Léos todos !!

O día 25 Marzo 2007, clasificado en: política estatal, por xOsse dorrío

Un dos maiores logros da democracia é a libertade de expresión. Trátase dun dereito fundamental, un piar básico en toda sociedade civilizada. A postura adoptada polo PP de boicotear o grupo PRISA, ademais de lesionar a libertade de expresión, supón tamén un ataque contra a libertade de empresa, un dos principios máis defendidos polo PP. Non é a primeira vez que sucede. O primeiro que o fixo  foi Aznar nada máis chegar ó poder ó tentar debilitar ó grupo PRISA a golpe de decreto -cando o fútbol se converteu nalgo de interés xeral- ou o potente grupo mediático que se pretendeu crear baixo  a sombra de Telefónica -recórdese a entrevista censurada de José Mª García- auspiciado polo denominado Sindicato do Crimen.

O PP deixou claro que a única libertade que respeta é a súa: a única opinión válida é  a que trasmiten os seus medios afíns; os únicos empresarios que poden falar de política son os que lle son leais -véxase Endesa-: a libertade de empresa é aceptable só cando serve ós seus intereses; etc. etc. Pero sobre todo, a decisión tomada polos dirixentes actuais do PP é unha medida que os inhabilitan para gobernar un estado democrático porque qué se pode esperar dun partido que estando na oposición toma semellantes resolucións? Qué non faría estando no poder?

etiquetas:  

1 Resposta » to “Léos todos !!”

  1. [...] partido e, entón, deime conta que non facía falla que o pensase, xa o tiña escrito neste post: leos todos !!. Estaba entón o PP de boicot contra o grupo PRISA e, asegúrovolo, xamais pensei que no meu [...]



arquivo de mOendo

Marzo 2007
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes