Caciquismo formativo, oscurantismo informativo

O día 9 Setembro 2011, clasificado en: política laboral, por ixOsse

A formación segue a ser un bo negocio para os empresarios do sector malia crise reinante. A clave está na habilidade que teñen para acceder a recursos públicos nos que basean tódalas súas expectativas. Unha outra clave: aproveitarse de alumnos (usuarios) e docentes (traballadores). Un clásico do capitalismo moderno

El chavalito que no pinta nada aquí

O día 4 Setembro 2011, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Chaval, la. (Del caló chavale, vocat. pl. de chavó, muchacho). 1. m. y f. coloq. Niño o joven. U. menos c. adj. A palabriña atopeina no dicionario da RAE porque en galego non existe. Para que a utiliza logo o Concelleiro do BNG, Fernando Varela? Pois para insultar… nada mellor que a lingua común para [...]

etiquetas:  

A forza abrasadora da verdade

O día 3 Marzo 2011, clasificado en: relatos, por xOsse dorrío

Queima por onde pasa, non hai mentira que se lle resista, queda reducida a cinza. Hai, pola contra, xente que cre que pode construír ao seu redor un mundo artificial, acochando a realidade que acontece ou aconteceu no seu contorno natural, social ou individual. Hai xente tan afeita a mentir que descoñece a existencia do [...]

Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.

O día 30 Agosto 2010, clasificado en: actualidade, política laboral, política nacional, por xOsse dorrío

Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!

Ética para náufragos nacionalistas

O día 18 Marzo 2010, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita [...]

A ditadura perfecta

O día 14 Marzo 2010, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

O BNG comarcal de Allariz-A Limia leva rumbo de converterse na “ditadura perfecta”, unha ditadura envolvida en papel demócrata. A correlación de forzas que forman o Consello Comarcal, viciada polas presións dos responsables políticos que naquel intre tiñan algún cargo público en base aos favores feitos ou ás promesas futuras (alguén oíu algunha crítica dende [...]

etiquetas:  

Animais políticos!

O día 31 Xaneiro 2010, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

Seica o AVE vai pasar por Baños de Molgas e por Xunqueira de Ambía a traveso, esnaquizando todo a seu paso e por iso estivo por alí esta semana o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, para alentalos a que lle fagan fronte. Non sei o que este homiño lle diría aos meus veciños; imaxino que [...]

Querido Paco:

O día 1 Novembro 2009, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Logo de meses espertando, cada mañá, a túa beira, quería confesarche o pracer que me produce oír a túa ronca voz anunciando cada día un feixe de boas novas. Moitas veces agardo esperto e con ansia o intre en que soltas tódalas excelencias do excelentísimo nese breve pero intenso minuto de radio. Outras durmo, máis [...]

Plan Gavilanes

O día 27 Febreiro 2009, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal [...]

E para reflexionar… unha excursión!

O día 26 Febreiro 2009, clasificado en: actualidade, Eleccións Galegas 2009, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José [...]

A terra prometida

O día 22 Febreiro 2009, clasificado en: actualidade, política local, por xOsse dorrío

Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a [...]

Galiza Non Se Vende

O día 19 Febreiro 2009, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza. Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha [...]

En defensa da nosa paisaxe

O día 2 Xullo 2008, clasificado en: política local, política nacional, por xOsse dorrío

A primeira actuación executada polo grupo local do BNG en Xunqueira de Ambía foi frear a devastación do Monte da Farria, un monte catalogado no PXOM de Xunqueira de Ambía cun Nivel A e catalogado cunha Protección Especial Paisaxistica. Estaba sendo explotado por duas empresas graniteiras (Farriense de Granitos e EXELCO) ante a desidia -nalgúns [...]

Outro ano perdido…

O día 31 Maio 2008, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

… e xa van 29. Esta semana, o pásado martes día 27 de maio, cumpliuse un ano das eleccións municipais nas que o actual grupo de goberno revalidou a sua maioría absoluta, iso si, cunha importante merma en número de votos e concelleiros. Si collemos o seu programa electoral podemos ver o seu grado de [...]

Asociacións de Xunqueira de Ambía

O día 22 Abril 2008, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

O asociacionismo é un xeito de acadar obxectivos colectivos mediante a suma de esforzos individualizados e tamén permite dar respostas colectivas a ideais compartidos. Son moi variadas as categorías as que poden pertencer as asociacións pero imos centrarnos nas que existen no noso concello: asociacións de veciños, culturais, de mulleres rurais, xuvenís e outras (podedes [...]

