#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Un lobo con pel de cordeiro

Posted on 4 Xaneiro 2009 by xOsse dorrío Posted in Eleccións Galegas 2009, política nacional 5 Comments
Onte acudín a asemblea comarcal do BNG da comarca de Allariz-A Limia na que se votaba a lista pola circunscrición de Ourense. Teño que dicir que foi unha asemblea cun debate animado, mágoa que houbese que cortalo de súpeto para poder acudir a presentación do libro “Vontade de nación”… pois tería dado para outra hora máis.

As críticas á lista oficial centráronse, como non, na escasa representatividade que a comarca ten nelas, algo co que non concordo, pois tanto o candidato a vicepresidente como o cabeza de lista pola provincia son naturais de Allariz, aínda que se presenten por outros lares. Tamén se fixo fincapé na escaseza democrática do proceso e, niso, si que estou acordo. Pode dicirse que o proceso é participativo porque todos podemos participar, si, pero non democrático porque non existe a máis mínima posibilidade de decidir por parte dos afiliados ó BNG na configuración final dunha lista, como moito, existe unha pequena posibilidade de influír mediante a proposta previa de candidatos, pero escasa.

A falta de democracia no proceso de elaboración das listas quedou de manifesto na asemblea celebrada o pasado sábado cando moitos dos participantes non se nos deu a oportunidade de votar. O que pasou é algo insólito; xeralmente preséntase unha lista e vótase a favor, en contra ou abstención. Como se presentaban dúas listas trala proposta do responsable local de Xinzo de Limia de incluír ó portavoz do BNG na vila no posto número 7 o responsable comarcal decidiu que se votaría a favor de unha (a oficial, con 27 votos) ou de outra (a emendada, con 13) deixando a todos aquelas persoas -eu diría que a maioría dos alí presentes- que querían absterse ou votar en contra sen dereito a exercer o voto.

O certo é que, finalizada a asemblea -polas presas- o responsable comarcal aínda me pregunta que como podo por en dúbida a calidade democrática do proceso! En fin, creo que algúns precisan revisar o significado deste concepto.

Tamén quedou de manifesto a falta de renovación das listas, cos nomes de sempre en posición de saída,… como si non houbese ninguén máis con valía suficiente dentro da organización. Non é así, pero é a imaxe que trasladamos ó exterior. Este motivo e a sempiterna sobrerrepresentación da UPG nas listas son motivo máis que suficiente para votar en contra; a UPG é unha formación que practica dende hai tempo unha política sectaria dentro da organización interna do partido, cara as demais posturas ideolóxicas e, sobre todo, cara os independentes, unha maioría invisible. Dentro do nacionalismo haberá que pararse a reflexionar sobre quen se presenta en realidade a estas eleccións: o BNG ou a UPG coa pel do BNG?.

Tamén se falou das virtudes do conselleiro e, como non, dos defectos. Persoalmente paréceme un acto irresponsable poñer na cabeza de lista a un candidato que é irrespectuoso cos dereitos dos traballadores, un conselleiro que coñece e permite xornadas de traballo superiores as 40 horas máximas establecidas estatutariamente, non respecta os descansos mínimos semanais, conxela salarios e prima a inestabilidade e precariedade laboral sobre o traballo fixo (para mostra, SEAGA). Todo un exemplo de Responsabilidade Social Empresarial. É unha irresponsabilidade por un candidato así en calquera momento, máis nun partido de esquerdas, e máis aínda, no contexto social no que vivimos, do que non fai falla que diga nada.

BNG Encontro Irmandiño SEAGA
« problema da ignorancia da maioría
Galiza, pequena nación »

5 thoughts on “Un lobo con pel de cordeiro”

  1. quinews says:
    10 Xaneiro 2009 at 23:14

    Segundo Quintana, as listas do BNG “son froito dun proceso democrático, de participación, no que os militantes, as compañeiras e compañeiras son os protagonistas da decisión”. “Foi un proceso con grande participación nas comarcas, e finalmente estas candidaturas foron aprobadas con case o 85% de votos afirmativos no Consello Nacional, unha porcentaxe similar á recibida nas comarcas”

    Palabra de Deus!

  2. Anonymous says:
    18 Xaneiro 2009 at 02:32

    En Ourense, dende o Encontro Irmandiño estamos organizando a ‘resistencia’ para que estas cousas non sucedan. Coidamos que hai que recuperar o asemblearismo así como a idea de Fronte que foi como mellores resultados tivo a nosa organización.
    Querer dividir e excluír a unha parte da militancia en momentos dunha cita eleitoral tan importante coma esta demostra que a deriva é importante dentro da oficialidade da nosa organización.

    Saúde e loita,

    Un irmandiño.

  3. Pingback: *mOendo do Revés » A nova ola participativa

  4. Pingback: *mOendo do Revés » Practicas caciquís no BNG

  5. Pingback: *mOendo do Revés » Vas caer!

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xaneiro 2009
M T W T F S S
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
« Dec   Feb »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés