#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Unha desconcertante oferta de emprego

Posted on 11 Xuño 2009 by xOsse dorrío Posted in política nacional 5 Comments

Recentemente recibín unha oferta de emprego. Nos tempos que corren estas cousas non pasan a miúdo e menos si quen xestiona a oferta é o Servizo Público de Emprego de Galicia (en adiante SPEG). Trátase da oferta nº 12/2009/7132

para a ocupación de TECNICO/A DA UPD, coa formación regrada de licenciado/a en Dereito tal e como especifica na devandita Oferta de Emprego presentada na data do 26 de maio de 2009.

O primeiro que fixen foi mirar en internet, para ver si había máis información sobre esta oferta. Nada. Nin no DOG, nin so SPEG,… en ningures. Preséntome no Servizo de Promoción e Emprego no día e horas sinalados, como me mandaran, para entregar o meu Curriculum Vitae e toda a documentación acreditativa. Pregunto onde podo atopar máis información sobre a oferta ou si hai algún website na rede onde informen sobre as regras que rexen o proceso. A súa resposta é que toda a información relativa esta e outras ofertas están no taboleiro da Consellería de Traballo e que, alí mesmo, se me informará da data e hora da entrevista -i eu que pensaba que todo ía rematar neste día!-.

No taboleiro había máis ofertas semellantes para obradoiros de diferentes concellos (Monterrei, Laza, Cualedro, San Cibrao, Castro Caldelas,…) e para UPD (Unidades de Promoción e Desenrolo), nunha asociación de Ourense (UPD IntegrOU). Tiven que ir dúas veces ata a Consellería para ver a data para entrevista xa que non o fixeran no día indicado. Cando colgaron -no taboleiro, non na rede- a data leveime unha sorpresa. Só nove persoas foron chamadas para esa oferta. Nun principio ben, non? Canto menos competencia mellor. Amais resulta que desas persoas tres non presentaron os seus Curriculums e a unha non lle interesa. Aumentan as posibilidades. Logo fixeime que aparecen unhas puntuacións e instintivamente busco o meu nome: 3,15. Que será iso, un suspenso? Comparando vexo que ‘suspendemos’ todos menos unha persoa que ten un 9,95, case matrícula. En fin, seguramente esa nota se refire a outra cousa: méritos curriculares.

premer na imaxe para agrandar

Hoxe, esta mañá, é a entrevista, bordaándoo acadei os 7 puntos máximos que vale. Teño que acudir a Consellería de Traballo por cuarta vez por unha oferta de traballo que dubido sexa para min. No Servizo Público de Emprego deben pensar que como un está no paro non ten nada mellor que facer, pois equivócanse. Teño tanto ou máis que cando traballo pois aproveito este tempo para estudar, para mellorar a miña formación, sen embargo, teño que andar dando voltas dun lado ó outro porque dende a Consellería non se habilita un servizo telemático para entregar a documentación e mesmo para informar.

Hai ano e medio recibira unha oferta semellante. Tamén se trataba de ASPANAS e pedían a mesma titulación. Só tiven que ir unha vez e entregar o Curriculum no intre da entrevista. Antes dixen que me sorprendera ver que só había nove persoas na lista. E non me ía sorprender, daquela vez eramos máis de trinta persoas o primeiro día da entrevista -ó dia seguinte estaban citados outros tantos para o mesmo posto-. Juan José Rodríguez Fernández foinos despachando un a un en breves entrevistas para quedarse coa persoa que xa tiñan designada paro o posto pola Delegada de Traballo en Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta. Desta vez será a Dona de Juanjo a encargada de facelo propio: Rosa Carrera Carballo, seica, a pesar dos seus nulos coñecementos nestaárea, Directora de Formación e emprego.

Remato dicindo, por si alguén non o notara, que non me gustan este tipo de procesos: falta publicidade, o cal menoscaba a competitividade, a información non está a disposición de tódalas persoas, e dicir, na rede, porque colgala nun taboleiro nun lugar por onde só pasan os que son chamados non é suficiente. Non me gusta que sexamos escollidos previamente polo SPEG, nin os criterios que siguen para a súa elección, en lugar existir a posibilidade de inscripción previa. Imaxinades que collesen do SPEG a oito persoas a sabendas que ten menos méritos que unha novena e deixasen de chamar a aquelas que puidesen ter máis e, estes si, tivesen posibilidades reais de disputar o posto a esa novena? Cando se trata de emprego público, ou como é o caso, financiado por unha institución pública, non se pode dar lugar, mediante estes feitos, ese tipo de conxeturas.

ASPANAS emprego rosa carrera carballo UPD Integrou
« A vasta conspiración
Ata aquí todo vai ben »

5 thoughts on “Unha desconcertante oferta de emprego”

  1. O Afiador da Galiza says:
    11 Xuño 2009 at 17:47

    As máfias de sempre e as corruptelas do país de nunca jamais. Os casos de gente que perdem horas e horas em entrevistas e outras monadas com resultado cero é altíssimo, porque como dis ti a formaçom que poda um adquirir é sempre um perigo para os que querem o pensamento único ou, melhor dito, o nom-pensamento.

  2. xOsse dorrío says:
    12 Xuño 2009 at 18:28

    Facer as cousas ben non custa nada. Amais na era na que vivimos, coa sociedade da información ó noso servizo, é moi sinxelo evitar molestias innecesarias (fax, e-mail, webs,…) e absurdo agochar información que poida levantar suspicacias. Acaso non nos importa o que dirán?

    Por certo! O máis desconcertante deste proceso foi que a persoa que aparece con máis puntos nesa lista non apareceu para a entrevista. Soamente acudimos tres.

  3. Vieiros says:
    16 Xuño 2009 at 00:02

    O Post en Vieiros

  4. Raíz_verde says:
    17 Xuño 2009 at 01:03

    Esto está a orde do día.. eu sei de gente que foi a entrevistas deste tipo e, quando comezou o processo houve quem entrou a entrevista com familiares…
    É-che o que há: Politica de asfalto que diria Dios ke te crew.

  5. Pingback: *mOendo do Revés » Un día de tolos!

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xuño 2009
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
« Mai   Xul »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés