Un exemplo de mala dirección

Na seguinte lista vou detallar as características do que é unha mala dirección (ou boa, segundo Nuria Bueno Aizpuru, xa que é a que ela practica), sobre fondo branco, e o que eu entendo que debe ser unha boa dirección (seguramente ignorada por aquela), sobre fondo gris. Podedes coller estas características e identificalas co funcionamento da dirección da vosa empresa, asociación, partido, concello,… para coñecer si formades parte dunha organización sa ou, polo contrario, enferma.

  • O persoal non traballa para lograr os obxectivos da empresa

Os obxectivos son amplamente compartidos polos membros da organización e están comprometidos en levalos a cabo.

  • A xente ve que as cousas van mal e non fai nada para evitalo. A xente fala informalmente dos erros e fallos con persoas non implicadas neles.

A xente séntese libre para sinalar as dificultades. Confían en que os problemas se resolverán

  • A xente trátase mutuamente de forma ficticia. Enmascáranse os asuntos e os problemas, especialmente fronte ao/a xefe/a.

Os problemas resólvense con pragmatismo e sen complexidades, de xeito directo e oficialmente. Tolerase moito a conduta inconforme.

  • Quen dirixe a organización controla o maior número de decisións.

A toma de decisións determínase pola habilidade, o sentido de responsabilidade, de información, a importancia do traballo, o tempo e o desenvolvemento xerencial. O nivel xerárquico non é considerado como determinante.

  • Os/as directores/as actúan pola súa conta provocando que non se opere conforme aos plans da organización.

Hai sentido de equipo na planificación, o desempeño e a disciplina. Hai responsabilidade compartida.

  • Non son importantes para o director/a as necesidades e os sentimentos persoais dos traballadores.

Os problemas que se abordan inclúen as necesidades persoais e as relacións humanas.

  • A xente compite cando se necesita colaborar. Buscar ou aceptar axuda é signo de debilidade. Ofrecela é algo que non ocorre.

Existe un alto grado de colaboración. Hai disposición para colaborar e a competencia é mínima.

  • En momentos de crise a xente evádese ou incúlpanse mutuamente.

En momentos de crise a xente coopera ata que a situación se supera

  • Os conflitos persoais xeralmente ocúltanse e hai un claro incremento de xenreira e contas por cobrar entre o persoal.

Existe moito aprendizaxe no traballo baseado na vontade de dar. Búscase a retroalimentación e o consello.

  • A retroalimentación e a crítica é evitada.

A crítica considerase inherente ao traballo e é aceptada como parte do cotiá.

  • A xente séntese soa e falta de preocupación polos demais.

As relacións son honestas, a xente preocúpase polos demais e non se sente soa.

  • A xente séntese prisioneira do traballo e a rutina, está aburrida, anquilosada e considerase obrigada a permanecer nel por necesidade. A súa conducta é indiferente e dócil. Non se sente nun ambiente agradable.

A xente está motivada, moi involucrada voluntariamente. O seu lugar de traballo é importante e divertido.

  • O/a director/a é o “pai/nai” que da ordes na organización.

O liderado é situacional.

  • O/a director/a controla esaxeradamente. Da pouca liberdade para permitir erros.

Hai un alto grado de confianza entre a xente, un profundo sentido de liberdade con responsabilidade. A xente sabe o que é importante para a organización e o que non o é. Tense a convicción de que se pode aprender dos erros.

  • Ten un gran valor minimizar o risco.

Acéptase o risco como unha condición do crecemento e unha oportunidade.

  • O desempeño deficiente é disfrazado ou manipulado arbitrariamente.

Afróntase o desempeño deficiente e búscase a solución pertinente.

  • A estrutura, política e procedementos da dirección son unha “camisa de forza” para a empresa. A xente refuxiase nas políticas e procedementos e xoga coa estrutura da organización.

A estrutura, política e procedementos da dirección, están orientados a axudar a xente a protexer permanentemente o bo funcionamento da organización. Non hai unha resistencia excesiva a cambiar a estrutura, política ou procedementos da dirección.

  • Ten plena validez o lema “viva a tradición”. Rexeitase de plano calquera idea innovadora.

Existe un sentido de orden e un alto grado de innovación.

  • A innovación non abrangue, especialmente, en quen ten o poder de dirección.

A dirección e o persoal do grupo adáptanse rapidamente aos cambios e anticípase o futuro.

  • A xente “come” as súas frustracións.

As frustracións son un signo que chama a atención.

16 comentarios en “Un exemplo de mala dirección”

  1. Esto semelha a minha clase de direcçom e gestiom do persoal… hehehe. Todo seja dito moi aburrida pois a senhora adíca-se a ler os apuntes coma por coma desde vai nom sei quantos anos… Mas hoje fijeches-me lembrar o que demos onte sobre os estilos de direcçom básicos e os dos distintos autores que innovarom sobre a matéria… Pufff eu pensei q estas cousas só estavam para bota-la sesta as quintas e sextas pola tarde xDDDD.

  2. …a mala organización das empresas é un presente ao longo da historia e en todas as empresas. É moi doado votarlle á culpa a primeira persoa que pasa nese momento e por suposto o que temos que facer é mirar dentro de nós mesmos, que algo de culpa si que teremos.

  3. Pero qué fácil es la crítica y qué dificil la autocrítica. Qué fácil es echar la culpa a los otros. Estimado Bloguero, veo por lo que escribes que la teoría te la sabes más o menos bien, sin embargo dudo que tengas experiencia alguna en la dirección/gestión o coordinación de equipos. Se nota que eres una pèrsona con grandes carencias socio afectivas y mucha mala leche, sobre todo por hablar públicamente y de manera tan dañina de una pèrsona que supongo que no tiene la posibilidad de defenderse ya que dudo que sepa de la existencia de este intento de blog. Es un placer ver como la mediocridad se deja ver tan de frente para que todos pòdamos verla.

    Siento mucho que tus carencias te impidan desempeñar tu rol dentro de tu equipo de trabajo.

    Supongo que no dejarás publicar mi post pero por lo menos leelo y reflexiona.

    Un saludo

  4. Non te preocupes, este blog non pasa desapercibido para ela nin para ninguén que pregunte pr ela en google, yahoo, bing,….

    Polo que respecta as miñas carencias,… en fin, aplícate o conto.

    Falas de equipo: en seis meses non vin ese equipo por ningún lado (creo que o deixo claro no post).

    E non, a mediocridade nunca vai de fronte, máis ben ao revés, sempre ás agochadas. De fronte vou eu.

    Xa ves… aquí só se censura o insulto. As manifestacións, por moi absurdas que sexan, ten cabida. O caso é remoer conciencias.

  5. Querido amigo la mediocridad es un signo de la ignorancia, para esconderla es necesario crecerse e intentar hacer ver al resto que no se es, pèro el que es mediocre e ignorante, aunque lo intente no puede ocultarlo hasta que no lo asuma primero y lo cambie después. Además añado lo cierto que es el dicho de que la ignorancia sin duda es muy atrevida. Y tú querido Xosé eres muy atrevido.

    Un fuerte saludo

    FELIZ NAVIDAD

  6. Evidentemente, temos diferentes concepcións da mediocridade e da covardía. Repito, a risco de caer reputante, as persoas mediocres actúan sempre de xeito covarde para suplir as súas carencias, para chegar a posicións que por méritos xamais o farían, deixando fora do xogo a outras moito máis valiosas (e non falo por min,… a onde vas!) pero que, por dignidade e integridade persoal (que aínda que non o creas, hai xente así), xamais se agacharán ante ninguén nin se agocharán para dicir o que pensan (que é o que fago eu, por exemplo, asinando con nome e apelidos cada unha das entradas deste blog).

    Repito o dito no post anterior, o atrevemento vai máis ligado coa estupidez. Sen dúbida, persoalmente, iríame moito mellor dicindo o contrario do que digo, que non estando calado (moitas veces me dixeron “caladiño iríache mellor”, non e certo), porque calados tampouco se consegue nada.

    Aquí, neste país, os únicos que conseguides algo, algo máis do que vos merecedes, moito máis en moitos casos, sodes os que ides de despacho en despacho gabando aos políticos de turno. Inclúote a ti e a persoa que defendes. A min, particularmente este tipo de actitudes prodúceme moito noxo. E dígoo. E vomítoo. Só faltaría que, por riba, tivese que dixerilo.

    Pero, máis que noxo, é unha inxustiza social que afecta, primeiro, a moitas persoas de xeito individual e que, logo, nos afecta a todos como país. Un país permanentemente atrasado por tolerar, silenciar e, fixate ti, defender este tipo de condutas.

    A UPD que dirixiu a túa querida amiga (entendo que dis o que dis por isto e non pola túa labor como mediador laboral, pois o que estás logrando é encerellalo aínda máis), Nuria Bueno Aizpuru, en dous anos foi incapaz de crear unha soa empresa ou de ocupar a máis persoas con discapacidade (misión fundamental desta UPD) que as que directamente traballaban para UPD. Que digo crear empresas? Non se fixo nin sequera un só plan de empresa que, tratándose dun equipo de técnicos, xa é grave. Onde está a promoción das persoas? Onde o Desenvolvemento deste país? Onde a capacidade desta directora?

    E falamos de moitos cartos investidos! Onde os resultados?

    Falabas tamén de ‘experiencia’ no teu primeiro comentario, mal director. Iso é moi importante neste mundo. Máis no ámbito público que no privado, pois no primeiro non se valoran os resultados, chega con sumar tempo; no segundo si é fundamental demostrar a consecución de obxectivos. Seguro que esta persoa sumará dous anos máis de experiencia no seu curriculum vitae -que serán determinantes para ‘limparlle’ o posto a calquera outro aspirante- pero, falará nel do incumplimento flagrante de obxectivos da ‘súa’ Unidade?

  7. Desde luego que pareces tremendamente afectado y dolido por tu paso en el equipo de la UPD. Comentarte que desde luego no es mi interés defender a nadie, y por otro considero, y es una opinión personal, que creo que es muy atrevido hablar de esa manera de cualquier persona. Seguro que los datos que das son ciertos, no tengo porque dudarlo, pero… lo que parece que dejas de lado y parece que no te preguntas son los porqués. En toda mi carrera me he encontrado con diferentes personas líderes de equipo, todos ellos con diferentes estilos de dirección, alguno muy buenos, otros no tanto, sin embargo nunca me encontré con nadie que fuera malo/a por apetencias. En muchas ocasiones juzgué de manera equivocada las acciones de determinadas personas, no digo que sea tu caso con esa tal Nuria, sin embargo siempre había condicionantes que explicaban, no justificaban determinadas decisiones. Lo que planteas en los post es a una persona que parece que ha nacido para putearos al resto, a lo que yo te digo… en toda mi carrera profesional nunca me encontré con alguién así, te has preguntado los porqués?????? . Puede que haya algo más que la sola idea de que una persona que supongo tendrá una trayectoria profesional anterior, esté en ese puesto de dirección para humillaros y despreciaros?????? Esa persona es la mayor responsable del proyecto, depede de aguién, toma las decisiones sin consultarlas a un superior???? Has intentado fundamentar tus propuestas de manera sólida??? Le has pedido explicacioines razonables de porqué rechaza tus propuestas?, sobre todo antes de tener este mal rollo que teneis??? Espero que al responderte esas preguntas te pares un momento a pensarlas y no te dejes llevar por tus emociones hacia esa persona y trates de hacerlo con profundidad.

    Lo dicho en el anterior post FELIZ NAVIDAD

    P.D Con el tema de los nombres y apellidos, me puedes llamar Sr. Mal Director A Secas

    Un saludo

  8. Aí estiveches ‘agudo’… XD

    Hai cousas que só se poden entender si se parte dunha concepción malévola. Outras, en cambio son o resultado da incompetencia.

    Por exemplo, as cuestións que ti plantexas gardan ese punto de maldade ao desviar as consecuencias dunha mala xestión cara outras persoas, sen dar nomes nin de terceiros nin o propio (velaí a razón fundamental pola que foi preciso que eu si dese un nome, para non sinalar e responsabilizar a outras persoas que, salvo que me demostren o contrario -faladurías xa oín e lin de abondo- nada ten que ver coa xestión mediocre da UPD).

    Este post fai referencia a uns feitos que eu mesmo constatei durante os últimos meses; amais disto oín e lin moitas outras cousas que non obedecen a razóns empíricas senón o mero lercheo dentro dunha organización, no que, a nosa ‘querida amiga’, era unha experta, especialmente en lanzar acusacións difamatorias contra a propia entidade que lle paga -e sobre os ‘compañeiros’ que tiña o ‘poder de dirección’, entre eles eu-, dando lugar así a moitas situacións que nesta entrada se recollen, especialmente a primeira: “o persoal non traballa para lograr os obxectivos da empresa”. Seguramente ti coñezas de primeira man eses comentarios insidiosos, de aí as túas interrogantes.

    … e creme, neste mundo virtual no que nos movemos todos somos menos anónimos do que pensamos.

    Que a desigualdade no mundo -pobreza, fame, guerras, explotación infantil,…- non vos impida desfrutar destas festas: BO NADAL!

  9. Pues sí que andamos buenos!! … Ay Xosé, desde luego que a lo largo de esta conversación y supongo que en el resto del Blog, y supongo, aún a riesgo de equivocarme, y pido perdón por adelantado si es así, también en tu quehacer diario te muestras como una especie de Don Quijote. Quiero recordarte que la imagen y el imaginario de Don Quijote presenta una serie de atributos que pegan mucho contigo, como son el inconformismo, la idealización y búsqueda de valores e ideales elevados como la igualdad, el amor y la justicia… sin embargo quiero recordarte que Don Quijote será recordado por que luchaba contra molinos de viento, creyendo que eran Gigantes malvados, y nada más lejos de la realidad. Eran simples molinos desvirtuados por la locura y la ceguera de nuestro querido hidalgo Don Quijote.

    Comentabas en otros post que algunos te habían recomendado que fueras menos Don Quijote (si se puede decir así), pues tienen mucha razón ya que Don Quijote fue un hombre atormentado por sus locuras adolescentes, que agravió a muchos semejantes que sin comerlo ni beberlo se vieron engarzados en esas fantasías autolesivas y también las sufrieron.

    De todas formas Xosé, se que actualmente las cosas en el tema laboral están bastante jodidas pero… te compensa seguir en una organización con la cual estás tan desencantado, irritado y dolido????

    Un saludo y ya casi FELIZ AÑO NUEVO!!!

  10. Que rollo tes Xossé. Cómo che gusta facerte a Víctima. porque non lel dis ao teus amigos do blog quen eres de verdade????. Porque os teus compañeiros, ningún te aguantaba, nin Nuria nen ninguén. E agora ves cos teus inconformismos.
    Ojalá teñas sorte e non topes con un direcctor que sexa coma ti porque francamente, valo pasar moi mal igual que lle fixeches pasar aos demais.
    Non sei como fas pero tes que levar ao teu terreo a todas as persoas porque se non jódelas no teu estupendo blog. e tes a cara de dicir qeu vas de fronte. Eres un cobarde que se esconde baixo a manta da Intenet.
    E antes de que me digas nada, non mostro a miña identidade no blog, pero dáme tempo que realmente as saber quen son.
    FELIZ NAVIDAD E PRÓSPERO 2010

  11. Eu son o cobarde que asina con nome e apelidos e ti a valente que se agocha baixo un ‘nick’. Canta razón levas. Porque non dis ti en público o que dices en privado? A que xogas?

    Onde están os compañeiros que non me aguantan? Si non existiu grupo, en ningún momento -así o reflexei no meu primeiro informe a directora, que toda preocupada me preguntou se me quería marchar,… mágoa-, como van existir compañeiros? Como podes dicilo ti que non formas parte dese grupo?

    En fin… que cada quen asuma a súa propia mediocridade. E ti a túa, por suposto.

  12. Xa che gustaría que fose tan mediocre coma ti, ou que pena para min. Pensa o que queiras e sigue no teu mundo de yuppi.
    Que che vaia ben, porque se segues así vaiche pasar sempre así.
    Un cordial saúdo.

  13. Se te adicases a traballar, en lugar de perder o tempo (clica) navegando por internet, seguro que a FADEMGA (clica) e aos seus asociados lles iría moito mellor.

    Non creo que aos pais, titores,… de persoas con discapacidade intelectual lle faga moita gracia saber que os profesionais, que tanto esforzo lle custa pagar, adican o seu tempo de traballo a navegar por páxinas que nada teñen que ver coa súa labor -entre outras cousas-, en lugar de procurar unha vida mellor para este colectivo. É así como aproveitas o teu talento?

    Non sei como a túa conciencia che permite estar onde estás, pois non só este comentario, senón todos os comentarios que levas feito, realizáronse no teu tempo e dende o teu centro de traballo.

    Non, ti non eres mediocre, ti vas de sobrada… “dame tempo que realmente as saber quen son”, dis aquí. Para que necesitas ese tempo? Para ser ‘alguén’?

  14. Falas sen sentido. e para que te des de conta nin trabalo para Fademga nin son tan mediocre coma ti. olvídate de min porque non te preocupes non merece a pena ver as gilipolleces coas que te sentes deus. e de verdade in me gustaría coñecerte, simplemente te coñezo polo blog e por comentarios que teñen feito de ti (e non penses nos/as teu/tuas compañeiros/as de ex-traballo.
    Adeus e de verdade (aínda que on me creas), deséxoche sorte e que che vaia ben porque coa túa mentalidade tan cerrada e crítica hacia o exterior non te vai levar moi lonxe.

  15. Fai o favor é mira ben a imaxe que che enlazo máis arriba (pódese ler claramente “mail.fademga.org”, en fin…). Como lle digo ao teu ‘compañeiro’ en internet non somos tan anónimos como cremos. Cando menos, hoxe non utilizaches a coñexión nin o tempo da entidade que che paga. Mellor así. E non, non son eu quen ten que deixarte en paz, fuches ti quen veu aquí a importunar, a miña casa, ao meu blog. Eu a ti non te fun buscar, verdade? Eu a ti non te fun insultar (e refírome aos teus insultos que borrei, pero que aínda conservo na miña caixa de correo), verdade? Fuches algo atrevida, non si? Para non coñecerme de nada -iso é certo, que saibamos quen somos cada quen non implica coñecernos- despachácheste a gusto.
    Tampouco me sorprende que hoxe, precisamente hoxe, voltases por aquí. De feito estábate agardando. 😉

Os comentarios están pechados.