Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo. Cando un ano despois [...]
Falaba Anxo Quintana nunha primeira reflexión feita logo das eleccións galegas do 1 de marzo que o BNG non soubera ler a realidade política e social de Galiza. Dando por bo este argumento só queda por en dúbida todas as demáis interpretacións e analises feitas por aqueles que logo da xornada electoral descubriron unha nova [...]
Segundo publica hoxe o diario El Pais Anxo Quintana está disposto a celebrar unha Asemblea Nacional Extraordinaria para o mes de Abril ante o alzamento continuo de voces proferidos dende as bases do nacionalismo galego, unha Asemblea a que poidan asistir tódolos militantes do BNG. Na mesma nova sinálase que o portavoz nacional pretende configurar [...]
Primeiro foi Anxo Quintana e onte E. Pérez Touriño quen afirmou que absterse significa apoiar ó PP. Semellantes afirmacións só poden realizarse dende a perspectiva do político que pensa que o votante é un ser estupido. Quen decide non votar faino para non beneficiar a ninguén e, de feito, e a mellor forma de que [...]
Hai medo a debater. Non hai dúbida. Pero sería un erro sinalar a calquera dos candidatos. As campañas electorais están milimétricamente deseñadas por «expertos» asesores e calquer cousa que se sáia do guión preestablecido mete medo. Calquer imprevisto causa pánico entre os asesores. Todo está deseñado para seducir ó votante, non para informalo. Son aqueles [...]
A quen credes que beneficia a abstención? Iso dependerá do partido ó que acostuma a votar quen deixa de facelo, non? Hoxe sae Anxo Quintana en diversos medios decindo que non ir a votar favorece ó PP. Ben, por que credes que o Sr. Quintana di isto? Eu penso que o fai porque considera que [...]
Si hai algún asunto na política polo cal sinto unha disposición natural é a democracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, Democracia e comunicación no BNG e, últimamente, en Estatuto de Galiza, estatuto da nación?- así que tampouco ía deixar pasar a oportudinade de preguntarlle [...]
Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos ós ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen [...]
Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. [...]
Si puidesemos ler as propostas dos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia sen coñecer o nome de quen a fai e o seu partido de pertenza, asegúrovos que nos atoparíamos con serias dificultades para marcar esas propostas cunha determinada cor política. A mensaxe dos partidos maioritarios vai dirixida a totalidade da poboación, sen distinción, [...]
No boletín de Xaneiro da CIG aparece un artigo que, a bo seguro, resultará de interese para os lectores deste blog (vaían por diante as miñas desculpas polo «secuestro»). O seu título é o mesmo que lle dei este post: «Ao Quintanismo crécenlle os enanos. Como pola dereita españolista se chega ao nacionalismo» Cando o [...]
Voltamos a estar en campaña electoral e, como non, voltamos ó discurso do Estatuto de Nación. Eu pregúntome que temos que ver a nación con iso, porque ninguén nos preguntou a nosa opinión, ninguén nos pediu -a cidadanía- que diseñemos a Galiza do futuro. Non hai propostas do pobo, non hai debate entre pobo e, [...]
Ou debería dicir: crise, que crise! Antes non sabían por onde viña e agora que xa chegou, non saben por onde se vai ir. Nin cando. Témola aquí entre nós, seguímola cada día coa mirada e cos oídos, falamos mal dela, moi mal, non nos gusta a ninguén, molestanos que esté aquí, pero ninguén fai [...]
Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden [...]
A verdade é que este tema daría para falar toda a campaña pois, dende a Xunta de Galiza, véñense cometendo verdadeiras atrocidades dende tempos inmemoriais -refírome a miña memoria-. Sobre as políticas externalizadoras da Xunta de Galicia tamén falara neste blog con anterioridade e, si entón me preocupaba, porque non planarllo agora ós candidatos? A [...]
Os que queiran ser funcionarios que apuren para participar nas derradeiras convocatorias. Por que digo isto? Acabo de mirar o calendario electoral: ata o ano 2011 non hai máis eleccións, municipais e autonómicas, así que é de esperar que ata entón tampoco se farán máis convocatorias de emprego público, sempre ligadas ós intereses de quen [...]
Sobre a necesidade dunha Universidade Virtual Galega xa falara antes neste blog e, agora, deben ser os candidatos a Presidencia da Xunta de Galicia quen deben respostar se van dar saída ou non a esta demanda. Dende hoxe xa lle chegan as preguntas ós tres candidatos, logo da aceptación de E. Pérez Touriño no día [...]
Si nos pomos a falar de problemas estruturais, novos e vellos, dentro do goberno galego e o fixésemos Consellería a Consellería, a lista sería interminable. O tempo e o espazo son ilimitados… pero non para nós, por iso trato de abreviar ó máximo nas cuestións plantexadas. Ben, a pregunta de hoxe era esta: Existen grandes [...]
Hoxe teño que empezar pedindo desculpas porque o inicio deste estrano debate comentei que a lista de amigos de Anxo Quintana era máis grande que a de Núñez Feijoo. O certo é que esa afirmación non é de todo certa xa que a lista coa que eu comparei, que si que é menor que a [...]
Esta é unha desas expresións que nunca fallan nun programa político. Tódolos políticos queren mostrar o seu lado máis amable nunha campaña e iso non é posible sen ter consideración polos máis desfavorecidos nunha sociedade. A miña percepción é que se fala moito máis de integración social do que realmente os políticos están dispostos a [...]
A corrupción é unha das causas que xeran máis desafectación política no cidadán. Todos somos testigo no día a día desa practica á que ninguen parece quererlle por fin -quen non recorreu algúnha vez a un amigo para que lle sacaran unha multa?, pois iso non é o peor-, pero esta corrupción prodúcese en tódolos [...]
O do debate está complicado, leva razón Robinho, porque o que realmente buscan os políticos nos debates non é confrontar ideas ou presentar proxectos, senón, simplemente aparecer máis tempo en prime time para reforzar a súa hexemonía a vez que reflexar a invisibilidade das forzas minoritarias. O subconsciente, que é moi traizoeiro, fixo que algún [...]
Esta semana abrín unha conta en Facebook. Coñecía esta rede social pero nunca lle fixera moito caso -un xa vai farto de darse de alta nun cento de sitios e ter que memorizar outro cento de contraseñas- ata que o outro día lin un titular na prensa que me impactou, era Nuñez Feijoo, que decía [...]
Recentemente o BNG celebrou unha Asamblea Nacional para elexilo candidato nacionalista a presidencia da Xunta de Galiza. Foi a primeira vez que non puideron acudir tódolos militantes do partido porque éstes así o decidiran por maioría na anterior Asamblea Nacional. A militancia tomou naquel intre a determinación, difícil -seguro-, de que as vindeiras Asamleas se [...]
Logo de máis de seis horas de reunión, a reunión para impulsar a reforma do Estatuto fracasou. Touriño asegura que a confrontación política en España foi un condicionante. Coindide con Anxo Quintana en que haberá que agardar a «outro momento político». Núñez Feijóo é o único que deixa unha porta aberta para lograr un acordo [...]






