cada día coa mirada e cos oídos, falamos mal dela, moi mal, non nos gusta a ninguén, molestanos que esté aquí, pero ninguén fai [...]

etiquetas:  

Xustiza e Sanidade

O día 28 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden [...]

etiquetas:  

Despoboamento e avellentamento no rural

O día 27 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

No rural non sobra ningún vello pero falta xente nova. O desequilibrio xeracional é tal que cada ano aumenta o número de pobos que quedan sen veciño algún. É difícil reter a xente nos pobos cando non se lle pode garantir o mesmo nivel de vida que calquer outra persoa ten nunha cidade: suministros, administracións, [...]

etiquetas:  

Estado

O día 27 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado: unidade de organización política caracterizada por ser autónoma respecto de outras entidades non políticas e para administrar -xeralmente en réxime de monopolio- a coacción. A súa aparición data, aproximadamente, do século XVI e pervive (adoptando distintas formas) ata hoxe.

Estado social ou estado do benestar

O día 27 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado social ou estado do benestar: tipo de estado que aparece despois da II Gerra Mundial no cadrante Nordeste de Europa. Caracterizase por manter o cadro de dereitos e liberdades e a organización institucional do estado liberal democrático, á vez que incorpora dereitos de carácter económico e social (educación, seguridade social, eeconomía, vivenda,…) e comprométese [...]

mobbing

O día 26 Xaneiro 2009, clasificado en: política laboral, por xOsse dorrío

Mobbing é o acoso psicolóxico nun entorno laboral e ten o obxectivo de destruír a estabilidade psicolóxica dun ser humano, a través do descrédito e a faladuría1, por un ou varios membros do grupo e/ou coa complicidade e consentimento do mesmo. Trátase dunha situación que afecta a un elevado número de persoas no traballo (un [...]

 

Unha Universidade LIDER

O día 25 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, por xOsse dorrío

Onte foi presentado o programa do PSOE para as eleccións autonómicas 2009 e, logo de botarlle unha ollada, rastrei a palabra «universidade» para ver cales son os seus proxectos ó respecto. Nel fálase dunha universidade que «será líder na Socidedade do Coñecemento e porá en valor a transferencia de tecnoloxía entre o Sistema Público de [...]

etiquetas:  

Os 400 de Quintana

O día 25 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, por xOsse dorrío

A algúns ainda nos zumban os oídos cos 400 euros de ZP e hoxe leo na prensa unha proposta do BNG na cal Quintana fala «dun complemento autonómico ao paro». Pero hoxe non vou falar nin dos 400 de Zapatero nin dos 400 de «Espartaco» Quin senón da enquisa de La Voz de Galicia. Efectivamente [...]

etiquetas:  

A Política de Emprego (II)

O día 24 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

A verdade é que este tema daría para falar toda a campaña pois, dende a Xunta de Galiza, véñense cometendo verdadeiras atrocidades dende tempos inmemoriais -refírome a miña memoria-. Sobre as políticas externalizadoras da Xunta de Galicia tamén falara neste blog con anterioridade e, si entón me preocupaba, porque non planarllo agora ós candidatos? A [...]

etiquetas:  

A Política de Emprego (I)

O día 23 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Os que queiran ser funcionarios que apuren para participar nas derradeiras convocatorias. Por que digo isto? Acabo de mirar o calendario electoral: ata o ano 2011 non hai máis eleccións, municipais e autonómicas, así que é de esperar que ata entón tampoco se farán máis convocatorias de emprego público, sempre ligadas ós intereses de quen [...]

etiquetas:  

Estado absoluto

O día 23 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado absoluto: tipo de estado que aparece nalgunhas rexións de Europa durante o século XVI, no marco da era moderna, a raiz da construcción dos primeiros «estados-nación». Caracterízase pola acumulación e centralización do poder en mans dun monarca (ó cal se lle atribúe unha lexitimidade divina), e que se converte no único soberano e fonte [...]

Universidade Virtual Galega

O día 22 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Sobre a necesidade dunha Universidade Virtual Galega xa falara antes neste blog e, agora, deben ser os candidatos a Presidencia da Xunta de Galicia quen deben respostar se van dar saída ou non a esta demanda. Dende hoxe xa lle chegan as preguntas ós tres candidatos, logo da aceptación de E. Pérez Touriño no día [...]

etiquetas:  

Estado fascista

O día 22 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado fascista: tipo de estado que aparece no período de entreguerras (en Italia, Alemaña, España e algúns outros países do leste de Europa) despois da quebra ou derrube de estados liberais. Caracterízase pola desaparición dos dereitos e liberdades que garanten os estados liberais, pola desaprición de calquer tipo de oposición ó poder, e pola concentración [...]

etiquetas:  

Estado socialista

O día 22 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado socialista: Tipo de estado que aparece a luz da Revolución Rusa e a creación dun estado soviético, e que posteriormente se extende á Europa do este, a China e a algún outro país do Terceiro Mundo. Caracterízase pola concentración do poder políticonun executivo de carácter partidario que ten como obxectivo transformar económicamente o país [...]

Problemas estruturais

O día 21 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Si nos pomos a falar de problemas estruturais, novos e vellos, dentro do goberno galego e o fixésemos Consellería a Consellería, a lista sería interminable. O tempo e o espazo son ilimitados… pero non para nós, por iso trato de abreviar ó máximo nas cuestións plantexadas. Ben, a pregunta de hoxe era esta: Existen grandes [...]

etiquetas:  

Ricos e pobres

O día 20 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Hoxe teño que empezar pedindo desculpas porque o inicio deste estrano debate comentei que a lista de amigos de Anxo Quintana era máis grande que a de Núñez Feijoo. O certo é que esa afirmación non é de todo certa xa que a lista coa que eu comparei, que si que é menor que a [...]

etiquetas:  

inercia social

O día 20 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

inercia social: forza conservadora que ten que ver coas incertidumbres e as dificultades asociadas a calquer cambio social, como os costes de aprendizaxe ou as estructuras de poder consolidadas. Como consecuencia pódese dicir que unha vez se fixaron as reglas do xogo, é moi difícil cambialas.

etiquetas:  

Manifestación pro Palestina

O día 20 Xaneiro 2009, clasificado en: vídeos, por xOsse dorrío
etiquetas:  

Estado liberal

O día 19 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado liberal: tipo de estado que aparece no século XIX froito d aloita de novos sectores sociais (a burguesía) que esixen ó monarca dereitos e liberdades individuais, e garantías que protexan a propiedade privada e as iniciativas mercantis. Caracterízase pola separación funcional do poder (entre o lexislativo, executivo e xudicial) e pola existencia de eleccións [...]

Integración Social

O día 19 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Esta é unha desas expresións que nunca fallan nun programa político. Tódolos políticos queren mostrar o seu lado máis amable nunha campaña e iso non é posible sen ter consideración polos máis desfavorecidos nunha sociedade. A miña percepción é que se fala moito máis de integración social do que realmente os políticos están dispostos a [...]

etiquetas:  

Estado liberal democrático

O día 19 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado liberal democrático: tipo de estado que incorpora dúas características democráticas básicas no sistema liberal: a participación de tódolos cidadáns no roceso de formación do goberno (sufraxio universal) e a posibilidade de organizarse para mellorar as condicións de vida (dereito de asociación). Trátase pois dun estado liberal pero con rasgos tamén democráticos. a pesar desta [...]

Corrupción política

O día 18 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

A corrupción é unha das causas que xeran máis desafectación política no cidadán. Todos somos testigo no día a día desa practica á que ninguen parece quererlle por fin -quen non recorreu algúnha vez a un amigo para que lle sacaran unha multa?, pois iso non é o peor-, pero esta corrupción prodúcese en tódolos [...]

etiquetas:  

Institucionalización

O día 16 Xaneiro 2009, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

institucionalización: proceso polo que un fenómeno social adquire unha regularidade, previsiibilidade e estatus e, a partir de entón, este observase como norma e como correcto.

etiquetas:  

O voto do exterior

O día 16 Xaneiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

O do debate está complicado, leva razón Robinho, porque o que realmente buscan os políticos nos debates non é confrontar ideas ou presentar proxectos, senón, simplemente aparecer máis tempo en prime time para reforzar a súa hexemonía a vez que reflexar a invisibilidade das forzas minoritarias. O subconsciente, que é moi traizoeiro, fixo que algún [...]

etiquetas:  


arquivo de mOendo

Xaneiro 2009
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes