Un día de tolos!

Hoxe pola mañá, pouco despois de chegar ao traballo envíolle por e-mail a Directora da UPD o traballo que ando facendo para que lle bote unha ollada.

Ao pouco tempo chámame:

– Haz el favor y me marcas lo que vas haciendo nuevo, sino no me entero de lo que has avanzado.

Respóndolle que non podo perder o tempo sinalándolle o que fago para logo volver perdelo borrando eses mesmos sinais (pois dime que sinale con asteriscos vermellos todo o que sexa novo) e isto cada día; ao cal me nego. A súa resposta:

– Es que a ti te cuesta hacer las cosas bien

Non. Non é que me coste, quizais tal e como ela entende ‘hacer las cosas bien’ (diso xa falarei abondo), que é dun xeito un tanto peculiar. Insisto en que “lendo o traballo axiña se perciben os avances”, claro que para iso cumpre telo lido antes. En fin, si non hai con que comparar non se ven as diferencias. Recálcolle que “niso consiste traballar”. Resposta:

Estas como un cencerro -. E colgou (desta vez foi máis rápida ca min).

Madia leva! Ben a pulso que mo teño ganado; e ben o sabedes os que ledes este blog. Cumpre estar como un cencerro -na miña terra chamámoslle chocas- para escribir este post, isto, ou isto outro cando te ameazan con “consecuencias” si abres a boca,… e outras cousas máis que mellor non contar. Mais,…  é o que ten o ir pola vida de fronte nun país de caciques, que te toman por tolo. Tolo non sei, pero un pouco temerario si que son, pois a sensación que teño é a de ir polo carril contrario.

O normal neste país é ir lambendo cus aos políticos de quenda para que che dean un traballo que por méritos xamais acadarías; o normal, si, é normal, é que as persoas máis ineptas e irresponsables acaben -miren que contradición- desempeñando postos de responsabilidade. Si, en días como hoxe, un só pode pensar que grazas a desfeita do 1M moitos deses ineptos e irresponsables foron cara as súas casas. Outros aínda andan por aí…

Mentres tanto, só podo apiadarme daqueles que a partir do 26 de decembro lles toque soportar a Nuria Bueno Aizpuru, porque, non o dubiden, atoparanlle algún oco.

Un conto que ven ao conto: un caso sen remedio.

Contos do Siñor Cosme (IV), por Roi Xordo, xGaliza

8 comentarios en “Un día de tolos!”

  1. eu xa non sei que pensar, coa de xente preparada, con boas ideas que hai no mundo, e os postos están copados por incompetentes… ás veces danme ganas de pregar polo despido libre, sobre todo na administración… XD!

  2. Cando lin ao principio o de UPD, deume moi mal rollo… Menos mal que non se trata do partido da “fregona”.

  3. Na empresa tamén, Toño, e hoxe en día, moitos empresarios (sobre todo relacionados co mundo da política) non saben que facer con todos esas persoas que, sendo ‘tan brillantes’, son incapaces de sacar as súas empresas da situación económica na que se atopan.

    Sobre todo, nito, sobre todo!

    Non caerá por aquí esa breva, Alberte

    Eu xa non sei si é valentía ou estupidez, Afiador da Galiza. A veces fora máis intelixente (e máis saudable) ser menos valente.

  4. Estiven pasando o tempo pola Internet e apareceume este blog.
    O que me parece é que sodes unha panda de vagos que non está agusto con nada. Porque se vós creedes que dirixir é tan doado, pois non o é.
    E se queredes o paraíso, facede unha comuna hippie e plantades toda a voso sustendo (e sodes autosuficientes) e deixades en paz a persoas que están exercendu un traballo dignamente.
    E o que creo é que tes moita envidia e que pensas que vas a conseguir, o único que vas a conseguir é que non teñas traballo por meterte en problemas aló onde vas ou que lees na prensa.
    Paréceme moi forte que fales de cousas (moi ben narradas por certo, porque parece que sabes do que falas) das que non tes nin idea do qeu van nin o que pensan as persoas en cuestión afectadas, por exempllo o da ZEPA.
    E menos mal que non tes ningún posto onde asumir moitas responsabilidades coas persoas, porque contigo voltarían á unha dictadura.
    E por certo se foses educado, non porías o nome e apelidos da persoa que che da de comer, aínda que falases mal dela.

  5. O peor vai ser para ti cando te boten a rúa.
    Lembrate que na rúa fai moito frio.

    Antes morto que de rrodillas?
    Ti veras machiño pero ti so non vas cambiar o mundo.

    Dentro podes estar amargado pero fora o que vas estar e depresivo.

    Fai o que queiras pero non te deixes levar polos impulsos.

    Deica logo.

Os comentarios están pechados.