Dúas novas: unha boa e outra mala

Comezo pola mala: a economía non tira. Un exemplo, a petición de licenzas para centros comerciais cae a cero en Galicia; outro, a creación de empresas ralentízase: 210 en seis meses na provincia de Ourense. Somos territorio desempregrado.

A boa nova non é que os axentes de emprego teñan menos traballo ;), a boa nova é que hai axentes que xa comezaron a asociarse. AFIPRODEL (Asociación “ Finisterrae” de Profesionais de Desenvolvemento Local) é unha entidade profesional no ámbito de desenvolvemento local na provincia da Coruña. Ese é o camiño que debería seguirse noutras provincias polas razóns que sinalaba no post anterior.