Malia os tópicos que din que ‘corrupción houbo sempre’, pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a concesión de contratos para realizar servizos que antes prestaban directamente as administracións públicas, dende a simple organización de actos públicos, pasando pola elaboración de estudos, prestación de servizos sociais, servizos de limpeza, mantemento de estradas, servizos contra o lume, sanidade e un largo etcétera, que provocan que, na loita por facerse con eses contratos, as empresas estean dispostas a recorrer a prácticas sucias para garantir o seu propio éxito.
Esta situación fai que, lonxe de supor un aforro para as administracións públicas -sempre nos falaron dende os partidos liberais da eficiencia da empresa privada respecto ao dilapidamento de recursos da administración pública- o gasto destas multiplícase, xa que as empresas se ven na obriga de inflar presupostos para pagar custosas comisións a toda esa rede de intermediarios e conseguidores de contratos, rede que logo debe aboar a súa parte ao político de quenda.
Os cartos que antes ingresaba a administración pública e que logo eran administrados por ela mesma, para prestar directamente os servizos que lle corresponde, fomentando, amais, o emprego estable e de calidade, agora saen das arcas públicas cara unha empresa que conseguiu ese contrato grazas a unhas vías fraudulentas coa intención de obter un lucro excesivo, non de prestar un servizo, co cal tamén terá facer fronte aos custos da súa consecución. Como estas empresas agardan obter grandes beneficios económicos, a diferencia das administracións, terán que maximizar os seus recursos para logralo. Iso é doado. Só hai que reducir gastos, non? Os ingresos están garantidos. Como se fai? Sinxelo: primeiro, reducindo a calidade do servizo (quen non viu algunha vez unha estrada que se levanta as poucas semanas da súa apertura?) e segundo, como non, aumentando a precariedade laboral.
Coa externalización de servizos levada a cabo pola dereita non só non se puxo fin ao dilapidamento do erario público senón que se aumentou, ao tempo que se reduciu a calidade dos servizos e dos cadros de persoal fixo que os realizan. Pagamos máis impostos ca nunca –ver artigo anterior-. Como é posible? Acaso a empresa privada non ía ser máis eficiente? Si non se logrou prestar mellor servizo a menor custo, non se debería volver ao modelo anterior? O que antes era unha mala xestión -dicían- agora converteuse nunha malvada xestión, pois as accións dos que gobernan as administracións están levando ao baleirado –ver a situación dos concellos– das arcas públicas para encher as duns cantos privilexiados que multiplican patrimonios a conta da contratación coa administración pública.
É esta unha cultura que callou incluso entre os partidos da esquerda. Si ben nos primeiros intres se alzaban contra calquera externalización de servizos, no momento que lles tocou dirixir algunha administración, non só non mudaron estas políticas, senón que as reforzaron. Dubido que atopedes nos programas de PSdG e BNG alusión algunha a interiorización de servizos, ou peor, si dades con algunha, seguramente se trate dunha promesa incumprida. Cal é logo a alternativa?
Teremos que pensar, sobre todo para concellos de menor entidade (que son a maioría) en mancomunar servizos e abandonar algún dos procesos de externalización que semellan un cachondeo. No meu concello, o mantemento das liñas de auga corrente é por conta propia e o cobro de recibos téñeno traspasado a unha empresa.
Quizais, unha boa fórmula para mancomunar servizos nos concellos pequenos sería comezar por ‘mancomunar políticas’, isto é, apostar máis por asociacións de electores e abandoar o partido político.
O problema dos concelhos pequenos e nom tam pequenos é a ausência total dumha visom de país por parte da classe política que impede a forças dispares, e ainda entre alcaides afins, concordar para poupar em serviços e desenhar uns concelhos viáveis economicamente. Umha aperta irmandinha
O inimigo inda que se camufle con mascaras de diversas formas e cores está claro, cristalino máis ben: Globalización, Neoliberalismo, Liberalismo,Neocons.
Non andas mal encamiñado xOsse e vouche contar o que me tocou vivir sendo o secretario da comunidade.
Era decembro de 2005 cando un empresario que traballaba e segue traballando en exclusiva nos montes da comunidade, me chegou con varios lotes de botellas de viño para que no las repartísemos os catro directivos.
A verdade é que me quedei abraiado xa que descoñecía esa practica e os anteriores xestores (xente do PP) nunca habían dado conta de feitos parecidos. Anos atrás si que correra o rumor de que 2 directivos (tamén do PP) por un ingreso de 50 millóns das antigas pesetas un banco lles había “regalado” unha báixela.
Collín o agasallo coa única idea que bulía na miña cachola, os comuneiros e comuneiras tiñan que ser coñecedores disto e ser participes do “premio”, xa que ao fin e cabo o monte é de todos, non dos directivos de turno, algo que esquece a maioría.
Vinmas negras para que iso fose avante, xa que os 3 ex compañeiros, especialmente o presidente, querían quedarse con todo. Despois de moito relearme, intentou convencerme de quedarnos coa metade e repartilo resto. Encerrado nas miñas treces díxenlle con rotundidade que eu non me quedaría con nada e que fixeran o que quixesen con todo. Como viron que non cedía, ao final acordaron o que defendín dende o principio, rifalos lotes entre os asistentes a primeira asemblea que tivésemos, como así foi.
Só eran unhas botellas de viño, pero o que se “mancha” nunha miseria de seguro que se mancha en moito máis.
Sobre a frase do “insigne” só engadir que parece mentira que xente que se “autodenomina” nacionalista guste desas practicas. Se queren “dádivas” que sexan para o pobo que é quen pon os cartos, non para eles que xa viven á nosa costa.
Nalguns concellos grandes vense grandes lameiras, se non esterco
VigoBlog: El pelotazo II (The way)
Conversa con Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2009, en ‘Menos mal que nos queda Portugal‘.
E venres segunda parte da entrevista. Saúdos.
Pois isto é unha práctica moi extendida e ven de moi atrás, está como institucionalizada.
Vinme moi de cerca metida nun lio moi parecido ao que conta o Paco cando o meu home foi alcalde, e o caso é que devolver os agasallos resulta imposibel e ademais míranche mal e chámante tolo e novato, xa que non entendes as lides do cargo, en fin…
luitar contra a corrupçom é cada día máis difícil porque como bem sabemos esta instalada em muitos ambitos das instituçons e da sociedade. Hoje em día os regalos e o enchufismo é algo normal ata nas que se suponhem as instituçons e sectores máis combativos da esquerdas. Há liberados e trabalhadores sindicais hoje q nom conhecerom outro trabalho que nom fora esse, muitas vezes de jeito herdado. Erradica-lo é dificil, e máis dificil é volver ó anterior rematando com a externalizaçom… Soluçom… Quiçais o curriculo anónimo como ouviamos estes días ou os concursos anónimos, facer isto de jeito obligatório por lei.