Mitins, bandeirolas e hooligans ardentes

O día 6 Novembro 2011, clasificado en: política estatal, por xOsse dorrío

Asistín a moitos mitins na miña vida e víame sempre rodeado de argaos, de xente que non escoitaba, berraba cando se lles pedía que o fixeran, ou instintivamente cando se ventaban valores identitarios, ou calaban ao falar de conceptos políticos, económicos, mesmo filosóficos que nos afectan.   Coches pola rúa rebentando oídos aos viandantes, cartaces [...]

A Constitución dos mortos que goberna aos vivos

O día 28 Agosto 2011, clasificado en: actualidade, política estatal, por xOsse dorrío

6 de decembro de 1978. A un total de 26.632.180 españois dáselle a oportunidade de decidir, non soamente o seu presente e futuro, senón tamén o pasado, presente e futuro das 47.021.031 persoas censadas e con dereito a voto nas recentes eleccións municipais de 2011. Daqueles que tiveron semellante privilexio en 1978, e que agora [...]

Indignado

O día 10 Abril 2011, clasificado en: actualidade, libros, política internacional, política laboral, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Arroutada Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto [...]

etiquetas:  

O gran negocio da formación ocupacional e continua

O día 13 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política estatal, por xOsse dorrío

Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para [...]

A que nos ven enriba

O día 9 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade. Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo [...]

Dúas novas: unha boa e outra mala

O día 20 Agosto 2010, clasificado en: política laboral, política local, por xOsse dorrío

Comezo pola mala: a economía non tira. Un exemplo, a petición de licenzas para centros comerciais cae a cero en Galicia; outro, a creación de empresas ralentízase: 210 en seis meses na provincia de Ourense. Somos territorio desempregrado. A boa nova non é que os axentes de emprego teñan menos traballo , a boa nova [...]

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?

O día 11 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, lingua galega, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta: “Unha vez máis, [...]

“Recompénsase aos culpables e faise sufrir aos inocentes”, SUSAN GEORGE

O día 26 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política internacional, política laboral, por xOsse dorrío

Fai máis de catro décadas que Susán George (Ohaio, 1934) avoga por outro mundo, tan globalizado como o actual, pero máis solidario é sostible. Fundadora é presidenta de honor da organización altermundista ATTAC, sostén que aínda non vimos o peor da crise. “A desfeita actual é a antesala dun fenómeno máis grave”, asegura George, extremadamente [...]

Daniel Cohn-Bendit e Julio Anguita. As (ideas de) esquerda existen.

O día 2 Xuño 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Estes vídeos ten xa unhas semanas pero seguen estando de actualidade. É o que ten as ideas boas, nunca se pasan.

Desinformación

O día 9 Xaneiro 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

Na actualidade, a maioría das novas que provén das administracións públicas están destinadas a provocar unha enchente de desinformación da que logo os medios amarelos se fan participes trasladándoa ás masas. Nun mundo no que a información é efémera cumpre xerár a diario novas que manteñan permanentemente enganada a cidadanía, pois de non facelo, e [...]

A máis paro… máis impostos.

O día 1 Setembro 2009, clasificado en: actualidade, política estatal, política internacional, por xOsse dorrío

Un goberno verdadeiramente progresista debería ter referenciado os impostos polos que tributan as sociedades ós seus gastos en políticas sociais. Soamente así é posible cumprir co mandato constitucional que obriga a achegar recursos suficientes para cubrir os anteditos gastos. Un dos parámetros fundamentais para facer posible esa esixencia do pobo soberano (?) é o tipo [...]

etiquetas:  

Ti non tes por que pagar os erros do neoliberalismo. A crise que a pague o capital!

O día 29 Agosto 2009, clasificado en: actualidade, política estatal, por xOsse dorrío

Con este lema, ‘Por un novo modelo económico e social. A crise que a pague o capital‘ a CIG enfrontou a situación económica derivada da crise financeira global que estamos a padecer. É un anhelo lóxico xa que foi o capital, as grandes multinacionais, nun contexto de economía excesivamente agresiva e especulativa, o que nos [...]

A Crise NINJA e outros MISTERIOS

O día 3 Abril 2009, clasificado en: blogosfera, libros, política nacional, por xOsse dorrío

Xa tiña falado noutras ocasións de Leopoldo Abadía, ó referirme a el en «a crise financeira global» e o seu blog «La crisis Ninja«. Sobre este tema trata boa parte do seu libro pero, como vedes na portada, tamén fai referencia a outros misterios. Neste post quero centrarme nun deses misterios, sobre o que xira, [...]

etiquetas:  

Estamos de REBAIXAS… de impostos

O día 17 Febreiro 2009, clasificado en: actualidade, Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasan pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,… Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga [...]

etiquetas:  

A culpa é dos bancos!

O día 5 Febreiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política internacional, política nacional, por xOsse dorrío

Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos ós ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen [...]

etiquetas:  

A Crise Financeira Global.

O día 7 Xaneiro 2009, clasificado en: política internacional, por xOsse dorrío

Globalización: defensores e críticos. A Crise Financeira Global. O debate da globalización trata, en realidade, sobre as vantaxes ou desvantaxes da implantación das políticas económicas neoliberais a escala mundial, coincidindo a súa vez, co clásico debate entre dereitas -a favor da globalización- e esquerdas -en contra-. Estas novas políticas promoven a desregulación (o termo máis [...]

etiquetas:  

La Crisis Financiera Global.

O día 7 Xaneiro 2009, clasificado en: actualidade, política internacional, por xOsse dorrío

Globalización: defensores y críticos. La Crisis Financiera Global. El debate de la globalización trata, en realidad, sobre las ventajas o desventajas de la implantación de las políticas económicas neoliberales a escala mundial, coincidiendo a su vez, con el clásico debate entre derechas -a favor de la globalización- e izquierdas -en contra-. Estas nuevas políticas promueven [...]

etiquetas:  

Os novos xa non nos cren

O día 11 Decembro 2008, clasificado en: política estatal, política internacional, política nacional, por xOsse dorrío

Esté é o titular dunha nova que publica hoxe o diario El País. Non sei si estades ó tanto da violencia desatada en Grecia, uns din que a raiz da morte dun rapaz de 15 anos polo disparo dun policia. Eu non estou moi dacordo con esa tese. Estamos pasando por unha crise económica forte, [...]

A Voz… de Quen?

O día 10 Decembro 2008, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Nestes días La Voz de Galicia está realizando unha análise a fondo das consellerías dirixidas polo BNG. Onte tocóulle a Vicepresidencia da Igualde e o Benestar e o desenrolo da Lei de Dependencia en Galiza, hoxe a Consellaría Industria e os Megawatios postos en liza, mañá, xa veremos… Trátase dunha movilización sen precedentes dun diario, [...]

Os plans anticrise levantan desconfianza

O día 1 Decembro 2008, clasificado en: actualidade, política estatal, política internacional, política nacional, por xOsse dorrío

A pregunta que máis se repite nos medios de comunicación cando o entrevistado é un responsable político é ata cando durará esta crise. É o que todos queremos saber, lóxico. Canto máis coñecementos teña aquel en materia económica máis evasiva será a súa resposta. Non hai nada máis atrevido que a ignorancia, tanto para ignorantes [...]

etiquetas:  

Contra a crise… lotaría

O día 27 Novembro 2008, clasificado en: actualidade, política estatal, por xOsse dorrío

Onte era Bruselas quen propuña os Vintesete invertir o 1,5% do PIB europeo en medidas de choque pra levantar a economía, isto é uns 200.000 millóns de euros, elevando o gasto público en estratexias de emprego, promoción empresarial mediante incentivos fiscais, protección das familias con axudas sociais -aumentando ós parados o prazo de cobro de [...]

etiquetas:  

Que son as subprime?

O día 27 Novembro 2008, clasificado en: política internacional, vídeos, por xOsse dorrío

Neste video podedes atopar a resposta esa pregunta. Logo de moito buscar esta é a analise máis seria e acertada que atopei sobre a verdadeira orixe da crise financiera, as hipotecas subprime, así como das consecuencias que se poden derivar dela. The Last Laugh – George Parr – Subprime – subtitulosCargado por erioluk

Estados financieiros de La Región

O día 5 Xuño 2008, clasificado en: actualidade, por xOsse dorrío

Logo de botarlle unha ollada as contas de La Región correspondentes ó cerre do exercicio 2006 estas son algunhas das conclusións as que cheguei: Os ingresos por ventas do exercicio [13.610.348,41 € (uns 265.000 € menos que en 2005)] son menores que o activo corrente (19.353.623,7 €). Isto é, durante un ano ingresou menos diñeiro [...]

etiquetas:  

La Región

O día 31 Maio 2008, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Un bo día levanteime coa nova de que Baltar quería que a Deputación de Ourense entre no accionarado do xornal «La Región», iso sí, coa complicidade de PSdeG e BNG. Que raro, non? Baltar nunca da nada a ninguén salvo que llo deba ou pretenda que llo deban, entendedes? Estanse dando moitos casos destes últimamente. [...]

etiquetas:  


arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes