O 29 de setembro de 2003 nacía Todonada, o blog da xornalista María Yáñez, que a autora pechaba case tres anos despois, o 8 de xullo de 2006. Logo verían máis… pero para non saturar a rede con contido repetido remítome ao que di a Galipedia sobre o Blogomillo. Logo virían moitos outros e cada [...]
Xiao é tan vello que ten seu nome en galego, puxéronllo seus pais moito antes de que prohibiran utilizar a nosa lingua en documentos oficiais e, sobre todo, no Rexistro Civil (pola orde ministerial -BOE 15/5/1938- sobre o Rexistro: La España de Franco no puede tolerar agresiones contra la unidad de su idioma, por iso [...]
Logo de criticar a CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) por enésima vez polo uso continuado do castelán na súa páxina de Facebook e na súa conta de Twitter decidiron eliminar primeiro os meus comentarios, logo a conversa enteira, quizais avergonzados polo que eles mesmos afirmaban. Lamentablemente a conversa é imposible reproducila na secuencia en [...]
Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]
No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]
A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con [...]
Vimos de vivir unha xornada de exaltación da lingua, no día das Letras Galegas, na que o pobo galego manifestou os seus desexos de igualdade de dereitos para a lingua galega fronte o apartheih que promove o actual goberno dende a Xunta. Agora é o momento de pasar do dito ó feito e pórse a [...]
O postulado esencial que sostén o relativismo lingüístico é que a lingua inflúe de xeito decisivo no pensamento e que consecuentemente a nosa visión do mundo encontrase configurada pola lingua que falamos. A lingua é, para os relativistas, un elemento fundamental que permite diferenciar as distintas culturas e comunidades humanas. É o galego, a nosa [...]
[...] – É francés o que vostede fala, señor? -dixo a vella a Haines. Haines faloulle de novo, extensa e confidencialmente. -Irlandés -dixo Buck Mulligan-. Ten vostede algo de gaélico? – Pareceume irlandés pola súa pronunciación -contestou ela-. É vostede do Oeste, señor? – Son inglés. – El é inglés -dixo Buck Mulligan- e pensa [...]
Logo de ler tantas boas críticas deste libro, tantas recomendacións, de velo durante tantas semanas no primeiro posto da lista de vendas,… logo de lelo teño que dicir que me decepcionou. Non dubido que dará para un bon guión de cine e que ateigará os cines de xente, pero literariamente deixa moito que desexar: as [...]
O catedrático non ha deixar pasar un día sen adquirir unha nova voz galega ou de viva voz ou por escrito, para aumentar o onomástico galego. En segundo lugar, cada discipulo debe telo encargo de concorrer cada día con media ducia de voces galegas das que sente, xa de cousas naturais, xa de cousas artificiais. [...]






