Mar
29
2007
area sociopolítica:
Metáfora coa que se fai referencia a un espazo de interrelación no cal se desenrolan aquelas decisións que polo seu carácter público -no seu obxecto e no seu proceso- constituen o que chamamos política. Nesta area encóntranse os cidadáns e as organizacións -a veces, continuando coa metáfora, na ciencia política fálase de actores-, que forman redes de relacións e interrelacionanse seguindo unhas pautas -unhas leis, uns procedementos, uns dereitos,…- no marco dunhas institucións.
Compartir
Mar
21
2007
Concepción moderna de democracia:
réxime político no que hai separación de poderes, garantízanse os dereitos e liberdades individuais e colectivas e no que periódicamente se celebran eleccións con sufraxio igual, libre, directo e segredo.
concepción antiga de democracia:
segundo Aristótoles nesta forma de goberno o poder está en más de todos os membros dunha sociedade determinada. O mesmo filósofo expresaba que era unha forma de goberno que podía dexenerar fácilmente a causa da facilidade con que todo o pobo incurría en prácticas populistas.
Compartir
Mar
16
2007
O pasado mércores o BNG acusou o PP de manter unha íntima relación coa corrupción urbanística, citando casos como os de Arteixo, Gondomar ou Ourense, aínda que son moitos maás, casi na totalidade dos municipios en que gobernan. Tanto é así que a maioría dos alcaldes do Partido Pancarteiro (PP) mostrarónse moi disgustados pola normativa que prohibirá construir nas costas galegas nunha marxe de 500 m. xusto agora que xa o tiñan todo recalficado… que mágoa!
Con esa decisión parece que os pancarteiros se lle veu o mundo encima e non tardaron en afirmar que esa decisión será o derrube da economía galega. Se o prezo pra que Galiza siga medrando económicamente é escarallar todo o noso litoral, mellor non facelo. O que non se pode é destruir toda a nosa paixase, toda a nosa fauna e toda a nosa vexetación coa excusa de facernos máis ricos, e moito menos pra que só se fagan ricos uns cantos.
Contra as acusacións de corruPPción feitas polo BNG a única defensa do PP foi pasar ó ataque e acusar ós nacionalistas de ir en coalición con HB (Herri Batasuna), algo que é incerto, nunca sucedeu. Cando non quedan armentos queda o recurso da descalificaión persoal. Feijóo, pobre home -non lle da pra máis-, tamén afirmou que o Partido Pancarteiro nunca presentaría libros cun ex secretario condeado con sentencia firme arroupado por expresidentes (en referencia ó caso GAL). Certo, o PP séntese mellor rodeado de terroristas como Pio Moa, o que convidan a conferencias patrocinadas polos seus amigos, como por exemplo, Caixa Galicia.
¿E que ten que ver a corruPPción con todas as tonterías expostas por Feijóo? Nada, todo sexa por correr unha cortina de fume.
Compartir
Mar
12
2007
Os vindeiros días 31 de Marzo e 1 de Abril terán lugar en Valencia as II Xornadas “Blogs + Cidadanía”. Unhas Xornadas onde se debatiran xunto a recoñecidos/as ponentes o papel que a blogosfera está xogando na Rede e as suas posibilidades de futuro.
Todos os bloggers están invitados a partipar nas actividades que se van a desenrrolar, todas elas nun entorno tecnolóxicamente avanzado.
Quen o desexe pode velo programa completo, ademais de inscribirse de forma presencial ou virtual, si así o prefire, acudindo o blog oficial das II Jornadas “Blogs + Ciudadania“
Compartir