Dispendio institucional

O día 29 Setembro 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, por xOsse dorrío

Mentres moitas entidades funden os seus recursos -e os de todos- en publicidade, moitas outras pasan dificultades para poder manter servizos básicos. É o caso de AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple), a que pertenzo, que recentemente tivo que prescindir de dous profesionais (fisioterapia e terapia ocupacional) por falta de fondos.

Mentres esta e outras entidades se ven condenadas a deixar de ofertar servizos aos seus usuarios, eses servizos que forman parte do cuarto piar, o estado do benestar, ese piar construído con cartón pedra ao máis puro estilo hollywoodiense, as institucións públicas -e privadas con cartos públicos- seguen dilapidando cartos en publicidade. Exemplos? Isto é o que custa agora -coa «oferta Anticrisis«- publicar un anuncio na «folla parroquial de Ourense», como ben a denomina un amigo:

  • O Concello de Ourense publica día si, día tamén, unha publirreportaxe neste diario. Prezo: 1349,08 €.
  • Nas últimas semanas a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) publica un anuncio a toda páxina -e a toda cor (+30%)- sobre a maratón do Miño. Prezo: 1349,08 €.
  • O Clube Ourense e Baloncesto fai o propio cada día na súa campaña de captación de socios. Prezo: 1349,08 €.
  • CIMO (Centro de Iniciativas para a Mocidade de Ourense, sic) publica cada día unha páxina de ofertas de traballo, que os buscadores de emprego coñecemos e recitamos de memoria como si da aliñación dun equipo de fútbol se tratase, por cansinas, e repetitivas. Prezo: 1349,08 €.

Para que isto non pareza o anuncio de MásterCard non vou dicir aquilo de “crear emprego,… non ten prezo”, que podería. Pero si o ten. Eses recursos dilapidados por estas entidades poderían estar moito mellor investidos si se destinasen a servizos sociais (axudas a entidades sen ánimo de lucro que prestan eses servizos e que non presta quen deberían facelo: as administracións públicas), a unha formación de calidade, en definitiva, a crear emprego, e non a manter calada “a voz da opinión pública”.

etiquetas:  

Os comentarios están cerrados



arquivo de mOendo

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes