Homes parásitos que non poden vivir sen chupar o sangue dos débiles, dotados dun espíritu retorcido, sen posibilidades de sandar e sen vontade de mellorar; xentalla que non posúe ningún valor para seguir vivindo neste mundo. 1Q84 – Haruki Murakami Parasitaron no BNG ao acubillo do esforzo e entrega duns poucos militantes. Nunca destacaron pola [...]
Pensei en titular este post como “a esquerda adormecida” mais ao longo do mesmo funme decatando de que o problema non era ese, pois anda ben esperta. Uns máis que outros. Teño lido moitos artigos sobre o que lle acontece a esquerda social nos últimos tempos, pensadores que se preguntan que “como é posible que [...]
Titulo con esta frase de Rafael Martínez Castro ao que fai referencia Antón Baamonde no artigo que asina hoxe en El País respecto a «Crise no BNG«, unha crise que pode levar a esta organización a sufrir unha «escisión, unha explosión ou a desafección das bases». A desafección fai anos que a sufre -só hai [...]
Ando eu dándolle voltas ao muíño, do revés, coma de costume, acerca de diferentes temas de actualidade nesta terra esquecida -para algúns, os de sempre-. Catalunya é unha nación … por que o di o pobo catalán, o único no que reside a soberanía popular. A algúns neodemócratas cumpre lembrarlles o significado da soberanía popular. [...]
Non se trata de que chegue o sangue ao río, non, senón de repartir a torta das administracións públicas. Non se debaten ideas, por exemplo, como crear máis emprego nas vilas e cidades, non, o que se descute son as posicións que ocuparán cada persoa nas listas a presentar. Non hai proxectos por riba da [...]
Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita [...]
Lembran aquela curtametraxe de ‘hai que botalos’ … aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer [...]
A homeostase é o equilibrio que mantén a un ser vivo co seu entono, é a característica mediante a cal se regula o ambiente interno dun organismo para manter unha condición estable e constante nun sistema aberto ou nun sistema cerrado, especialmente nos seres vivos. Tódolos sistemas vivos -as organizacións (empresas, asociacións, partidos,…) hai que [...]
As mozas e mozos do Encontro Irmandiño ven de renunciar a participar no proceso de elección da Dirección Nacional de Galiza Nova na Asemblea Nacional que hoxe comeza. Persoalmente, unha das calidades que máis valoro nunha persoa ou grupo de persoas é a capacidade de renunciar a un posto xa que deixa as claras o [...]
A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades. [...]
Esta semana veño de solicitar a miña baixa como militante do BNG. Fai moito tempo que ronda na miña cabeza esta idea e, de seguir coa mesma teima, corría o risco de caer na paranoia. Non quería. Unha persoa non pode levantarse cada día e preguntarse «que pinto aquí?». Cando alguén se prantexa isto a [...]
Deixo aquí un estracto da análise post-electoral realizada por Raimundo Viejo Viñas e publicada en On the wobbly’s road. [...] Entre as evidencias desta crise parcial do xogo representativo encóntrase o feito de que as forzas de esquerda e nacionalistas que apoian ó PSOE aférranse ó mantemento da súa representación como mellor evidencia de que [...]
Este título ocorréuseme cando estaba lendo un episodio así titulado en “Despois de Bush”, de Paul Krugman, e de como o movemento conservador estadounidense exerce un dominio absoluto sobre o partido republicano. Este domino resúmese na existencia “dunha vasta conspiración dereitista, isto é, atópase en acción un enramado de institucións que, en última instancia, responden [...]
Os colectivos que falan diferentes linguaxes, na práctica, viven diferentes mundos de realidade. Decíao Edward Sapir en Cultura, linguaxe e persoa, nun ensaio publicado en 1949. Non ía moi errado este lingüista estadounidense ó facer esa afirmación e estóume dando conta desta realidade agora que estou participando nunha serie de debates sobre retos actuais da [...]
Acabo de ler unha nova que levo esperando moitos anos: O BNG concorrerá por primeira vez á totalidade das alcaldías de Galiza. Aínda que no meu concello – Xunqueira de Ambía- o BNG tivo presenza e representación dende as primeiras eleccións facíame pesar ver como en moitos outros, a pesar de existir votantes nacionalistas, non [...]
O PP, como as ratas, séntese moi agusto nos vertedeiros da información. Estase a converter no seu habitat natural. Onte, votándolle unha ollaza GZNación leo a seguinte información: O PPdeG censura nun comunicado certas expresións de Bieito Lobeira no seu blog en GZnación. As expresións as que se refire son as seguintes: Por último, un [...]






