Hai un factor que me fai dubidar dos resultados dos enquisas que se publican en diferentes medios, o xeito en que se realiza: sondaxe telefónica. As eleccións de 1936 ou 1948 son unha proba tanxible do que acabo de afirmar. En 1936 deuse un fracaso ben soado por parte dunha revista lendaria, a Literary Digest, [...]
Pódese pedir un cambio ao tempo que se vota pola permanencia dos de sempre? O cambio represéntao o movemento e soamente del pode xurdir unha realidade anovada, máis xusta, máis igualitaria, máis solidaria. Por iso eu non confío en ningunha formación política que nacese antes do #15M A de cousas que se ten dito [...]
Sen blindados na rúa, sen revolta social, sen covardes fuxindo do país, sen declaracións reais, sen condenas internacionais. O golpe de estado perfecto: o dos mercados. O 2 de Setembro será unha data para lembrar, tanto que debería celebrarse nela o día da Nova Constitución. Entramos pois nunha nova ditadura: a dos mercados. Os mercados [...]
6 de decembro de 1978. A un total de 26.632.180 españois dáselle a oportunidade de decidir, non soamente o seu presente e futuro, senón tamén o pasado, presente e futuro das 47.021.031 persoas censadas e con dereito a voto nas recentes eleccións municipais de 2011. Daqueles que tiveron semellante privilexio en 1978, e que agora [...]
Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]
Evo Morales dixo fai un tempo que “as ONG usan aos pobres para vivir ben”. Esta afirmación non é de todo certa, ao revés, as ONG’s realizan unha importante labor humanitaria tanto a nivel planetario como local, sen embargo, moitas veces, as excepcións non fan máis que confirmar aquela regra. Vexamos as previsións das contas [...]
Cando Mercadona decidiu implementar o Modelo de Xestión de Calidade Total, a principios da última década do século pasado, atravesaba unha situación de crise, froito da concentración do sector entorno a grandes multinacionais estranxeiras. Naquel intre, a estratexia da empresa era semellante a que aínda practican hoxe GADIS ou FROIZ, especialmente a primeira, baseada no [...]
Malia os tópicos que din que ‘corrupción houbo sempre’, pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a concesión de contratos para realizar servizos que antes prestaban directamente as administracións públicas, dende a [...]
Un goberno verdadeiramente progresista debería ter referenciado os impostos polos que tributan as sociedades ós seus gastos en políticas sociais. Soamente así é posible cumprir co mandato constitucional que obriga a achegar recursos suficientes para cubrir os anteditos gastos. Un dos parámetros fundamentais para facer posible esa esixencia do pobo soberano (?) é o tipo [...]
Do artigo que ven a continuación é autor Miguel Quintas Coelho. unha desas persoas que deixan pegada entre aqueles con quen se relaciona. Cando abro as páxinas de La Región aínda esculco a procura da súa imaxe, co perfil e a txapela inclinados cara a esquerda, como dicindo: aquí o tes. Miguel finou fai agora [...]
Con este lema, ‘Por un novo modelo económico e social. A crise que a pague o capital‘ a CIG enfrontou a situación económica derivada da crise financeira global que estamos a padecer. É un anhelo lóxico xa que foi o capital, as grandes multinacionais, nun contexto de economía excesivamente agresiva e especulativa, o que nos [...]
O movemento conservador está promovendo na sociedade unha actitude intolerante cos inmigrantes e, dalgún xeito está calando nela. Dende o PP criticouse no seu momento as regulacións de traballadores estranxeiros, denunciouse certa permisividade na súa entrada e, constantemente, acúsase este colectivo de reducir as potencialidades do mercado laboral ou de consumir os nosos recursos sociais [...]
Hai uns días Julio Anguita dicía que a corrupción política é o resultado «dunha época na que o enriquecemento fácil víase como algo normal», situación na que «os cidadáns son corresponsables» porque, en moitos casos, «apoiaron e votaron a políticos corruptos». Isto sucede porque, afirma o ex dirixente de IU, «hai unha parte da cidadanía [...]
Vimos de vivir unha xornada de exaltación da lingua, no día das Letras Galegas, na que o pobo galego manifestou os seus desexos de igualdade de dereitos para a lingua galega fronte o apartheih que promove o actual goberno dende a Xunta. Agora é o momento de pasar do dito ó feito e pórse a [...]
Dimisión XA de tódolos membros da Executiva Nacional e se convocatoria dunha Asemblea Nacional Ordinaria para toda a militancia, unha Asemblea que «non pode ser organizada e, polo tanto, controlada polo mesmo aparato vertical de poder que provocou a catástrofe que estamos vivindo. Sería un fraude a militancia».
Un contador de historias colgou no seu blog este documental, Quilombo electoral, no que se mostra como se xestiona o fraude electoral nos comicios galegos dende o exterior. Compre velo para creelo… pero é así.
Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. [...]
Nunhas eleccións, e nas galegas non ía ser menos, tódolos partidos viven pendentes das enquisas e as estatísticas. As enquisas, ó tratarse dun estudio representativo da sociedade, poden estar suxeitas a erros, pois non se publican crúas, senón cociñados en laboratorios, aplicando diferentes fórmulas correctoras (a proba do xis cuadrado, a corrección de Yates, corrección [...]
Esté é o titular dunha nova que publica hoxe o diario El País. Non sei si estades ó tanto da violencia desatada en Grecia, uns din que a raiz da morte dun rapaz de 15 anos polo disparo dun policia. Eu non estou moi dacordo con esa tese. Estamos pasando por unha crise económica forte, [...]
Este post ten a súa propia intrahistoria. Todo comeza o 27 de novembro no blog de Marcos Valcárcel As uvas na solaina. O Sr. Medela agasalla o mestre cunha fotomontaxe (esta) na que aparece unha botella de gasosa. Alguén pregunta pola orixe desa gasosa e o Sr. Medela responde: Gasosas /Bebidas carbónicas/ GUEDE, de Xunqueira [...]
A pregunta que máis se repite nos medios de comunicación cando o entrevistado é un responsable político é ata cando durará esta crise. É o que todos queremos saber, lóxico. Canto máis coñecementos teña aquel en materia económica máis evasiva será a súa resposta. Non hai nada máis atrevido que a ignorancia, tanto para ignorantes [...]
Onte era Bruselas quen propuña os Vintesete invertir o 1,5% do PIB europeo en medidas de choque pra levantar a economía, isto é uns 200.000 millóns de euros, elevando o gasto público en estratexias de emprego, promoción empresarial mediante incentivos fiscais, protección das familias con axudas sociais -aumentando ós parados o prazo de cobro de [...]






