Riscos e fraude laboral en Ribadavía

Comezo pedindo desculpas, desculpas por non ter publicado isto antes, isto é, no mesmo intre en que tiven coñecemento do que pasaba. Cando se trata de riscos laborais, actuar de inmediato pode evitar un accidente, non facelo pode converterte en cómplice, por omisión, si finalmente acaba por producirse. Tamén é certo que tentei poñelo en coñecemento por outras vías para remedialo mais, enseguida me dixo  a directora, Nuria Bueno Aizpuru, que iso non era asunto meu, nin da UPD, ó tempo que me advertían que tivese coidado co que facía pois podía ‘caerme o pelo’. Non é iso o que máis me preocupa: o dereito a vida e a integridade física das persoas está moi por encima de calquera outro dereito e deber e, por suposto, por riba do deber de confidencialidade.

O pasado luns fun dar un curso de Prevención de Riscos Laborais a Ribadavia a un obradoiro organizado por este Concello. En principio o curso era para o módulo de xardinería, aínda que logo se unirían os outros módulos do obradoiro: carpintería e albanelería. Os primeiros en sorprenderse foron os compoñentes do obradoiro ó ver un manual adicado a uns riscos específicos dunha materia que nada tiña que ver co que eles facían.

Do que sucedeu nesta xornada fixen un informe e entregueino na UPD coa intención de que ‘fixeran algo ó respecto’, así llo dixen. Sobra dicir que ninguén fixo nada.

O artigo 2 da Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para os programas de escolas obradoiro indica cal é a finalidade das mesmas: ‘emprego e formación‘.

Tratándose da realización dun traballo, quen o realiza ten os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro traballador; o mesmo se pode dicir respecto ó empresario, e dicir, o Concello de Ribadavía, pero a inversa. Como veredes, no informe que presentei a violación de dereitos é flagrante:

Informe sobre prevención de Riscos Laborais no Obradoiro ABOBRIGA promovido polo Concello de Ribadavia.

O módulo de prevención de risos laborais estaba enfocado a prevención de riscos en xardinería. Amais dos alumnos de xardinería sumáronse a clase os de carpintería e albanelería.

No primeiro contacto decátome que este módulo non poderá ser explicado de xeito específico para ningún dos grupos xa que os de xardinería me din que están realizando traballos forestais e non de xardinería (o máis curioso é que ó largo do día vin uns traballadores nun parque e ó preguntar si eran os xardineiros respondéronme que non, que eran da brigada forestal do Concello -de feito tamén son os membros do Grumir, de Protección Civil,… mozos para todo!-). Trátase non só dun fraude a Xunta de Galicia, que é quen financia o obradoiro, senón tamén, e principalmente, ós propios traballadores.

En canto a materia, acabamos vendo os riscos xerais e finalmente analizando, vía debate, os demais riscos que lles afectaban a cada un dos colectivos. Coido que, neste senso, a clase foi moi interesante, ó percibiren os alumnos numerosas anomalías no desenvolvemento da súa actividade. Son as seguintes:

  • Gafas protectoras de baixa calidade que reducen a visibilidade
  • Botas de seguridade que pasan auga
  • Inexistencia de botas de seguridade anticorte para a manipulación de desbrozadoras e motoserras
  • Tampouco dispón de mandil e manguitos para realizar estas mesmas tarefas.
  • Fundas de baixa calidade xa que destinguen, non protexen dunha simple picadura de ortigas, non son cerradas nas extremidades nin no pescozo (dándose caso de picaduras de insectos con elas postas), etc.
  • Amais, algúns alumnos, din que lles falta a parte superior da mesma, outros a inferior, algúns camisetas, botas,…
  • Non dispón de equipo de protección para o frío, agora que polas mañás xa fai falla.
  • Aseguran ter traballado na vía pública -e en curvas perigosas- sen ningún tipo de sinalización, pois non dispón da mesma.
  • Tampouco teñen a roupa de alta visibilidade esixida para este tipo de labores.
  • No obradoiro escasean os arneses véndose na obriga de compartilos entre os distintos grupos (albanelería e xardinería, ou mellor dito: forestal)
  • Traballan con maquinas que fan ruído (especialmente en carpintería e forestal) sen que ninguén dispoña de tapóns ou cascos para os oídos para protexerse dos trastornos que este pode provocar.
  • Outras máquinas, fonte de ruído, como un compresor, non permanece illadas.
  • Nos traballos de deforestación as mulleres cargan con pesos superiores ós permitidos para mulleres, de xeito continúo (as desbrozadoras pesan máis de 15 Kg., carga de rastrollos, etc.)
  • As luvas que utilizan tamén son de baixa calidade, non protexendo suficientemente das arestas ou das picaduras da vexetación.
  • Dispón dunha caseta (módulo de obra) sen ventilación e sen vestiarios (sobra engadir que non hai vestiarios para ámbolos dous sexos, non hai para ninguén)
  • O grupo de albanelería di ter traballado con materiais perigos como o amianto, sen dispor dos equipos necesarios para estes traballos nin, por suposto, a formación, xa que este tipo de labores están reservadas para empresas especializadas.
  • Non dispón de medidas de extinción de incendios (un extintor para poder apagar unha máquina que se poña a arder, por exemplo) nin, moito menos, nocións básicas de como se manipulan este tipo de aparellos.
  • As caixas de urxencias están incompletas (algunhas delas o único que contén é unha botella de alcohol e auga osixenada)
  • Moitas veces, o grupo que realiza traballos forestais, están incomunicados, O monitor acércaos a obra e déixaos alí, non dispondo de ningún medio para desprazarse no suposto dunha emerxencia.
  • Etc.

O máis lamentable de todo isto é a escusa que dende o Concello lle dan ós traballadores para non proporcionarlle o material necesario: a escaseza de recursos económicos. Como é posible? Si a Xunta de Galicia proporciona recursos suficientes a todo Concello para equipar e formar a eses traballadores, u-los cartos?

15 comentarios en “Riscos e fraude laboral en Ribadavía”

  1. Pingback: Twitted by xOsse
  2. Isto non só acontece nalgúns Concellos, na miña comunidade pasou algo parecido, salvo que non había subvencións da Xunta pero a xente do Distrito IV presuntamente estaba ao corrente e de acordo cos directivos.
    Este é o relatorio dos feitos: O presidente, vicepresidente e tesoureiro, sen comunicarmo (era o secretario) encargaron a dous comuneiros xubilados a corta de eucaliptos para leña e repartila entres os comuneiros que a demandasen.
    Obviamente opúxenme tan pronto tiven coñecemento pero proseguiron coa súa teima a pesar de que os advertín que no caso dun accidente ou fatalidade a comunidade ou o que é o mesmo, os comuneiros, seriamos responsables civís subsidiarios.
    Para xustificarse ante os comuneiros o presidente recoñeceu que non había contrato (obvio), que ditos comuneiros non habían cobrado se non que habían sido gratificados (sic). A gratificación fixérona en base ao prezo que cobraba a xente que traballa para os fragueiros, pero curiosamente na Xestoría non teñen recibos dos pagos.
    Medidas de seguridade neste caso? ningunha.
    Posteriormente parece que houbo unha denuncia (a culpa leveina eu) e ao parecer o organismo competente doulles a razón (sic). Non vin nin a denuncia nin o presunto informe.
    O presidente afirmou que non volverían a facelo mesmo, pero volveron a facelo encargándolle a plantación de piñeiros a outro comuneiro amigo, desculpándose cos que reclamaban tamén ese traballo que o fixera así por falla de tempo.
    É certo que non corría os mesmo resgos, pero un mal paso teno calquera. As comunidades ou concellos non poden estar expostas aos chanchoullos dos seus dirixentes.

  3. O organismo (in)competente acostuma a remitir a denuncia ó denunciado para solicitarlle máis información e con esta cerran a maioría dos expedientes abertos, sen sair do fresco -ou calor, sengundo a estación do ano- da súa oficina, sen pasar a facer unha valoración in situ. Precisamente, é sobre este tipo de organismos (in)compententes sobre os que é preciso unha maior presión social, pois moitas das violacións dos dereitos laborais poderían ser evitados si eles cumplisen no seu posto de traballo.

  4. A min o que me parece realmente mal e que a xente se adique a criticar os seus compañeiros e a empresa para a que traballa en horario de traballo, que a fin de mes non creo que ninguén diga que non o seu soldo.

  5. Ben, Ana. Están claro cales son as túas prioridades. Traballar (ou rañala, segundo), calar e cobrar. Si todo o mundo fose coma ti os traballadores estarían nas mesmas condicións de explotación que no século XIX. Os que denunciamos situacións coma esta, facémolo en beneficio de persoas coma ti. Si, incluso de persoas coma ti.

    “No horario de traballo”, dis. Ti coñeces o meu horario de traballo? Os venres as 16:26 non estou no meu posto de traballo…

  6. Denuncian ante a Inspección a situación na que se atopan os traballadores do Obradoiro do concello de Ribadavia ‘ABOBRIGA’

    A CIG de Ourense vén de denunciar perante a Inspección de Traballo a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras do Obradoiro ABOBRIGA, promovido polo concello de Ribadavia. Unhas condicións que violan a normativa vixente e constitúen incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais que poñen en perigo a súa integridade física.

  7. Las condiciones de trabajo en las que se produce el Obradoiro “Abobriga” que promueve el Concello de Ribadavia no son, precisamente, ningún modelo en materia de prevención de riesgos laborales.

    El técnico de Seguridade e Saúde Laboral de la CIG, Anxo Pérez Carballo, firmante de la denuncia, considera “lamentábel” que esta situación se de en la administración pública, concretamente en el Concello de Ribadavia que es quien promueve este Obradoiro, y que, a juicio del representante de la CIG, “debería dar exemplo”.

  8. A CIG denuncia ao Concello de Ribadavia por incumprir a lei de riscos laborais

    As condicións laborais dos alumnos do obradoiro de emprego Abóbriga de Ribadavia, 26 repartidos en tres módulos de xardinería, albanelería e carpintería, chegou onte ata a inspección de traballo por medio dunha denuncia presentada pola CIG ante o que considera «lamentable situación» na que están os traballadores citados ao violarse, di a forza sindical, «a normativa vixente» que constitúe ademais «incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais, que poñen en perigo a integridade física dúas traballadores, polo que son constitutivos de faltas reguladas e tipificadas expresamente na Lei sobre Infraccións e sancións na orde social».

    Este xornal achega unha foto dunha empregada de xardinería do Obradoiro. Como pode apreciarse non está traballando nun parque, senón nun monte e, por suposto non leva o EPI axeitado: fundas cerradas nas extremidades e no pescozo, estándo exposta a picadura de todo tipo de insectos: avellas, carrachos, pulgas,…, mentres na mesma nova o Concelleiro afirma cumprir con tódalas normas de prevención.

  9. A CIG presentou unha denuncia ante a inspección de traballo pola ‘lamentábel situación na que están os traballadores do Obradoiro Abobriga promovido polo Concello de Ribadavia’, sinalan os sindicalistas. Consideran que se viola a normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais, ‘poñendo en perigo a integridade física dos traballadores’

    O concelleiro de Persoal, Ignacio Gómez, declarou que non lle consta que ningún traballador presentase denuncia e que ‘non temos ningún problema en que veñan os inspectores porque non temos nada que ocultar’. Nese senso, engadiu que ‘non sabemos que intereses hai en contra do obradoiro, xa que este Concello pode ter erros na seguridade pero sempre que se detectaron correxíronse’. Asemade, apuntou que ‘xa lles gustaría a moitos concellos dispor do plan de seguridade e hixiene no traballo co que contamos’.

  10. As condicións de traballo incumpren a normativa en materia de prevención e poñen en perigo a súa integridade física.


    Non dispoñen de botas de seguridade anticorte cando están a a utilizar motoserras ou desbrozadoras e carecen de cascos que os protexan do ruído cando se utilizan as máquinas.

    No centro de traballo non dispoñen sequera de medios de extinción de incendios e no caso dun hipotético lume non poderían facerse unhas primeiras curas porque os botiquíns dos que dispoñen non teñen os elementos máis básicos para realizar tarefas de primeiros auxilios.

Os comentarios están pechados.