Secuelas da desamortización de ZP

O día 9 Outubro 2011, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

As superestruturas económicas internacionais (FMI, BM, BCE,…) fai décadas que viñan avisando: as caixas de aforros eran un encordio para a libre competencia amoucando os beneficios das grandes financeiras mundiais. Os directivos das caixas axiña captaron a mensaxe, cumpría que afundisen, cumpría quebralas ou, cando menos, que o parecese. Así poderían seren absorbidas polo gran [...]

etiquetas:  

Ensino: Apagamento informativo da TVG

O día 11 Setembro 2011, clasificado en: cultura, política nacional, por xOsse dorrío

A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado. [...]

etiquetas:  

(a falta de pan…) …circenses!

O día 23 Outubro 2010, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo. O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; [...]

Xa foi noticia

O día 15 Setembro 2010, clasificado en: política local, política nacional, por xOsse dorrío

Ía titular este artigo como “Curso de ética periodística” ao estilo CQC pero, finalmente decidinme por outro clásico dos medios de comunicación, unha sección que nos lembra o que xa sucedera fai 25, 50 ou 100 anos. Desta vez non foi necesario que transcorrese tanto tempo para dar é quitar razóns. Esta semana produciuse unha [...]

etiquetas:  

Foto roubada

O día 14 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Que triste! Si. A foto que aparece no post anterior foi roubada. Ao parecer isto é o que máis lle preocupa aos responsables da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense). En absoluto lles preocupa a acusación de non contar cos medios necesarios para a impartición deste curso -e outros-. Non lles debe preocupar porque ten [...]

etiquetas:  

O gran negocio da formación ocupacional e continua

O día 13 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política estatal, por xOsse dorrío

Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]

Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.

O día 30 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!

A lista de «sucasas»

O día 23 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política local, por xOsse dorrío

Ando botándolle unha ollada a tódolos e-mail que forman parte da lista que a UPD Coordina Local II nos enviou a diferentes persoas, supostamente axentes e técnicos de emprego e ao ir repasando enderezos e cotexando cos datos que podo atopar na rede atópome con que: Unha parte importante destes enderezos non corresponden a AEDL, [...]

Máis datos sobre a «consulta» aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia

O día 13 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

A partir das 00.00 horas do vindeiro luns, 16 de agosto publicarei un post analizando máis a fondo o resultado desta «consulta«. O  post tratará de: – O acollemento que isto tivo entre os axentes de emprego (aínda que tres persoas se ciscaron nos comentarios do artigo, en privado as críticas foron máis ben positivas). [...]

Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?

O día 12 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Logo do post de onte, onde a meirande parte dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza non saen moi ben parados, a resposta da UPD  Cooordina Local II, e que lle está a remitir a tódolos Axentes e Técnicos de Emprego a modo de consigna, é a seguinte: Bos días a tod@s, Ante as [...]

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?

O día 11 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]

“Recompénsase aos culpables e faise sufrir aos inocentes”, SUSAN GEORGE

O día 26 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política internacional, política laboral, por xOsse dorrío

Fai máis de catro décadas que Susán George (Ohaio, 1934) avoga por outro mundo, tan globalizado como o actual, pero máis solidario é sostible. Fundadora é presidenta de honor da organización altermundista ATTAC, sostén que aínda non vimos o peor da crise. “A desfeita actual é a antesala dun fenómeno máis grave”, asegura George, extremadamente [...]

O BNG anda a meter a man na caixa dos seus ex-militantes

O día 4 Maio 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Quedei abraiado! Si, abraiado cando me ensinaron un cargo con data do 03/05/10 de 32,68€ na conta de Caixanova dunha ex-militante do BNG. Tiña feita unha solicitude de baixa de domiciliación dende agosto de 2008. Estaba dada de baixa por activa (ao tela solicitado ao (IR)Responsable Comarcal) e por pasiva (por devolver os recibos dende [...]

etiquetas:  

O límite da indignación

O día 8 Abril 2010, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

“En opinión de Bebchuk and Fried o único factor que constrinxe as retribucións dos executivos é o denominado “límite da indignación”, isto é, a preocupación ante o feito de que o pago de emolumentos excesivos aos executivos poida provocar unha airada reacción por parte de quen, no caso contrario, se amosarían habitualmente aquiescentes, a saber, [...]

etiquetas:  

PLAN Estorbo

O día 10 Marzo 2010, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Cabina de Telefónica inaccesible, Ourense Na cidade de Ourense, Avenida de Zamora, a altura do número 124, ao lado da Igrexa San Pio X, onde o Concello está levando a cabo a renovación de tubaxes e beirarrúas a cargo do Plan E -de estrobo, será- deixaron esta cabina de Telefónica totalmente inaccesible para persoas que [...]

etiquetas:  

‘Me lo dijo Pérez’

O día 7 Marzo 2010, clasificado en: actualidade, política local, vídeos, por xOsse dorrío

Lembran aquela curtametraxe de ‘hai que botalos’ … aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer [...]

etiquetas:  

Animais políticos!

O día 31 Xaneiro 2010, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

Seica o AVE vai pasar por Baños de Molgas e por Xunqueira de Ambía a traveso, esnaquizando todo a seu paso e por iso estivo por alí esta semana o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, para alentalos a que lle fagan fronte. Non sei o que este homiño lle diría aos meus veciños; imaxino que [...]

21 de Xaneiro: Paremos o decretazo contra o galego

O día 14 Xaneiro 2010, clasificado en: actualidade, cultura, lingua galega, política nacional, por xOsse dorrío

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con [...]

etiquetas:  

Desinformación

O día 9 Xaneiro 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Na actualidade, a maioría das novas que provén das administracións públicas están destinadas a provocar unha enchente de desinformación da que logo os medios amarelos se fan participes trasladándoa ás masas. Nun mundo no que a información é efémera cumpre xerár a diario novas que manteñan permanentemente enganada a cidadanía, pois de non facelo, e [...]

Corrupción e externalización

O día 4 Novembro 2009, clasificado en: actualidade, política estatal, por xOsse dorrío

Malia os tópicos que din que ‘corrupción houbo sempre’, pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a concesión de contratos para realizar servizos que antes prestaban directamente as administracións públicas, dende a [...]

etiquetas:  

Querido Paco:

O día 1 Novembro 2009, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Logo de meses espertando, cada mañá, a túa beira, quería confesarche o pracer que me produce oír a túa ronca voz anunciando cada día un feixe de boas novas. Moitas veces agardo esperto e con ansia o intre en que soltas tódalas excelencias do excelentísimo nese breve pero intenso minuto de radio. Outras durmo, máis [...]

etiquetas:  

Desesperante lista de espera

O día 2 Xuño 2009, clasificado en: actualidade, por xOsse dorrío

Hai unhas semanas fun pedir cita para facer unha analítica. Non houbo ningún problema para que ma desen para o día que eu lles indiquei. Sen embargo, ó pedir cita para o médico, para ver o resultado da mesma analítica, déronma para máis aló dun ano. Xa sei que non é responsabilidade de ninguén. Non [...]

etiquetas:  

Queren facer da terra mar

O día 14 Xaneiro 2009, clasificado en: política nacional, vídeos, por xOsse dorrío

Pero, non se creou unha lei para protexer a paisaxe? Non existe outra lei para protexer a costa? Para que serve a lexislación protectora do patrimonio histórico e etnolóxico? Toda esta lexislación serve soamente para atacar o particular? ou para algo máis? Logo chegará unha gran empresa, coma sempre, cun proxecto destructor da paisaxe e [...]

O lobo somos nós

O día 27 Novembro 2008, clasificado en: vídeos, por xOsse dorrío

Vía Valdeorosa atopo este vídeo no que se fai unha unha análise do funcionamento do capitalismo comparandoo coa caza do lobo, no que o cazador é o capital e o lobo somos nós.

etiquetas:  


arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes