#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?

Posted on 11 Agosto 2010 by xOsse dorrío Posted in actualidade, lingua galega, política laboral, política nacional 10 Comments

No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún ;). Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta:

“Unha vez máis, grazas a Patane (Ugacota), Mabel (Cámara Vigo), Isabel (ACODE Silleda) AEDL Concello de Cambre (non asina con nome), AEDL Concello de Caldas de Reis e UPD Coordina Local e (tampouco asinan cun nome). Fostes 6 as persoas que responderon a miña mensaxe dunha lista de máis de 730 persoas ás que a UPD Coordina Local nos mandou un e-mail o 4 de xuño sobre BIOTRAINING. Parabéns por estar ao voso traballo!

Certo que moitos de vos estaredes de vacacións (só 5 persoas deixaron o seu correo configurado para indicar esta situación nunha resposta automática), outros teriades o día libre, baixa por enfermidade, contrato rematado (foron varios os e-mails que viñeron de volta o cal indica que esa lista non está moi actualizada), outros, os que máis, realizando tarefas que nada teñen que ver coa finalidade para a que fostes contratados; máis, aínda así, a proporción entre “supostos” axentes aos que a UPD coordina Local se dirixe e os que finalmente responderon -só 6!- é preocupante, por usar un termo pouco ferinte. Son consciente que nesta lista non están tódolos axentes que son nin son (eu mesmo) todos os que están.

A pregunta era sinxela e ampla, para que dese posibilidade de moitas respostas, a interpelar ao demandante de información para que fose máis concreto, etc. Dicía:

Alguén coñece como afectarán os recortes anunciados polo goberno as políticas laborais, promoción do emprego, creación de empresas,…? Estanse atrasando a publicación de axudas dende a Consellería de Traballo e Benestar respecto a outros anos, ou segue o mesmo curso que os exercicios anteriores? Grazas!

A resposta era moi complexa, xa dixen; a que buscaba era a seguinte:

Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2010.

Modificada por esta outra:

Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se fai pública a minoración do importe existente para a concesión das axudas e subvencións para o fomento do emprego, convocadas pola Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Este mesmo día, dog 14 de xuño producíronse outras modificación, pero esta era una delas e afecta especialmente aos axentes de emprego, co cal esperaba que estivésedes máis atentos polas novas que afectan ao voso colectivo.

Non traballo dende o 23 de decembro de 2009 en que finalizou a UPD Integrou-ASPANAS, máis sego atento a actualidade, incluso a publico nun blog (http://upede.blogspot.com/) porque o considero básico para acceder a un emprego de técnico ou axente de emprego. Moitos de vos, aínda traballando estas cousas impórtanvos “0”. Non valorades ter un traballo nin vos preocupa que outros non o teñan. Iso, salvo excepcións quedoume probado. A Moitos de vós só vos preocupaba saber quen era “xosé antón vázquez dorrío” , “moendo”, “moendo.net”, “sempre moendo”, … e, para verificalo, recorrestes a google, que vos levou ate o meu blog. Non facía falla, estaba vencellado na imaxe (o nome) de máis abaixo. Cun só ‘clic’ era suficiente.

Todo isto non responde a un xogo de alguén que se aburre ao non ter traballo, senón que é un experimento para aportar ao  traballo final do Máster de Axente de Emprego que estou realizando, aquela na que falo da eficacia dos Axentes de Emprego para solventar as dúbidas e problemas que xurdan a empresas, emprendedores e traballadores empregados e desempregados.

Non me alongo máis, resultaría aburrido e moitos de vos nin sequera o leriades só con ver a extensión da mensaxe. Serei máis extenso no meu blog e, sobre todo, no meu traballo final.

Saúdos!”

Nesta lista, unha das entidades que conta con máis representantes é a CEO (Confederación empresarial de Ourense), con ate 11 persoas. Ningunha respondeu e sei que non están todas de vacación porque é nesta entidade onde estou realizando un curso. Estarán revisando Curriculums Vitae, tamén o meu, mais,… imaxino que ao estar en galego irá directamente ao lixo. Tamén lles presentara un proxecto de empresa fai un mes, tamén en galego, e tampouco teño resposta algunha. Sei que na CEO se discrimina ao galego, sei de traballadores -da propia entidade- aos que se lle esixiu un Curriculum en castelán. Logo, iso si, os empresarios socios da entidade presumen de galeguistas abrazados a Baltar.

Con exemplos coma este non será doado desprenderse da fama de “enchufados” e “persoal contratado a dedo” que teñen os axentes de emprego. Iso é unha realidade manifesta. A primeira vez que lle comentei a alguén que era Técnico de Emprego, preguntóume: quen te colocou? A min ninguén, querían colocar a outra persoas, iso si. Os datos deste experimento reflicten que a estes profesionais o seu traballo non lles importa o máis mínimo, nin, seguro, son as persoas máis adecuadas para realizalo. E claro, si no contexto de crise no que os atopamos, os axentes potenciadores da actividade económica andan a rañala, que nos queda aos demais?

actualidade ASPANAS axentes de emprego caciquismo CEO crise financeira debate denuncia emprego empresa Fraude de Lei GALEGO laboral opinións Ourense promoción do emprego UPD Coordina Local UPD Integrou xOsse dorrío
« Imponse a lei do silencio
Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto? »

10 thoughts on “A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?”

  1. Pingback: Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?

  2. Pingback: Máis datos sobre a “consulta” aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia

  3. Pingback: Tweets that mention A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego? -- Topsy.com

  4. Pingback: Acerca da “consulta” aos AEDL de Galicia

  5. Pingback: ¡¡ QDT!! : A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?

  6. Pingback: ¡¡ QDT!! : Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?

  7. Pingback: ¡¡ QDT!! : Máis datos sobre a “consulta” aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia

  8. Pingback: ¡¡ QDT!! : .Acerca da “consulta” aos AEDL de Galicia

  9. Galicia Confidencial says:
    31 Agosto 2010 at 22:56

    Fomentase o emprego en Galicia?

  10. Pingback: Dispendio institucional

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Agosto 2010
M T W T F S S
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
« Xul   Set »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Xullo 2022
  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (145)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés