O 29 de setembro de 2003 nacía Todonada, o blog da xornalista María Yáñez, que a autora pechaba case tres anos despois, o 8 de xullo de 2006. Logo verían máis… pero para non saturar a rede con contido repetido remítome ao que di a Galipedia sobre o Blogomillo. Logo virían moitos outros e cada [...]
Nas noticias do luns, 26 de setembro, ao mediodía E nas noticias da noite, o mesmo día e a mesma canle
Este é un engadido que aparece sempre na denominación dunha asociación. Na actualidade este engadido converteuse en mofa social. Estes profesionais do asociacionismo son bechos hábiles nas corredoiras das administracións rapinando aos corruptos políticos que nos gobernan (non diferencio entre siglas… entre os bechos tampouco). Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven [...]
A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado. [...]
O domingo día 14 de agosto o diario local de Ourense publica unha nova relativa a CEO na que anuncia que “A CEO forma parados para que creen empresas”.
Esta nova está falseada e, estou seguro, non obedece a erro algún, senón que ten unha clara intencionalidade manipuladora
A formación segue a ser un bo negocio para os empresarios do sector malia crise reinante. A clave está na habilidade que teñen para acceder a recursos públicos nos que basean tódalas súas expectativas. Unha outra clave: aproveitarse de alumnos (usuarios) e docentes (traballadores). Un clásico do capitalismo moderno
Hainos. Que cousas! Ate o PPdeG apoiou no parlamento galego unha condena ao franquismo presentada polo PSOE e BNG renunciado ao devandito principio de “non hai que remover o pasado”. Sen embargo, hai alcaldes nacionalfascistas que invocando ese mesmo principio se negan a condenar o franquismo e facer homenaxes as vítimas do alzamento militar. O [...]
Artigo publicado en MundoGaliza, actualizado. O 11 de agosto a Consellería de Traballo anuncia un plan de cooperación para entidades sen ánimo de lucro permitirá a contratación de máis de 1.500 desempregados. Poucos días despois publícase na web da Xunta que Traballo promove a contratación de 280 axentes de emprego e desenvolvemento local cun investimento [...]
Chaval, la. (Del caló chavale, vocat. pl. de chavó, muchacho). 1. m. y f. coloq. Niño o joven. U. menos c. adj. A palabriña atopeina no dicionario da RAE porque en galego non existe. Para que a utiliza logo o Concelleiro do BNG, Fernando Varela? Pois para insultar… nada mellor que a lingua común para [...]
Sen blindados na rúa, sen revolta social, sen covardes fuxindo do país, sen declaracións reais, sen condenas internacionais. O golpe de estado perfecto: o dos mercados. O 2 de Setembro será unha data para lembrar, tanto que debería celebrarse nela o día da Nova Constitución. Entramos pois nunha nova ditadura: a dos mercados. Os mercados [...]
Cando era un neno e pouco pasaba dos pezuños da burra branca do Señor Castor xa soñaba en montar nela. Seica era unha burra moi falsa e xa tiña tirado ao seu dono, moi magoado pola vida e pola burra. Meu avó non me permitía achegarme a burra cando a deixaba prendida na argola oxidada [...]






