#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Os presupostos de Galiza para 2009

Posted on 25 Novembro 2008 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política nacional 5 Comments
Bueno! Bueno! Bueno! Esta forma tan expresiva de abrir este post débese, por unha parte, para apoiar a campaña de alemá a prol da legalización da interxección ‘bueno’ na lingua galega, pola outra, pola sorpresa que me levei onte cando lle estaba botando unha ollada os presupostos que se están debatindo no Parlamento Galego para o vindeiro ano. Non é que me aburra, só quería ver cantas sociedades públicas dependen da Xunta de Galiza. Contei 38 entre ‘Entes de Dereito Público‘ e ‘Sociedades Mercantís e Fundacións Públicas‘, ainda que vexo que non están todas.

Onte falaba de SEAGA e como me picou a curiosidade acerquéime pra mirala máis polo miudo. Xa coñecía a plantilla que a empresa tiña en 2007 –velaquí parte dese informe (quen o queira ver completo, só ten que pedirmo). que medrou no 2008 ata superar os 2.400 empregados. Non se aclara no documento cantos fixos e cantos temporais, ainda que sabemos, polas convocatorias, que so se crearon 6 postos fixos en 2007, ainda que nese informe aparecen 7 -a saber quen será o sétimo!-, ningún en 2008.

A miña curiosidade débese tamén a provisión de postos de traballo que fará SEAGA para 2009, así que vóume a gastos de persoal (páx. 190) on di que “Está previsto que a plantilla media da sociedade se manteña, en liñas xerais, nos índices do 2008. Incrementando únicamente 2 prazas no persoal fixo, 13 en persoal interino e unha diminución de 26 en persoal de obra ou servizo”. Que unha empresa que ten unha porcentaxe superior o 99% de persoal temporal cree tan só 2 postos fixos é unha barbaridade, pero que esa mesma empresa cree 13 postos de persoal interino cando ten tan so 6 ou 7 -a saber- traballadores fixos, amais dunha barbaridade é de ignorantes, imprudentes e neglixentes, como diría Juan Gervás.

Contrato de interinidade: Este contrato ten lugar cando se trata de sustituir a traballadores con dereito a reserva de posto de traballo, sempre que no contrato de traballo se especifique o nome do sustituido e a causa da sustitución. Tamén se pode celebrar o contrato de interinidade para cubrir temporalmente un posto de traballo durante o proceso de selección ou promoción para a sua cobertura definitiva.

Onde están os traballadores fixos que van ser sustituidos por interinos? A ver, o mátematico, sáia ó encerado. Primeiro problema: si temos 6 -ou 7- traballadores fixos e se da a casualidade de que os seis -ou sete- piden unha excedencia, cantos interinos necesitamos para sustituilos?. O problema é faciliño, non?. Outro problema a resolver: si convocamos 2 postos fixos para o ano 2009, cantos interinos necesitaremos para desempeñala función do posto mentres dura o proceso de selección? Este ainda é mais doado.

Noticia relacionada:

O SEAGA non sabe cantos parados vai contratar

BNG dicionario xurídico emprego empresa Fraude de Lei Galiza política SEAGA
« A externalizacion da Xunta
O lobo somos nós »

5 thoughts on “Os presupostos de Galiza para 2009”

  1. Robinho says:
    26 Novembro 2008 at 00:23

    Informareime nestes días e logo xa che retellarei un pouco, que agora carezo de tempo e non sei moi ben como vai o conto.

    Non é que teña que facer cálculo, é que non quero meter a zoca -hehe-.

    Saúdos, e a ver cando lle dás leña tamén aos outros…

  2. xOsse says:
    26 Novembro 2008 at 00:45

    Espero non ter que darlle moita -si te refires ó PP- porque iso significaría que gañarían as próximas eleccións pois, sobre todo, góstame criticar feitos.

  3. Apropiga says:
    21 Xaneiro 2009 at 19:04

    mOendo no foro de Apropiga…

    “Recomendo un blog no que o seu autor fala de Seaga e dos presupostos do ano 2009. É interesante porque se supón que non é unha mente “contaminada” por oscuros intereses senón que ve o que é obvio e así o conta”

    Volta ó foro de Apropiga

  4. Pladiga says:
    21 Xaneiro 2009 at 19:06

    mOendo no foro de Pladiga

    “Pego o post dun compañeiro de apropiga dun artigo sobre seaga dun blog, en teoria, neutral”

    Volta ó foro de Pladiga

  5. Pingback: *mOendo do Revés » SEAGA: a política embulleirada.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Novembro 2008
M T W T F S S
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
« Out   Dec »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés