Nas noticias do luns, 26 de setembro, ao mediodía E nas noticias da noite, o mesmo día e a mesma canle
O domingo día 14 de agosto o diario local de Ourense publica unha nova relativa a CEO na que anuncia que “A CEO forma parados para que creen empresas”.
Esta nova está falseada e, estou seguro, non obedece a erro algún, senón que ten unha clara intencionalidade manipuladora
A formación segue a ser un bo negocio para os empresarios do sector malia crise reinante. A clave está na habilidade que teñen para acceder a recursos públicos nos que basean tódalas súas expectativas. Unha outra clave: aproveitarse de alumnos (usuarios) e docentes (traballadores). Un clásico do capitalismo moderno
Asunto: tanto me valoran tanto vallo Ola Belén, bo día! Vin reflexionado de camiño a casa sobre a entrevista de hoxe. Camiñar só pola cidade reláxame moito, ábreme a mente e permíterme ver con maior claridade a realidade. Debería probar. Polo camiño tan só saín dese estado de meditación cada vez que pasaba diante dunha [...]
A CEO percibe que Ourense «perde forza» en Galicia, di o titular da nova onde os empresarios de Ourense confirman a perda de competitividade desta provincia, que é a última de Galicia, e Galicia das últimas de España e España ocupa o posto 42 no mundo, logo de Tunisia. Imos ben! Ese é o resultado [...]
Logo de criticar a CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) por enésima vez polo uso continuado do castelán na súa páxina de Facebook e na súa conta de Twitter decidiron eliminar primeiro os meus comentarios, logo a conversa enteira, quizais avergonzados polo que eles mesmos afirmaban. Lamentablemente a conversa é imposible reproducila na secuencia en [...]
Probablemente, cando isto sucede, é porque realmente non existía un proxecto. Cando un empresa non ten claramente definido ate onde quere chegar e como quere facelo está abocada ao fracaso. Unha situación socioeconómica favorable pode levar ao éxito temporal pero cando, como na actualidade, se vive unha situación de crise económica, saen a relucir as [...]
Si algunha característica común teñen tódalas folgas é o seu carácter construtivo. Máis alá da defensa de dereitos, innegable, as folgas poñen o “turbo” a economía de calquera país ou empresa. Grazas as folgas créanse innumerables postos de traballo e dinamizase a economía. Fai brotar novas oportunidades de emprego, alenta a empresarios e emprendedores, engorda [...]
Que triste! Si. A foto que aparece no post anterior foi roubada. Ao parecer isto é o que máis lle preocupa aos responsables da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense). En absoluto lles preocupa a acusación de non contar cos medios necesarios para a impartición deste curso -e outros-. Non lles debe preocupar porque ten [...]
Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]
Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!
Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6 respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego. A maioría [...]
No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]
Fai máis de catro décadas que Susán George (Ohaio, 1934) avoga por outro mundo, tan globalizado como o actual, pero máis solidario é sostible. Fundadora é presidenta de honor da organización altermundista ATTAC, sostén que aínda non vimos o peor da crise. “A desfeita actual é a antesala dun fenómeno máis grave”, asegura George, extremadamente [...]
Comezou o “III Encontro Internacional de Emprendedores: Eduardo Barreiros” coa conferencia “Programas e liñas de axuda para emprendedores do MITYC” a cargo de Antonio Fernández Ecker, un tema que que ao empresariado, en palabras de Agustín Fernández, Concelleiro de Economía, Facenda e Promoción do Emprego, “chirría” un pouco. Isto sucede porque son tantas as liñas [...]
Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos? Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. [...]
John P. Kotter, en «Liderando o Cambio«, establece como a primeira das regras para lograr unha transformación social saber comunicar o «sentido de urxencia«. Nesas andamos dende que a crise financeira truncou a xeira de crecemento económico. O peche de empresas, grandes, pequenas e autónomos, foi continúa, os EREs acumulábanse enriba das mesas das administracións [...]
Estes vídeos ten xa unhas semanas pero seguen estando de actualidade. É o que ten as ideas boas, nunca se pasan.
Si tivese que buscar unha definición axeitada para definir aos sindicatos sería esa: os «non representantes» dos «non traballadores». Hoxe os sindicatos son un bulir constante, un fervedoiro, dende que o Sr. Zapatero tivo a súa derradeira ocorrencia: baixar o soldo dos funcionarios. Tivo moitas outras antes, cada cal peor que esta, pero ningunha organización [...]
Dende o meu punto de vista estes estes dous términos son contraditorios xa que xuntos convidan a confusión ao referirse a unha cousa cando realmente se trata doutra, máxime cando falamos de viaxar ás zonas do planeta máis necesitadas, como é o caso ao que me refiro nos artigos anteriores. Pensade, viaxeiros solidarios visitando e [...]






