Altruismo ou negocio

Evo Morales dixo fai un tempo que “as ONG usan aos pobres para vivir ben”. Esta afirmación non é de todo certa, ao revés, as ONG’s realizan unha importante labor humanitaria tanto a nivel planetario como local, sen embargo, moitas veces, as excepcións non fan máis que confirmar aquela regra.
Vexamos as previsións das contas da asociación a que me refería no artigo anterior:

Orixe dos recursos

Euros

Recursos propios

69.900

Cotas

35.000

Doazóns

15.000

Inscripcións a cursos

11.300

Subvencións

167.520

Administración Central

25.000

Administración Autonómica

82.520

Administración Local

60.000

TOTAL

237.320

Destino dos recursos

Euros

Apoio a ONG do sur

55.000

Formación

6.500

Actividades e programas

60.820

Compras de comercio xusto

10.000

Administración

105.000

TOTAL

237.320

A priori todo normal, non?, mais si nos fixamos podemos decatarnos que se gasta máis na administración da propia organización (aproximadamente o 45% do orzamento) que nos fins para os que foi concibida (menos do 25% do orzamento). Tamén se pode observar que a suma de doazóns máis as cotas dos socios suman case tanto como o que envían ás ONG’s do sur. Alguén pode pensar, para que todo o demais?

Certamente, contar cunha directiva profesionalizada permitirá á asociación acceder a novos recursos ao ocuparse estas persoas á procura de axudas públicas, xestionar solicitudes, negociar con administracións, empresas, etc., desenvolver novos proxectos, estruturar unha entidade en continuo crecemento, seleccionar e contratar persoal e moitas outras tarefas que sen un equipo profesional sería moi difícil levar a cabo, pero tamén pode ser visto pola sociedade como un gasto superfluo ou excesivo, máxime si temos en conta a relación entre custo e obxectivos acadados.

Tamén se pode entender como unha desviación dos obxectivos fundamentais da asociación ao adicarse esta -e as persoas que a forman-, pola súa necesidade de expandirse para sobrevivir, a crear novos proxectos (neste caso plantexábasenos a posibilidade de por en marcha unha axencia de turismo responsable) cada vez menos altruístas e con máis vocación de xerar beneficios.

5 comentarios en “Altruismo ou negocio”

  1. Sen contradicir nada do que se di, porque é certo, quero dar un apunte máis.

    Actualmente, as ONGs están nun proceso de indicadores de trasparencia, ou sexa, publicar as contas, dicir quen está na Xunta Directiva, falar dos nosos financiadores… etc etc…

    Estes indicadores serán precisos para pertencer á Coordinadora, tanto española coma galega de ONGs, ademais, para acceder a certas subvencións coma as de AECID…

    Ben, pois un indicador é pasar unha auditoría, ou o que é o mesmo, deixarse revisar as contas por outra empresa. Pois ben, esta auditoría costa cerca de 2200 euros.

    En definitiva, para que unha ONG sexa “válida”, téñenlle que sobrar máis de 2000 euros…

  2. # Xacobe: A min paréceme que as auditorías son necesarias. Costosas pero necesarias. O problema non son os 2000 € que custan senón os recursos que se gastan, nalgúns casos, para maquillar as contas e enganar ao auditor.

    Todo este gasto sería innecesario si as administracións públicas interiorizasen competencias que lle sen propias (en políticas de colaboración exterior, atención persoal,…) en lugar de delegar en entidades externas con ou sen ánimo de lucro.

    # O Afiador da Galiza: Obrigado. Unha aperta Irmandiña!

Os comentarios están pechados.