Nov 24 2008

A externalizacion da Xunta

moido por xOsse dorrío ás 12:12 en actualidade, política nacional

Si por algo pasará a historia o actual goberno da Xunta de Galiza será por batilo record de creación de empresas públicas. Crear empresa pública é un factor desivo no desenrrolo dunha sociedade -certo- sempre e cando non se faga a conta de externalizar servizos públicos que xa se ofrecían directamente pola Administración. A derradeira é Galaria, “unha empresa creada por Sanidade para “explotar” centros sanitarios” calificada polos síndicatos como un “chiringuito”. Non é o primeiro, xa houbo outros antes: SEAGA, Consorcio Galego do Benestar,… Todo o que o PP fixo mal en 16 anos o bipartito agravouno, di Feijoo. Todo non, pero moitas cousas si.

Externalización: descentralización das competencias cara a axentes -entes públicos ou privados- alleos á organización mátriz que se descentraliza ainda que esta poida participar parcialmente. Este sería o caso das sociedades anónimas vinculadas a administración como empresas públicas ou sociedades de capital mixto.

Estas iniciativas non perseguen otra cousa que non sexa burlar os controis que a Administración establece sobre a actividade pública, representando ademais, a privatización de servizos, unha transferencia á iniciativa privada da propiedade de activos públicos e de responsabilidades na provisión, a financiación, a producción e a adquisición de servizos públicos. Estas prácticas levan a cabo tamén unha certa superposición ou confusión no desempeño do servizo.
Un exemplo disto é o Servizo de Extinción de Incendios de Galiza que o realizan ó mesmo tempo empregados da Xunta e da empresa pública SEAGA, estándo todos baixo a dirección da Xunta de Galiza, e dicir, que si hai un lume no Carballiño e alí hai unha brigada de SEAGA, non serán os mandos desta empresa quen lle dean a orde de ir apagalo, o contrario, a orde virá da Xunta; polo cal, tampouco sorprenden certas declaracións dos sindicatos cando manifestan abertamente que se trata unha ETT. E que o é!! O único que fai SEAGA é aportar traballadores a Xunta, como o faría calquer outra ETT e, todo isto, sen ter que pasar polos rigorosos controis que se prevén na contratación pública o que lles permitirá levar a cabo unha política clientelar-ou o que é o mesmo: enchufar ó parente, ó amigo ou ó veciño- ademais de encarecer a prestación do servizo ó ter que crear unha estructura organizativa paralela á da Xunta de Galiza (co seu consello de administración, presidente, vicepresidenta, director xerente, directores provinciais,…). Claro que a unha ETT esíxeselle ter un mínimo de 12 traballadores con contratos estables ou de duración indefinida. Pero de contas quen sabe é o Conselleiro, que para iso é matemático, e eu non pasei de ser una alumno do montón… nesa faceta. Das subcontratacións que SEAGA fai a certas empresas “amigas” no rural falarei máis adiante.

Noticia… relacionada?

“Son 35 chiringuitos menos dunha tacada”, di Suárez Canal da Lei de Desenvolvemento Comarcal
Suárez Canal celebra “eliminar 35 chiringuitos de una tacada”

Sanidade promete que ningún hospital será explotado a través de empresas

Crear páxina de impresión Crear páxina de impresión

4 están de parola

4 están de parola en “A externalizacion da Xunta”

  1. Anel 24 Nov 2008 a las 19:02

    A xunta e como o windows, metendo trapallada sobre trapallada…haber si un día fan limpieza total e comezan como deus manda. Saúdos e apertas

  2. xOsse dorríoel 24 Nov 2008 a las 19:11

    Ou iso ou cambiar pra Linux.

  3. xOsse dorríoel 26 Nov 2008 a las 15:01

    - Porque se lle chama administración paralela a aquela que crearon os outros gobernos e non o actual?

    - porque se sostiveron durante estes tres anos unhas “entidades afuncionais, inútiles, que non cumpren ningunha función”?

    - porque non tiñan ningunha función?

    - que seguridade xurídica ten os actuais traballadores dos “churinguitos” creados polo bipartito?

  4. [...] sempre?, pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a [...]



Rolda de Rebeldía
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It