Eleccións xerais 2008

O día 30 Marzo 2008, clasificado en: Eleccións Galegas 2009, política local, por xOsse dorrío

Finalizada a campaña chega o momento da analise e sobre isto so pode dicerse que os resultados do BNG no noso concello foron moi satisfactorios xa que se superaron os resultados de fai catro anos dun xeito espectacular, subindo o número de votos cerca dun 83% (non estaría mal acadar esta porcentaxe en tódolos concellos) [...]

As miserias duns miserables

O día 11 Marzo 2008, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

Poucos poden pensar cando ven pasar o Sr. José Luis Gavilanes Losada nuns dos seus cochazos de luxo, co seu traxe de Carolina Herrera e as gafas de sol nun día nublado que quen conduce é un ser miserento. Como o ía ser rodeado de tantos luxos? A sua miseria radica non na escaseza de [...]

Denuncias públicas

O día 10 Marzo 2008, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

As denuncias públicas, feitas soamente a través dos medios de comunicación, acostuman a desavacecerse co paso do tempo. Podes denunciar calquer cousa nun xornal e a persoa denunciada quitaslle as cores por un día, pero esta cala, non entra o tapo e deixa que polémica pase. Nuns meses, tal vez nuns días, ninguén se acordará [...]

ALCALDE OU DEPREDADOR?

O día 26 Febreiro 2008, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

fai clic para agrandar Na imaxe que podedes ver mais arriba pódese observar o muro que cercaba a ‘leira do bosque’ en Xunqueira de Ambía. Este muro que se mantivo en pe centos de anos formaba parte do noso patrimonio histórico-artístico e, como tal, estaba protexido. O Alcalde do noso Concello, o Sr. José Luis [...]

A vía nova

O día 9 Xaneiro 2008, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

O pasado día 4 de xaneiro a Voz de Galicia públicaba unha nova moi interesante, rescatada hoxe grazas a chuza!: Portugal, Ourense e León únense para recuperar toda a Vía Nova. Un grupo de concellos iniciaron a posta en valor da Vía Nova como un todo, no seu percorrido entre Braga e Astorga. Este proxecto [...]

A Fiscalía denuncia unha canteira en Xunqueira de Ambía

O día 26 Decembro 2007, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

A acusación pública decidiu emprender accións legais contra a empresa Farriense de Granitos por estar en actividade sen licenza. A compañía pertence a empresarios da zona vinculados co PPdeG, que tamén goberna neste municipio… Segue a ler en VIEIROS. Tamén se pode ver a noticia en ELPAIS.ES (fonte orixinal) e na galega: O peche das [...]

A xornada electoral en Xunqueira

O día 28 Maio 2007, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

A xornada electoral nun concello do interior de Galiza empeza un día antes, polo menos para os membros do PP. A xornada pra les empeza xa o día previo, reunindo a primeiras horas da tarde a tódolos caciques do concello, uns 50 mais ou menos, para repartir as tarefas da xornada electoral –interventores, apoderados-acarreadores, máis [...]

A canteira do Alcalde

O día 26 Maio 2007, clasificado en: actualidade, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Si a calquer veciño de Xunqueira de Ambía lle preguntas pola canteira do Alcalde, enseguida che sinalan o Monte da Farria. Dende fai un par de anos estase a cometer neste monte un dos maiores atentados ecolóxicos da historia da nosa provincia, ante o silencio de veciños e a connivencia das autoridades do lugar. O [...]

O medo da xente

O día 21 Maio 2007, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

Esta longa fin de semana estivemos de campaña polos pobos de Xunqueira de Ambía, pateando pobos arriba e abaixo, falando con todo aquel que nos encontramos e repondo carteis arrincados polos caciques de sempre. Encontrámonos con moitas persoas contrariadas coa labor do alcalde, con persoas que realmente teñen ganas de darlle un cambio a súa [...]

CO TEU VOTO DESTRUÍU O FUTURO DO NOSO CONCELLO

O día 14 Maio 2007, clasificado en: política local, por xOsse dorrío

Para os seus lacaíos resultará enternecedor ver como o seu Alcalde lle pide o voto para construilo futuro de Xunqueira de Ambía. Quen pide ese voto de futuro os paisanos do noso Concello é un Alcalde que leva gobernando aquí dende fai 28 anos. Foron 28 anos de cacicadas, de tropelías e de persecucións. Foron [...]



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes